sábado, 7 de julio de 2007

Tour 2007

Hoxe trátase dun día especial, e non só por que sexa o día de San Fermín. Para tódolos amantes do ciclismo, nos que me atopo, o día no que comeza a proba máis importante de tres semanas do calendario, o Tour de Francia, trócase nun día de alegría por que vamos a poder disfrutar durante 20 etapas dun deporte tan fermoso e tan sacrificado como é o deporte da bicicleta e tan machacado nos últimos tempos. Convértese nun día de expectación por que aínda que a primeira etapa é un simpre prólogo, queres que os teu corredores favoritos estén arriba desde o principio deixando claro que chegan nun momento óptimo de forma.

Falar de ciclismo neste últimos anos é falar na maioría dos casos de dopaxe. A imaxe do ciclismo quedou tocada desde o caso Festina pero foi totalmente fundida coa Operación Puerto. O Tour chega nun ambente enrarecido e cunha persecución insistente aos ciclistas, máis propia de criminais que de deportistas de alto nivel. Está claro que a maoría de ciclistas (senón todos) consumen sustancias que melloran o seu rendimento, pero eso non é exclusivo do ciclismo. Na maioría de deportes están ante unha situación similar, só que miran para outro lado. Como é lóxico a medida que aumenta a dureza do deporte practicado aumentara o consumo deste tipo de sustancias. Sen embargo, o ciclismo parece ser o único deporte que realmente se preocupa por erradicar de raíz esta lacra do deporte moi díficil de erradicar no deporte de alta competición, donde só importa ser mellor que o resto, só importa a inmortalidade do triunfo. No resto de deportes da a sensación de unha desidia enorme ante o problema.

O mundo do ciclismo está totalmente conmocionado tras os acontecementos que se veñen desencadenado dende as declaracións de Manzano, ex corredor do equipo Kelme, seguidas pola Operación Puerto que destapou, ou eso parece, o maior escándalo de dopaxa no deporte actual. A min dame a sensación de que hai demasiado secretismo entorno a esta operación e tan só a imaxe do ciclismo o pagou , con insinuacións e chismorreos sobre a entidade dos ciclistas implicados. Logo veu seguida das confesión de dopaxe da gran maioría de corredores do Telekom da época dos 90. Ante este panorama limpar a imaxe do ciclismo presentase compricado. Xa ninguén confía na limpeza deste deporte e na honestidade dos corredores e esto crea un clima de rechazo ante a nobleza deste deporte.

Como dixen antes creo que o ciclismo en xeral, e especialmente a UCI son os únicos realmente interesados en acabar coa dopaxe. Seguramente por que os escándalos de dopaxe que salpicaron nos últimos anos e a transcendencia que tiveron fai que sea a única forma de frear a hecatombe. Sen embargo, as acción que están emprendendo para acadar este fin están totalmente mal enfocadas e na maioría de casos atentan contra os dereitos fundamentais (ese peru) dos ciclistas, especialmente contra a súa dignidade. Como dixen antes son tratados como delincuentes, neste ámbito non existe a presunción de inocencia senón a de culpabilidade. E aínda por riba a prensa, especialmente a francesa, ainda que a alemana doída polos últimos acontecementos, non favorecen a situación. Cada día platexan unha nova acusación especialmente dirixida a corredores de alto nivel para lograr que se desestabilicen; compórtanse como un mecanismo de presión incesante para buscar unha confesión forzada do ciclista. Se así vende periodicos destruíndo a imaxe de persoas, noraboa (esto non só é aplicable no mundo do ciclismo).
E por último a labor do Tour, que a min as veces dame a sensación de que desexarían que só correran ciclistas franceses, por que sería a única forma de que algún deles poida gañar a ronda gala. Prohibindo a participación de ciclistas ante meras acusación informais, impedindo que os profesionais da bicicleta levan a cabo o seu traballo. Estou dacordo coa idea de un Tour limpo, pero xa vimos de que serviu expulsar aos ciclistas presuntamente implicados na Operación Puerto do Tour do 2006. Serviu para que aínda non coñezamos o gañador do ano pasado.

Outro aspecto que me fai moita gracia é que o dopaxe comezou con Bjarne Riis, no 96. Antes non existía dopaxe, Indurain facía as grandes exhibicións daquela época tomando moito colacao. Por favor ninguén se cree eso. A única diferencia é que daquela existía unha maior permisibilidade, vamos que había barra libre de EPO. E logo está o señor Perico Delgado, o que admiro e me encanta como comentarista, pero resulta que na entrevista do marca di que na súa época o recorrido era moita máis duro (o que é verdade) e ninguén se metía nada. Bueno, non sei que pensar, pero vendoo a él que está "taladrado" as miñas dúbidas teño, xD. De todos modos o que non é normal é que o señor Indurain en 5 anos e o señor Amstrong en 7 non fallaran un só día. Polo menos Perico cando menos o esperabas facía unha gran "petada" das súas (ou algunha loucura como chegar tarde a saída dunha contrareloxo), quizais por iso sea tan entrañable e non queiramos pensar que se dopaba. O que está claro é que na actualidade todo ciclista profesional mellora as súas condición tomando algún tipo de producto. O que se debería facer é unha clasificación máis seria dos productos dopandes que realmente atenten contra a saude do corredor, non como agora que unha aspirina axúdache a gañar o Tour.

Bueno, centrándonos na carreira propiamente, parace que hai favorito por riba dos demais para a maioría de xente entendida neste deporte: Alexander Vinokourov. Ademais de estar en forma e ser unha gran ciclista, está muy mal da cabeciña. Reune tódolos requisitos para conquistar o Tour. Logo no ramillete de segundos favoritos eu metería a Cadel Evans, Andreas Kloden, Kashechkin, Carlos Sastre, Denis Menchov, Levi leipheimer que son os que sempre están ahí, Tour tras Tour. E logo aos homes de Cass de Espagne: Karpets, Óscar Pereiro e Alejandro Valverde, e nesa orde. Valverde é un home sen experiencia no Tour e creo que está bastante debilitado moralmente con toda a campaña contra a él que se desencadenou antes do inicio, eso sen contar a súa mala sorte e a súa inutilidade para afrontar situacións difíciles. Pereiro sempre estará ahí, sexa por méritos ou por que se mete en 15 espacadas. E logo algunha sorpresa como Alberto Contador ou Moreau. Díficil pronóstico para un Tour moi aberto. A miña aposta é como sempre por Cadel Evans (algún día terá que explotar, xD).

No hay comentarios: