viernes, 6 de julio de 2007

O traballo dos nosos soños

Seguro que lendo o título todos vos podedes imaxinar por onde van os tiros: ter un traballo co que realmente poder disfrutar.

Recentemente me acabo de incorporar a lastimosa, penosa e nada satisfactoria vida laboral da maioría de persoas deste país. ¿Quen non desexaría poder traballar nalgo co que realmente disfrutamos tódolos seres humanos (salvo algunhos rariños)? É máis, algo co que disfruta calquera especie animal. Por suposto, estou falando do sexo.

Durex propón unha oferta para probar os seus novos modelos de preservativos para aqueles que se consideren "expertos" nas artes amatorias. Realmente é unha oferta tentadora con un único problema, que non pagan por elo e polo tanto non se pode considerar realmente un traballo. Debe ser por qué a propia palabra traballo e a compensación económica por levalo a cabo leva intrínseco a palabra sufrimento. Deixando a parte "filosofadas" respecto ao traballo e a dignificación da persoa, eu ante esta noticia plantexome unha dúbida: ti chegas alí, ao sitio onde probar os preservativos e, ¿qué fas? póñenche un conxunto de pavas e ti elixes con que probalo; por que se as paviñas están incríbles, a min chégame con esa compensación, xD. Ou realmente consiste en ir coa túa parella duradeira ou ocasional (vamos que a pillas para a proba) e practicar o traballo en cuestión.

A cuestión é que me parecen bastante interesantes ofertas de este tipo, sobre todo tendo en conta que logo che regalan lotes e lotes dos seus productos. Deberían extendelas a outros ámbitos de interese para nós: videoxogos, cine, alcohol; tódolos vicios do home deberían sairnos gratias a base de este tipo de ofertas.

Déixovos o link donde lin esta noticia por se queredes lela cos vosos propios ollos.

Noticia prueba de preservativos

1 comentario:

Peque dijo...

En certos eidos si que hai esos traballos que comentas. Hay tester de videoxogos, ou critico de cine, ou camareiro (ainda que se bebes moito acaban por despedirte,digoo por experiencia)

Penso que uns poucos afortunados consiguen que alguen lles pague polo que lles gusta facer. O resto vamos na busca do gran traballo glorioso.

Un saudo e non desesperes co doctorado e o traballo, estou convencido de que a longo prazo vai "aportar"

Un saudo

Peque