lunes, 16 de julio de 2007

Noticias de 20 minutos

Como sempre que me aburro no "curro", poñome a ler as noticias no 20 minutos dixital, que sempre nos deleita con grandes titulares (xa sabedes que non leo periódicos serios que é moito máis aburrido). Concretamente hoxe atopeime con dúas noticias que despertaron a miña curiosidade.

A primeira vai sobre un tema que sería bo que non suscitara tanto interés probablemente na maioría de nos, as drogas. Recentemente a Universidade de Bristol realizou un estudio de cáles son as drogas máis perigosas basándose nos seguintes factores: o dano físico que pode causar, o grao de adicción que provoca e o impacto que ten na sociedade. Os resultados que se obtiveron resultan relativamente curiosos.

As drogas máis perigosas, como era de esperar son, a heroína e a cocaína, seguida inmediatamente despois polos barbiturícos e a metadona. E a continuación xa se sitúa o alcohol e no noveno posto o tabaco, por riba da marihuana e cannabis e moito antes que o éxtasis. Resultados realmente sorprendentes, se ben supoño que a tolerancia social ante estas drogas axudounas a colocarse tan arriba no ranking. Tamén hai que ter en conta que resultan moito más asequibles, tanto pola facilidad de conseguilas como económicamente e esto fainas aínda máis perigosas. Datos relativamente preocupantes. Quizáis exista demasiada permisibilidade e sexa necesario unha maior concienciación social, por que a pesar de que agora hai maiores medios para lograr tal concienciación, está claro que a tenencia é cara unha sociedade claramente alcólica (só hai que sair un sábado, nos xa somos unha xeración perdida xD, pero as novas acabaán moito peor).


A outra noticia que tamén me chamou a atención foi a de unha sueca de 75 anos coa conexión particular máis rápida do mundo, cun rate duns 40 Gbps. Resulta que esta señora ten un fillo que traballa nunha empresa que está experimentando cun novo modelo de tecnoloxía, que traballa sobre fibra óptica cunha nova técnica de modulación para realizar as transmisións. E parece que se trata dunha tecnoloxía relativamente barata, cando menos para a señora seguro que sí é barata. Sinceramente creo que os nosos ollos está moi lonxe de ver eso, ademais de que é necesario que evolucionen tódolos aspectos da informática, tanto software como hardware e baixen considerablemente os prezos, para que realmente teña sentido este tipo de conexión e se poidan aproveitar o máximo das súas prestacións. A min logo dun día xa non se me ocurriría que facer cunha conexión con esa velocidade.


No hay comentarios: