sábado, 30 de junio de 2007

Pearl Harbor, gracias Michael Bay

Estaba tranquilamente sentado no sofá facendo un "zapping" cando de repente aparace antes os meus ollos Pearl Harbor. Por simple curiosidade púxenme a vela xa que facía moitos anos que a vira no cine con infame recordo. Cando vexo este tipo de películas plantéxanse dudas a cerca do estado mental dalgúns directores como Michael Bay.

A peli parece ser que recrea o ataque "japo" sobre Pearl Harbor durante a segunda guerra mundial. E digo que parece ser e non é por que realmente a peli trata sobre unha historia estúpida de amor entre unha "zorra" enfermera e dous amigos inseparables. De feito a peli pódese estructurar claramente da seguinte forma: primeiro conta a patética historia de amor, logo sucede o ataque co clásico abuso de acción e efectos especiais que soe caracterizar aos directores americanos e especialmente a Michael Bay, logo volta a sarte de estupideces de amoríos e desamoríos e por último un ridículo ataque americano sobre Tokyo que parece máis ben unha rabieta de Roosevelt para xustificar o exceso de prepotencia estadounidense. E por último o final, que da ganas de cortarse as venas. Como vedes de recreación histórica pouco.

A película comeza normal, bastante lineal como a maioría de pelis que se poñen a contar unha historia como fío argumental para desembocar en outra cousa. Pero nada fai presaxiar o desastre inminente que se aveciña. Todo comeza co ataque "japo". Nese momento comeza a orgía de destrucción maquinada polo señor Bay donde está claro que perdeu a razón. Toda esta falta de contención acaba desembocando en un montón de explosións, disparos, bombas, ... aderezada con algún detalles que provocan unha sensación vomitiva (a min realmente fanme rir): escenas estúpidas de avións sobrevolando a bahía e a cámara dando voltas no aire, recurso que está claro que manexa como ninguén Michael. Logo tonterías de gran calibre, como Cuba Gooding Jr., de profesión cociñero, poseído polo diaño ponse a disparar a metralleta contra os avións que veñen cara él disparando a saco. Cando vin esto no cine case caio da butaca. E a personaxe do cámara é cando menos intrigante, ¡Qué cojones pinta! E por qué un oficial da mariña colle unha escopeta e se pon a dispara aos avións, moi efectivo; estou seguro que eu na súa situación faría o mesmo en lugar de refuxiarme. Aínda que o que a min máis me asusta é que os directores americanos cree que somos retrasados mentales. Alguén no seu sano xuízo pódese tragar que dous "putos" avións americanos poidan derribar a 30 ou 40 japoneses. ¿Qúe pasa, que os avións "japos" son pilotados por tullidos? E o peor é cando o señor Ben Affleck e Josh Hartnett van un contra o outro perseguidos por innumerables avións e no último momento xiran e todos os "japos" derribados. Claro Michael, os avións feitos por ordenador poden desafiar as leyes da física, é lóxico que creas que na realidade tamén é posible. Todo esto mezclado coa clásica música épica co ruido de explosións de fondo que a alguén se lle ocurriu que era unha boa idea e agora tódalas películas bélicas sobrecargan as escenas con esta música.

En fin, que acaba o ataque e ti sentado pensando que nada pode ir a peor. Pero non podes adiviñar que sorpresa nos ten preparada o gran Michael Bay. Resulta que o presidente Roosevelt se enfada un montón e decide facer un ataque suicida a Japón con "3" avións, xD. Pero o mellor é a gran interpretación do señor Jon Voight cuns discursos moi bonitos que parecen sacados dun libro de poesías de Txus (Mago de Oz) e que, como sempre, ensalzan os valores americanos: prepotencia, chulería e patriotismo. E por riba ese momento atroz, cando lle din ao presidente que non é posible realizar o ataque, e él cos seus santos cojones se levanta da silla de rodas e di: ¡Non me digades o que non se pode facer! Vamos que a cousa parece que non pode ir a peor. Pero resulta que aparece Alec Baldwin para darlle un toque máis surrealista a película se cabe: "Hoy voy enseñarles a pilotar a 161 metros por que a 160 se estrellan" (e así todo o tempo).

Logo do ataque, cando pensas que a tortura visual por fin rematou, póñense a facer o tonto por china onde "aterrizan". Vamos que o motor do avión se para e chocan espectacularmente contra o chan sen sufrir rasbuños, lóxicamente. ¿Por qué os americanos pensan que o resto pensamos que son inmortales? Logo son capturados polas patrullas japonesas e como colofón Josh Hartnett morre salvando a vida do seu mellor amigo, Ben Affleck co que compartía novia embarazada do primiero. Nada previsible nin típico señor guionista. Se queredes darnos pena, en lugar de andar con toques sentimentalistas baratos alargade todavía un pouco máis a peli.

En resumo, eu poñeríalle a peli un 0; bueno sendo xeneroso un 0.5, xD. Gracias Michael Bay por apuñalar o séptimo arte e coidado que se acerca Transformers.

PD: As próximas películas que vou ver van a ser Gothika y La cosa más dulce. ¿Cal das tres será a peor?

4 comentarios:

Peque dijo...

En Gothika sae Halle Berry... seguro que che gustará máis ainda que solo sea por eso

Anarky dijo...

Bueno peke creo que onte tivemos unha clara gañadora, Alien vs Predator ainda que sairon outros nomes que tamén poden optar ao título de peor película da historia recente do cine: El núcleo, Límite vertical ou Windtalkers, ...

Peque dijo...

Espero ansiosamente os teus comentarios sobre Alien vs Predator

Anarky dijo...

Primeiro vai vir transformers, espero poder vela hoxe e así xa actualizo o blog.
Logo tocaralle o turno a Alien vs Predatoe, xD.