martes, 19 de junio de 2007

Parodia de 24 nos Simpson

De todos os que me coñecedes é ben sabido que son un fiel seguidor da serie protagonizada por keifer Sutherland, 24. E que ademais me encantan as series de debuxos, especialmente os Simpson. Como vedes, faltoume tempo para "postear" a parodia de 24 que se fixo no último capítulo do 18º temporada dos Simpson. Nela parodiase todos os aspectos máis característicos de 24 como o mítico formato da pantalla dividida en cadros, o "previously" do comezo de cada capítulo e a frase que xa forma parte da historia recente da televisión: "The following takes places between ...". Está claro que recrean con gran habilidade e simpatía todo aquelo que convertiu a 24 en unha serie de culto. Aquí tedes o "previously" do capítulo.


E aquí podedes disfrutar da parodia na que saen ademais Jack Bauer e Chloe.


Para os máis impacientes ou que non teñades tempo, un resumo dos momentos nos aparecen Jack e Chloe.


PD: ¿Para cando a parodia de Prison Break? Por que mira que esa sí que é sinxela de parodiar, verdade señor Wentworth Miller.

No hay comentarios: