jueves, 28 de junio de 2007

Cousas curiosas da informática

Estaba "traballando" na facultade cando de repente, buscando información polo google me atopei con unhas das cousas vistas na carreira da que nunca me esquecerei.
Trátase da foto de Lena Soderberg. Supoño que tódolos "frikis"saberedes a quen me refiro. Resulta que alí polo ano 72, cando comezaban a nacer as primeiras técnicas de procesado de imaxe, utilizaron a foto que tedes arriba para realizar as correspondente probas dos mecanismos de compresión. Os investigadores polo menos tiñan bo gusto. Esto non sería demasiado curioso senon fora polo feito de que esta foto realmente era a portada de Playboy e supoxo un enorme "boom" entorno á modelo. Aquí tedes a fotografía completa para recrearvos (clikeade sobre ela)


Verdade que gaña bastante desta maneira. A conclusión de todo esto é que, asumindo que eran homes os que diseñaron estos algoritmos de procesado, estaban tan ocupados desenrolando estos algoritmos que non tiñan tempo para disfrutar da vida e concentrábanse en desafogar as súas necesidades nas revistas de PlayBoy. A outra posibilidade é que simplemente eran homes e como todos preferimos probar os nosos algoritmos cun resultados tan agradables a vista, xD.

Para os que queirades coñecer máis aquí tedes un link donde se explica máis en detalle a historia da fotografía máis famosa do procesado de imaxes. Ademais tedes "links" para ver máis fotos desta modelo.

Historia da fotografía de Lena

2 comentarios:

Peque dijo...

Que grande Castedo! Se non e por el non saberia nada desta historia!

E si, a tia esta de moi bon ver

Peque dijo...

Por certo, gustame mais a que non e de corpo enteiro. Pareceme máis suxerente