lunes, 18 de junio de 2007

O fin do mundo

Estaba tranquilamente mirando as noticias cando de repente me encontrei a seguinte xoia no 20 minutos, un deses periódicos que merecen especial mención por que máis que informar parecen ter o obxetivo de divertir a xente.

http://www.20minutos.es/noticia/248918/0/isaac/newton/apocalipsis/

Despois do bombardeo de tonterías sobre a natureza "alquimista" de Leonardo Da Vinci, a raíz da aparición do famoso libro de Dan Brown, El código Da Vinci, onde se plantexaban todo tipo de especulacións que relataban oscuros segredos relacionados con este xenio do Renacemento e falaban das súas mensaxes en clave e prediccións apocalípticas que fixeron temblar os cementos do cristianismo. Logo de que o final do milenio sacará das sombras (mellor dito do manicomio) a todos aqueles obsesionados coa fin do mundo e día do xuízo final. E agora resulta que o pai da física moderna non era máis que un alquimista" que recurría a fantasía relixiosa para intentar predecir o fin dun mundo que gracias en parte a el hoxe podemos interpretar mellor. Seguramente o mundo chegue o final por causas humanas, físicas, pero non creo que sea por causas metafíscas, bíblicas nin polos delirios bíblicos de xente como Nostradamus que enchen as páxinas dunha historia pouco caracterizada pola raxzón e sí pola relixión.

1 comentario:

Peque dijo...

Xa o dicía Noam Chomsky, non hai que deixarse enganar, os medios de comunicación non xogan un papel de defensa das nosas liberdades e divulgación do conocemento, se non mais ben todo o contrario.

Un saudo

Peque