domingo, 17 de junio de 2007

¿Por qué estará triste Fernando?

Dado que me expandín tanto no comentario sobre o final de Liga, vou procurar ser breve comentando o outro acontecemento deportivo de hoxe: a fórmula 1.

Eu despois de ver as tres últimas carreiras fágome unha pregunta, ¿Qué lle pasa a Fernando Alonso? Aínda que eu posicionome máis ben contra Alonso, debo recollecer que a súa principal virtude ademáis da súa calidade como piloto era a súa frialdade nos momentos decisivos. Era moi dícil velo cometer erros ( e se os cometía era por qué o seu coche estaba danado e era imposible de conducir para calquera outro piloto). Sen embargo agora comete erros incomprensibles, como por exemplo na saída a Barcelono, arriscando innecesariamente. E logo o "bochornoso" espectáculo que ofreceu en Canadá, perdendo incomprensiblemente a pole e logo as innumerables saídas de pista. Pero é que o coche estaba danado diredes. Non me extraña, intenta superar a Hamilton por onde era imposible e logo facendo excursións no seu monoplaza inconducible. E para rematar hoxe máis do mesmo. Eu estaba esperando ansioso a saída esperando un novo arrebato de loucura dese máquina perfecta de conducción. Menos mal que estaba vez pensou coa cabeciña e pensou que mellor eran 8 ptos e que saír de valde por intentarlle demostrar a prensa inglesa que él é mellor piloto que Hamilton. Habelo demostrado na sesión de clasificación.
Está claro que Alonso está nerviso, tenso e seguramente moi incómodo coa situación no equipo Maclaren e está soportando unha enorme presión desa "prensa" tan sensaciolista que hai en Gran Bretaña e máis tratándose dun equipo inglés. Pero debe recuperar o sentido común e seguro que volve meterse na loita polo mundial por qué Hamilton tamén acabará fallando como todo humano. Cando recupere o sentidiño volveremos ver o Alonso que tantas alegrías da aos seus aficionados e seguramente tamén se busque unha novia que "esté buena" e sepa cantar.
E qué dicir do señor Hamilton. Será un gran piloto, non digo que non, pero ademais de pilotar debería xogar a lotería. Primeiro ficha por un gran equipo, logo o campión do mundo prepara un coche que ademais de ser rápido é enormemente fiable (será tamén por que non está Raikkonen) e por riba en carreira ve de lonxe os accidentes que afectan aos demais pilotos. ¡Qué tío máis soso correndo!.

PD: Non vos gustaría que De la Rosa lle sacudirá a Gonzalo Serrano cando di eso de: "Si parpadean se lo van a perder". Espero que o acabe facendo.
¿Cándo den a fórmula 1 na sexta farán estadísticas tan "coñeras" como no fútbol? Sería espectacular.

3 comentarios:

Unknown dijo...

Hola:

Pois eu alégrome de que F.Alonso o intentara en Canadá. Non me parece para nada bochornoso. Arriscou e saiulle mal, pero se non o intentas non es un gran campión. Ese é o espíritu do circuito de Canadá, por algo leva o nome do piloto de F1 Jacques Villeneuve.

Para min o se intento foi toda unha emoción que lle dou máis paixón a ese gran premio. E de non ser polo coche de seguridade quizáis rematase segundo ou terceiro. Eso sin contar que lle puido tocar a Hamilton.

En canto a Indiapolis eu vin a un F.Alonso que tamén o intentou. Eso sí, con máis tranquilidade. E cando estivo a piques de conseguilo hai que dicir que Hamilton cambiou de traxectoria. Non quere dicir que o adelantamento estivese xa no peto, pero ahi quedou.

Oxalá todolos premios que veñan sigan sendo tan igualados. E se os Ferrari ou BMW se apuntan, mellor que mellor.

Tamén apuntar que Hamilton, exceptando o cambio de traxectoria, tivo unhas actuacións brillantes sen fallos, e eso, é moi compricado.

Un saudo

Anarky dijo...

Non estou para nada de acordo co cambio de traxectoria de Hamilton. Agora parece que se alguén ven dende atrás hai que apartarse e deixalo pasar como fixo Button con Davidson ou o inútil de Massa en Imola. Hamilton cubriu perfectamente a súa posición.

Con respecto a Canadá, eu son o primeiro que me alegrei de que fora un gran premio tan entretido. Pero non creo que sexa labor de Fernando divertirnos arriscando innecesariamente. A min como comprenderás dame igual, pero se quere ser campeón do mundo debe ser máis comedido.

Peque dijo...

Da igual de que deporte falemos... aquí sempre pasa o mesmo.

Dise que a seleccion Española xoga moi bonito (que eu tampoco comparto eso), pero logo veñen os "paquetes" dos gregos e os italians e gañan a Eurocopa e a Copa do Mundo.

E na formula 1 pasa igual. Se Alonso arrisca e lle sae ben, e un genio. E se lle sale mal, estivo ben que o intentara.

Eu creo que esos razoamentos estan moi ben na escola, que o importante e participar. Nos campeonatos de elite, o que conta e quen gane, que será o que pase á historia, e o resto (xogar bonito, arriscar, etc) son parvadas.

Un saudo

Peque