lunes, 18 de junio de 2007

¿Wibree como sustituto de Bluetooth?

Nas últimas semanas veño lendo unha serie de noticias que me deixaron un pouco confuso. En moitos xornales e en determinados blogs de tecnoloxía fálase de Wibree como o sustituto natural de Bluetooth. Como saberedes Wibree é unha tecnoloxía WPAN desenrolada por Nokia con características técnicas similares a Bluetooth, aínda que destaca o seu menor consumo enerxético, fálase dun 10% aínda que se espera que sexa máis. Aquí tedes unha pequena comparativa entre Wibree e Bluetooth.

Actualmente Bluetooth acada unha velocidade de 3 Mbps e ten un alcande de ata 100 metros transmitindo com 100 mW. Como podedes apreciar as características técnicas entre ambas tecnoloxías son similares pero a principal diferencia radica no consumo de enerxía (a velocidade de Bluetooth tamén é maior). Esta reducción do consumo lógrase en Wibree utilizando una transmisión de paquetes de lonxitude variable, a diferencia de Bluetooth onde os paquetes transmitidos son da mesma lonxitude. Ademais tampouco emprega salto en frecuencia.

O máis importante é que Wibree nace como unha alternativa a Bluetoth, non como un sustituto natural. Está centrado en dar soporte a outro tipo de aplicacións especialmente aquels donde o fluxo de datos sexa menos denso ou con tráfico máis esporádico, aproveitando estas circunstancias para reducir o consumo. Pola tanto intúese un panorama onde dúas tecnoloxías acapararán distintos mercados e competirán en algunhas aplicacións, da mesma maneira que ocorre con outras tecnoloxías inalámbricas como ZigBee ou UltraWideband con características dispares.

Outra cousa que me parece moi importante é que vai ser totalmente compatible coa especificación de Bluetooth, garantizando a compatibilidade entre ambos estándares. Wibree pode ser implantado en un chip simpre ou doubre, e nesto último caso o segundo chip contería as especificación propias de Bluetooth.

Por ahora todos son especulacións, aínda que queda moi pouco para que esta tecnoloxía comece a formar parte das nosas vidas como o fixo previamente Bluetooth. Unha cousa que non me convence nada de Wibree é o seu logo.
Nada comporable co de Bluetooth, cheo de símboloxía nórdica. Todos a estas alturas coñecemos a famosa historia do rei vikingo Harald Blatand do que provén o nome de Bluetooth. Pero alguén sabe que significado ten o seu logo. Pois resulta que éste é unha combinación das runas nórdicas Hagalaz (H) y Berkana (B).

No hay comentarios: