lunes, 18 de junio de 2007

Once titular de actores "petardos"

Dado que hoxe me levantei de moi humor vou a contarvos cal serían para min os once actores máis petardos do cine actual. Foi moi duro elexir só once xa que, por sorte para min, cada vez son máis os que fan méritos para ser calificados como "petardos". Deixo de divagar, estos serían a alineación, ordenados de malos a insufribles.

Porteiro:

11. Adam Sandler

Todos recordamos a este gran actor de comedia por interpretacións tan fantásticas como: Mr.Deeds, Litty Nicky, Un papá genial o Click. Sen ningunha dúbida a súa filmografía dinos por qué é merecedor de estar nesta lista.

Defensas :

10. Nicolas Cage

Que podo decir deste gran actor, un dos máis grandes dos últimos anos. Na súa filmografía destacan papeles como: The wicker man, El motorista fantasma, Windtalkers, El ladrón de orquídeas, ... donde demostra toda a súa calidade potenciando a súa imaxe de actor polifacético Tamén teño que decir que a razón de que se atope tan abaixo na lista é que ten algunas películas na que no estivo a altura: Leaving Las Vegas o La roca. ¡Pero qué lonxe quedan!.

9. Tobey Maguire

Inmenso nas tres películas da adaptqación cinematográfica do comic de Marvel de Spiderman. O único capaz de captar a esencia do papel de Peter Parker. ¿En verdade habería alguén que podería chegar a igualar a súa expresividade? A resposta é sí, Wentworth Miller.

8. Arnold Schwarzenegger

Este actor austríaco seguramente sexa quen mellor encarne os estereotipos do cine de acción: calidade representativa, gran variedade de rexistros e comunicador dunha chea de sensacións cando disfrutamos das súas interpretacións en Conan, Eraser, El fin de los días y El sexto día. Gracias por estas obras de arte. Pero tamén lle debemos agradecer a outros como Sylvester Stallone, Steven Seagal, Jean Claude Van Damme ou últimamente Vin Diesel todo o que fixeron polo xénero de acción.

7.
Josh Hartnett

Nos últimos anos deixou de ser unha promesa para finalmente convertirse nunha realidade. Comezou o lanzamento ao estrellato con Pearl Harbor, facendo unha magnífica interpretación que lle valeu a nominación aos Razzies. Foi unha pena que tamén estivera nominado Ben Affleck, así era imposible gañar, non tiña ningunha posibilidade. Logo encandilou a público e crítica en 40 días y 40 noches, con unha historia de amor con tintes de drama: un home agobiado por "follar" demasiado decide sentar a cabeza. E por último ese gran colaboración co ese actor en alza, Harrison Ford, en Hollywood: Departamento de homicidios. Por desgracia non entra no top 5, por participar en pelis de tan dudosa reputación "petarda" como Sin City, Black Hawk Derribado ou El caso Slevin.

Centrocampistas:

6. Eddie Murphy

Para min trátase do máximo expoñente desa colección de cómicos negros que o cine hollywoodiense tanto explota en películas coas que disfruta o culto pobo americano (eu como son tonto non as entendo). Tanto él como Martin Lawrence (Dos policías rebeldes), Chris Rock (De incompetente a presidente) ou Marlon Wayans (Pequeño pero matón) merecen estar nesta lista. Pero especialmente Eddie Murphy por péliculas díficiles de soportar: El profesor chiflado, Dr. Dolittle e por se fora pouco as súas continuacions respectivas. Espero que non sexan unha triloxía, que está moi de moda.

5. Tim Allen

Non existen comentarios para definir este "peaso" de actor. Simplemente recordar as súas actuacións en ¡Vaya Santa Claus!; Santa Claus 1, 2 y 3; Cariño estoy hecho un perro, ... O nadal con este home tórnase en aterrador. Con este cartel merecía estar máis arriba pero os catro primeiros son indiscutibles.

4. Tom Cruise

Un modelo non só como actor senón como persoa. Merece estar na cuarta posición por grandes interpretacións na súa última etapa de actor (esperemos que tamén sexa a derradeira) con peliculóns da talla de: La guerra de los mundos, El último Samurai, Minority Report, Mision Imposible 3 e especialmente Vainilla Sky, na que incluso consegue mellorar o papel desempeñado por Eduardo Noriega na orixinal Abre los ojos. ¡Incrible! Pero ademais da súa clase como actor, estou farto das súas tonterías coa eterna pésima actriz, Katie Holmes, coas súas fantasía da ciencioloxía. Se queres facer algo polo cine, por favor non vos volvades a xuntar ti e o teu amigo Steven Spielberg.

Dianteiros:

3. Colin Farrell


Sen dúbida o actor con máis rexistros do cine actual (eso sí todos pésimos). Deuse a coñecer para o gran público coa aclamada Minority Report, donde non se quedaba atrás do señor Cruise. Logo fíxonos disfrutar coa non menos aclamada Daredevil, donde de novo competía cun inconmensurable Ben Afleck. Este home sí que sabe elexir aos compañeiros de reparto. Asume que é un pésimo actor, así que se rodea dos que son igual ou máis malos que el. E para rematar SWAT, Alejandro Magno (se levantara a cabeza o verdadeiro Alejandro), Corrupción en Miami e El nuevo mudo. Díficil elección. Sálvase La prueba (máis ben gracias a Al Pacino) donde descubrimos todo o potencial de Colin para poñer "caretos" nos que destaca unha insoportable sobreactuación e quizáis Última llamada (quizáis pola súa corta duración).


2. Ben Stiller


Non creo que exista persoa no mundo que soporte ao Ben Stiller actor. Todas as súas pelis son pésimas. O que habería que discutir sería se as pelis son malas por que sae Ben Stiller ou Ben Stiller é tan patético por que os papeles que escolle son para persoas con pésimo gusto. En calquera caso recoméndovos que evitedes calquera película que teña no reparto a este actor. Para convencervos tedes un lista dos seus grandes éxitos: Zoolander, Y entonces llegó ella, Starsky & Hutch, Cuestión de pelotas e Noche en el museo. Se queredes sufrir alá vos.


1. Ben Affleck
E aquí temos ao gran gañador dos once actores máis "petardos" do cine actual, Ben Affleck. Máis que polas súas interpretación que lle valeron innumerables nominacións aos razzies e a todo áquel que participaba nas súas pelis, este señor presenta todos os síntomas que definen a un petardo: pesado, enervante, aborrecible, insoportable e sobre todo inútil. Calificativos que se quedan cortos cada vez que penso nesta personaxe con aires de chulería que me quitan as gañas de acudir a ver calquera película na que aparezca. Que vos sirva de lección as xa mencionadas Daredevil onde destroza a personaxe de Matt Murdock e Pearl Harbor. Tamén me escandalizan Armageddon, Pánico nuclear e incluso Paycheck. Feliciadades amigo Ben, xunto cos razzies é o único ao que aspiras.

Estos once actores conforman a miña alineación. Seguro que moitos non estades dacordo na gran maioría de nomes pero para eso están os comentarios. Algunhas suxerencias que vos podo facer son: Hugh Grant, Rob Schneider, Aston Kutcher, Mark Wahlberg, Brendan Fraser, Jack Black, The Rock, ...

2 comentarios:

Peque dijo...

Mmm... non coincido en que Nicolas Cage sea "actor petardo". Ten un oscar por Leaving Las Vegas, e ten unha gran actuación en duas das mellores peliculas de accion para o meu gusto, "Cara a cara" e "La roca".

En cuanto a Schwarzenegger, vale que non ten moitos rexistros como actor o pobre, pero deixounos perlas como as de Conan e os Terminators. En calquera caso, moito mellor como actor que coma político.

Un saudo

Peque

Un saudo

Anarky dijo...

Que teña un óscar non é sinónimo de gran actor nin de gran interpretación. O mesmo Ben Affleck ten un. Coincido contigo en que Nicolas Cage podería salvarse por esas pelis que me dis, incluso por asesinato en 8mm, pero tamén fixo grandes "cagadas" que me superan con creces os méritos que poidera acumular co resto de pelis.