Final de liga
Despois de 38 xornadas apaixoantes, por fin a liga chega ao seu final cun desenlace anunciado dende fai unhas xornadas: o Real Madrid é o novo campión. A pesar de definirme claramente "antimadrislista" é preciso comezar o comentario felicitano a un xusto campión.Esta liga foi a máis axustada dos últimos anos e como consecuencia fíxonos vibrar ata o último instante aos amantes de este deporte polas continuas alternativas que se produciron especialmente neste último tramo de liga. Estas dúas últimas xornadas demostrar por qué seguramente o fútbol é o deporte rei.
Un Barça que durante toda a campaña tivo a tiro o título pero que, como no resto de competicións, deixouno fuxir a última hora, fallando nos momentos decisivos. Aínda que hoxe cumpriu coa súa obriga, xogando un gran partido (aínda que fóra contra o derradeiro clasificado) e goleando, foron moitas as oportunidades perdidas, especialmente nos partidos de Betis e Español, deixándose empatar nos últimos minutos e cóncedendolle aun Real Madrid en alza a oportunidade de gañar un título co que non podían nin soñar fai uns meses, sumidos nunha enorme crise de resultados e xogo, especialmente na casa. Pero a última hora reaccionou, espoleado por un Barça e un Sevilla empeñados en regalar a Liga.Como ben dixen antes, esta foi a tónica xeral do Barça durante toda a temporada, fallar nos momentos decisivos, donde xogadores como Ronaldinho, Deco ou Etoo apenas apareceron para definir e tan só Messi mantiña vivas as esperanzas culés. Creo que ante este panorama, ademais dos problemas internos no vestuario, acrecentados polos "ñoñerías" dun Etoo celoso da fama do seu compañeiro Ronaldinho, enrarecendo o ambiente entorno o Barça e creando unha polémica que resultou decisiva nestre tramo final. Por todo esto, e por qué o fútbol actual é cousa de ciclos de 3 ou 4 anos, creo que convén unha reforma profundo da plantilla barcelonista, comezando pola marcha de Etoo ou Ronaldinho, Deco e seguramente os "pufos" italianos. É preciso conformar unha plantilla gañadora encabezada polo novo estándar do barcelonismo, Leo Messi e polos de sempre, Puyol, Xavi e Iniesta. De Víctor Valdés mellor non falar, por que prefiro manter este tono comedido. Virán incorporacións durante este verán, pero espero que teñen a suficiente calidade para xogar nun equipo como éste.
Con respecto ao Real Madrid, despois dun inicio moi titubeante no incio de Liga, por fin se asentou a filosofía de Capello e como case sempre, este home fixo campeón un equipo cunha calidade limitada (non estaban a maioría de galácticos) e cun gran desorde administrativo. E o que me parece máis incrible é que se esté discutindo se debe seguir ou non. Eu prefiro que non, así a ver se fichan a Schuster e para o ano de novo cambios incesantes no banco merengue como aconteceu estos últimos anos. O Madrid xa ten experiencia neso, verdade señor Florentino.
Xa para rematar, felicitar especialmente ao presidente do Madrid, que a pesar de él o equipo resultou campeón e logrou un título despois de 3 anos. O máis incrible foi que saltara á Romareda a xornada pasada logo de saber que mantiñan o liderato. Que o fagan os xogadores enténdoo, despois de toda a presión que tiveron que soportar, pero que un presidente "serio" actúa desa maneira desbocada, non ten nome. E o ambiente de menosprecio que se viviu toda esta semana cara o Mallorca desde Madrid tamén é digno de alabar para un equipo que di que é o mellor clube da historia (supoño que non se referirán a recente). Foi unha pena que non lles pasara factura e se quedaran coa cara de tontos que nos quedamos cando o deportivo perdeu a Liga co famoso penalty de Djukic.
Por último non me quero esquecer do mellor equipo do ano sen ningunha dúbida, o Sevilla. Gañador da Supercopa Europea, da UEFA, na final da copa do rei e con posibilidades de gañar a Liga ata esta noite. Creo que nos mementos decisivos fallou por vértigo a verse tan arriba, que senón sería agora o campión máis xustos.
E para os máis curiosos, un dato anecdótico, cortesía de Carlos. Esta é a primeira ocasión na que o Barça, empatado a puntos na cabeza non gaña a Liga. Por un momento todos pensamos que podía volver a repetirse a historia daquel barça de Cruyff.
3 comentarios:
Se te olvida comentar que Ronaldinho se ha pasado ochenta y pico entrenamientos por el arco del triunfo.
Otro dato histórico cortesía de Carlos: en la temporada 96-97 Capello ganó la liga (el Barça quedó segundo) y no siguió, el Madrid fichó a un entrenador alemán de medio pelo, sin experiencia en equipos grandes (Jupp Heynckes) y ganó la Champions. 10 años después Capello gana la liga, el Barça queda segundo, Schuster es un entrenador alemán, de medio pelo, sin experiencia en equipos grandes ...
¡¡¡Calderón fíchalo ya que te das otra vuelta al ruedo!!!
Gracias polo túa aportación con datos históricos, enciclopedia deportiva. Visto o visto, espero que Calderón non fiche a Schuster.
Maldini tiembla... ha llegado la enciclopedia futbolistica!
La sexta, tiembla tambien... vuestras estadisticas no seran nada comparadas con las de Carlos!
Muy bueno el comentario. Grande, muy grande
Peque
Publicar un comentario