sábado, 30 de junio de 2007

Pearl Harbor, gracias Michael Bay

Estaba tranquilamente sentado no sofá facendo un "zapping" cando de repente aparace antes os meus ollos Pearl Harbor. Por simple curiosidade púxenme a vela xa que facía moitos anos que a vira no cine con infame recordo. Cando vexo este tipo de películas plantéxanse dudas a cerca do estado mental dalgúns directores como Michael Bay.

A peli parece ser que recrea o ataque "japo" sobre Pearl Harbor durante a segunda guerra mundial. E digo que parece ser e non é por que realmente a peli trata sobre unha historia estúpida de amor entre unha "zorra" enfermera e dous amigos inseparables. De feito a peli pódese estructurar claramente da seguinte forma: primeiro conta a patética historia de amor, logo sucede o ataque co clásico abuso de acción e efectos especiais que soe caracterizar aos directores americanos e especialmente a Michael Bay, logo volta a sarte de estupideces de amoríos e desamoríos e por último un ridículo ataque americano sobre Tokyo que parece máis ben unha rabieta de Roosevelt para xustificar o exceso de prepotencia estadounidense. E por último o final, que da ganas de cortarse as venas. Como vedes de recreación histórica pouco.

A película comeza normal, bastante lineal como a maioría de pelis que se poñen a contar unha historia como fío argumental para desembocar en outra cousa. Pero nada fai presaxiar o desastre inminente que se aveciña. Todo comeza co ataque "japo". Nese momento comeza a orgía de destrucción maquinada polo señor Bay donde está claro que perdeu a razón. Toda esta falta de contención acaba desembocando en un montón de explosións, disparos, bombas, ... aderezada con algún detalles que provocan unha sensación vomitiva (a min realmente fanme rir): escenas estúpidas de avións sobrevolando a bahía e a cámara dando voltas no aire, recurso que está claro que manexa como ninguén Michael. Logo tonterías de gran calibre, como Cuba Gooding Jr., de profesión cociñero, poseído polo diaño ponse a disparar a metralleta contra os avións que veñen cara él disparando a saco. Cando vin esto no cine case caio da butaca. E a personaxe do cámara é cando menos intrigante, ¡Qué cojones pinta! E por qué un oficial da mariña colle unha escopeta e se pon a dispara aos avións, moi efectivo; estou seguro que eu na súa situación faría o mesmo en lugar de refuxiarme. Aínda que o que a min máis me asusta é que os directores americanos cree que somos retrasados mentales. Alguén no seu sano xuízo pódese tragar que dous "putos" avións americanos poidan derribar a 30 ou 40 japoneses. ¿Qúe pasa, que os avións "japos" son pilotados por tullidos? E o peor é cando o señor Ben Affleck e Josh Hartnett van un contra o outro perseguidos por innumerables avións e no último momento xiran e todos os "japos" derribados. Claro Michael, os avións feitos por ordenador poden desafiar as leyes da física, é lóxico que creas que na realidade tamén é posible. Todo esto mezclado coa clásica música épica co ruido de explosións de fondo que a alguén se lle ocurriu que era unha boa idea e agora tódalas películas bélicas sobrecargan as escenas con esta música.

En fin, que acaba o ataque e ti sentado pensando que nada pode ir a peor. Pero non podes adiviñar que sorpresa nos ten preparada o gran Michael Bay. Resulta que o presidente Roosevelt se enfada un montón e decide facer un ataque suicida a Japón con "3" avións, xD. Pero o mellor é a gran interpretación do señor Jon Voight cuns discursos moi bonitos que parecen sacados dun libro de poesías de Txus (Mago de Oz) e que, como sempre, ensalzan os valores americanos: prepotencia, chulería e patriotismo. E por riba ese momento atroz, cando lle din ao presidente que non é posible realizar o ataque, e él cos seus santos cojones se levanta da silla de rodas e di: ¡Non me digades o que non se pode facer! Vamos que a cousa parece que non pode ir a peor. Pero resulta que aparece Alec Baldwin para darlle un toque máis surrealista a película se cabe: "Hoy voy enseñarles a pilotar a 161 metros por que a 160 se estrellan" (e así todo o tempo).

Logo do ataque, cando pensas que a tortura visual por fin rematou, póñense a facer o tonto por china onde "aterrizan". Vamos que o motor do avión se para e chocan espectacularmente contra o chan sen sufrir rasbuños, lóxicamente. ¿Por qué os americanos pensan que o resto pensamos que son inmortales? Logo son capturados polas patrullas japonesas e como colofón Josh Hartnett morre salvando a vida do seu mellor amigo, Ben Affleck co que compartía novia embarazada do primiero. Nada previsible nin típico señor guionista. Se queredes darnos pena, en lugar de andar con toques sentimentalistas baratos alargade todavía un pouco máis a peli.

En resumo, eu poñeríalle a peli un 0; bueno sendo xeneroso un 0.5, xD. Gracias Michael Bay por apuñalar o séptimo arte e coidado que se acerca Transformers.

PD: As próximas películas que vou ver van a ser Gothika y La cosa más dulce. ¿Cal das tres será a peor?

viernes, 29 de junio de 2007

Sindrome anatomia de grey

Antes de resaca poñíame a ver vídeos de linkin park ou evanescence de final fantasy. Agora vexo esto. Non me recoñezo.





jueves, 28 de junio de 2007

Cousas curiosas da informática

Estaba "traballando" na facultade cando de repente, buscando información polo google me atopei con unhas das cousas vistas na carreira da que nunca me esquecerei.
Trátase da foto de Lena Soderberg. Supoño que tódolos "frikis"saberedes a quen me refiro. Resulta que alí polo ano 72, cando comezaban a nacer as primeiras técnicas de procesado de imaxe, utilizaron a foto que tedes arriba para realizar as correspondente probas dos mecanismos de compresión. Os investigadores polo menos tiñan bo gusto. Esto non sería demasiado curioso senon fora polo feito de que esta foto realmente era a portada de Playboy e supoxo un enorme "boom" entorno á modelo. Aquí tedes a fotografía completa para recrearvos (clikeade sobre ela)


Verdade que gaña bastante desta maneira. A conclusión de todo esto é que, asumindo que eran homes os que diseñaron estos algoritmos de procesado, estaban tan ocupados desenrolando estos algoritmos que non tiñan tempo para disfrutar da vida e concentrábanse en desafogar as súas necesidades nas revistas de PlayBoy. A outra posibilidade é que simplemente eran homes e como todos preferimos probar os nosos algoritmos cun resultados tan agradables a vista, xD.

Para os que queirades coñecer máis aquí tedes un link donde se explica máis en detalle a historia da fotografía máis famosa do procesado de imaxes. Ademais tedes "links" para ver máis fotos desta modelo.

Historia da fotografía de Lena

miércoles, 20 de junio de 2007

Heroes, unha agradable sorpresa

Despois dunha semana, por fin acabei de ver a primeira tempada da serie de moda, Heroes. Esta serie presentábase como unha aposta moi arrisgada (ao meu entender) da NBC para facer fronte ao éxito que estaban acadando outras cadeas americanas como FOX con 24, Prison Break ou House, ABC con anatomía de Grey, ... Como supoño que saberedes, esta serie parte da idea de que a mutación xenética na especie humana non só é posible, senón que ademais se está convertendo nunha realidade nos nosos días, aparecendo repentinamente seres con poderes impresionantes derivados da propia mutación.

Digo que se trata dunha aposta arriscada por que con este plantexamento calquera pode pensar que se trata da típica serie de ciencia ficción donde uns guionistas descontrolados, ante as posibilidades que ofrece este xénero, déixanse guiar por historias inverosímiles "fumándose" os límites e acabando coa paciencia dos seguidores máis fieis. Ademais as comparación son innevitables, quen non pensou que esta serie non sería máis que a recreación na realidade dos X-Men.



Pois realmente polo que a min respecta esta serie convenceume e acabei con moi bo sabor de boca. Recomendada para todos os que vos fiedes da miña opinión (a maioría sabe que cando digo que algo me gusta ten que ser bo).

Gustoume por que se trata dunha colección de historias, todas relacionadas entre sí, dunha forma coherente algunhas, ainda que outras parecen máis forzadas, e que son contadas de forma ordenada e pausada, sen precipitar nin acelerar acontecementos ata que ao final se pode percibir como cada unha encaixa perfectamente na historia global e ten o seu sitio na complicada trama elaborada polos guionistas (sempre hai algunhas excepción). A ver se aprenden outros guionistas que non saben manexar varias historias paralelas atropelando acontecementos, intentando transmitir un montón de cousas sen demasiado orde e con certa sensación de improvisación (recordemos Prison Break; polo menos 24 ten unha secuencia temporal que aínda que se repite tempada tras tempada non martiriza a paciencia do espectador).
Retomando Heroes. Nos primeiros capítulos presentan pouco a pouco os persoaxes, "heroes", que van ter unha maior importancia na trama. Mostran a súa vida no momento actual e como moitos deles se ven superados polo descubremento da súa "habilidade" reaccionado de diferentes formas. Pouco a pouco as historias vanse entrelezando, aparecendo novos convidados (parece que todo o mundo ten poderes ao final) e preséntase o motivo que desencadeará toda a acción ao final da tempada. Seguindo dunha maneira pausada, sen acelerar acontecementos, vai crecendo pouco a pouco o ritmo dos capítulos para chegar a un desenlace con certa tensión pero un pouco falto de acción (comparado con outras series de este tipo). Ben é certo que podía ser peor se houbera un intento desbocado de ofrecer únicamente entretemento, con efectos especiais esaxerados que non pegaría nada ben no contexto xeral da serie.

Outro aspecto interesante da serie é que ofrece diferentes reaccións fronte a revelación pública dos heroes. Non existe o típico malo, como tal, existen diferentes interpretación dunha mesma realidade. Aqueles que se negan ante a súa condición de especiais, aqueles que asumen tal condición, asumen o seu rol de heroes e intentan salvar o mundo por que cren que merece a pena intentar construír unha realidade mellor, aqueles que se sinten ameazados pola aparición de estes seres e intentan controlalos (de que me sonara esto) e aqueles que sabendo a inutilidade de salvar un mundo ferido pola propia esencia autodestructiva do home, queren aproveitar o siniestro destino para crear un novo concepto de mundo basado no medo, "A xente encontrará unha sensación de esperanza basada nunha sensación conxunta de medo". Son seducidos polo poder que lograrían e pásanse todo o tempo "chinchando" aos anteriores para que os acontecementos transcurran segundo este destino con tintes apocalípticos. E por último Sylar, do que non penso falar, só hai que velo.


Sentín pavor cando descubrín nun dos primeiros capítulos que unha das persoaxes era capaz de comprimir o espacio e o tempo, vamos que se teletransporta no espacio e viaxa no tempo. Cando nunha serie alguén pode viaxar ao pasado, perde sentido parte da historia, xa que logo se pode cambiar simplemente por que o "iluminado de turno" vai ao pasado e cambia todo. Pero polo menos aquí cortáronse e a pesar de toda a complexa teoría que plantexan os regresos ao pasado, non o salvan demasiado mal (non como nalgunha peli que recordo como Deja Vu).

En definitiva, que vos recomendo ver esta serie se tedes tempo (se estades vendo Prison Break deixádea xa ou seguídea vendo para rirvos un pouco) . A miña recomendación é que a vexades en inglés subtitulada por que gaña bastante respecto a versión en castelán. Para os máis duros podedes seguila na TVG.

martes, 19 de junio de 2007

Parodia de 24 nos Simpson

De todos os que me coñecedes é ben sabido que son un fiel seguidor da serie protagonizada por keifer Sutherland, 24. E que ademais me encantan as series de debuxos, especialmente os Simpson. Como vedes, faltoume tempo para "postear" a parodia de 24 que se fixo no último capítulo do 18º temporada dos Simpson. Nela parodiase todos os aspectos máis característicos de 24 como o mítico formato da pantalla dividida en cadros, o "previously" do comezo de cada capítulo e a frase que xa forma parte da historia recente da televisión: "The following takes places between ...". Está claro que recrean con gran habilidade e simpatía todo aquelo que convertiu a 24 en unha serie de culto. Aquí tedes o "previously" do capítulo.


E aquí podedes disfrutar da parodia na que saen ademais Jack Bauer e Chloe.


Para os máis impacientes ou que non teñades tempo, un resumo dos momentos nos aparecen Jack e Chloe.


PD: ¿Para cando a parodia de Prison Break? Por que mira que esa sí que é sinxela de parodiar, verdade señor Wentworth Miller.

I love you, Soraya

Últimamente no panorama musical aparece unha nova clase de artista. Básicamente trátase dunha cantante que todo o que toca se convirte en éxito. Este fenómeno está a acontecer especialmente no panorama latino, véxase Paulina Rubio ou Shakira. Cada vez que sacan unha canción "todos" acabámola tarareando sen poder evitalo. A este grupo de artistas uniuse recentemente a "triunfito" Soraya. Os de Santa Fe deben saber do tirón desta muller e aproveitando esa circunstancia presentan a súa aposta para canción do verán. Seguro que estará pelexando cos de sempre e especialmente coas anteriormente citadas, Paulina e Shakira.Alguén quere apostar a que acabaremos tarareando e bailando como posesos esta canción neste verán.

lunes, 18 de junio de 2007

¿Wibree como sustituto de Bluetooth?

Nas últimas semanas veño lendo unha serie de noticias que me deixaron un pouco confuso. En moitos xornales e en determinados blogs de tecnoloxía fálase de Wibree como o sustituto natural de Bluetooth. Como saberedes Wibree é unha tecnoloxía WPAN desenrolada por Nokia con características técnicas similares a Bluetooth, aínda que destaca o seu menor consumo enerxético, fálase dun 10% aínda que se espera que sexa máis. Aquí tedes unha pequena comparativa entre Wibree e Bluetooth.

Actualmente Bluetooth acada unha velocidade de 3 Mbps e ten un alcande de ata 100 metros transmitindo com 100 mW. Como podedes apreciar as características técnicas entre ambas tecnoloxías son similares pero a principal diferencia radica no consumo de enerxía (a velocidade de Bluetooth tamén é maior). Esta reducción do consumo lógrase en Wibree utilizando una transmisión de paquetes de lonxitude variable, a diferencia de Bluetooth onde os paquetes transmitidos son da mesma lonxitude. Ademais tampouco emprega salto en frecuencia.

O máis importante é que Wibree nace como unha alternativa a Bluetoth, non como un sustituto natural. Está centrado en dar soporte a outro tipo de aplicacións especialmente aquels donde o fluxo de datos sexa menos denso ou con tráfico máis esporádico, aproveitando estas circunstancias para reducir o consumo. Pola tanto intúese un panorama onde dúas tecnoloxías acapararán distintos mercados e competirán en algunhas aplicacións, da mesma maneira que ocorre con outras tecnoloxías inalámbricas como ZigBee ou UltraWideband con características dispares.

Outra cousa que me parece moi importante é que vai ser totalmente compatible coa especificación de Bluetooth, garantizando a compatibilidade entre ambos estándares. Wibree pode ser implantado en un chip simpre ou doubre, e nesto último caso o segundo chip contería as especificación propias de Bluetooth.

Por ahora todos son especulacións, aínda que queda moi pouco para que esta tecnoloxía comece a formar parte das nosas vidas como o fixo previamente Bluetooth. Unha cousa que non me convence nada de Wibree é o seu logo.
Nada comporable co de Bluetooth, cheo de símboloxía nórdica. Todos a estas alturas coñecemos a famosa historia do rei vikingo Harald Blatand do que provén o nome de Bluetooth. Pero alguén sabe que significado ten o seu logo. Pois resulta que éste é unha combinación das runas nórdicas Hagalaz (H) y Berkana (B).

O fin do mundo

Estaba tranquilamente mirando as noticias cando de repente me encontrei a seguinte xoia no 20 minutos, un deses periódicos que merecen especial mención por que máis que informar parecen ter o obxetivo de divertir a xente.

http://www.20minutos.es/noticia/248918/0/isaac/newton/apocalipsis/

Despois do bombardeo de tonterías sobre a natureza "alquimista" de Leonardo Da Vinci, a raíz da aparición do famoso libro de Dan Brown, El código Da Vinci, onde se plantexaban todo tipo de especulacións que relataban oscuros segredos relacionados con este xenio do Renacemento e falaban das súas mensaxes en clave e prediccións apocalípticas que fixeron temblar os cementos do cristianismo. Logo de que o final do milenio sacará das sombras (mellor dito do manicomio) a todos aqueles obsesionados coa fin do mundo e día do xuízo final. E agora resulta que o pai da física moderna non era máis que un alquimista" que recurría a fantasía relixiosa para intentar predecir o fin dun mundo que gracias en parte a el hoxe podemos interpretar mellor. Seguramente o mundo chegue o final por causas humanas, físicas, pero non creo que sea por causas metafíscas, bíblicas nin polos delirios bíblicos de xente como Nostradamus que enchen as páxinas dunha historia pouco caracterizada pola raxzón e sí pola relixión.

Once titular de actores "petardos"

Dado que hoxe me levantei de moi humor vou a contarvos cal serían para min os once actores máis petardos do cine actual. Foi moi duro elexir só once xa que, por sorte para min, cada vez son máis os que fan méritos para ser calificados como "petardos". Deixo de divagar, estos serían a alineación, ordenados de malos a insufribles.

Porteiro:

11. Adam Sandler

Todos recordamos a este gran actor de comedia por interpretacións tan fantásticas como: Mr.Deeds, Litty Nicky, Un papá genial o Click. Sen ningunha dúbida a súa filmografía dinos por qué é merecedor de estar nesta lista.

Defensas :

10. Nicolas Cage

Que podo decir deste gran actor, un dos máis grandes dos últimos anos. Na súa filmografía destacan papeles como: The wicker man, El motorista fantasma, Windtalkers, El ladrón de orquídeas, ... donde demostra toda a súa calidade potenciando a súa imaxe de actor polifacético Tamén teño que decir que a razón de que se atope tan abaixo na lista é que ten algunas películas na que no estivo a altura: Leaving Las Vegas o La roca. ¡Pero qué lonxe quedan!.

9. Tobey Maguire

Inmenso nas tres películas da adaptqación cinematográfica do comic de Marvel de Spiderman. O único capaz de captar a esencia do papel de Peter Parker. ¿En verdade habería alguén que podería chegar a igualar a súa expresividade? A resposta é sí, Wentworth Miller.

8. Arnold Schwarzenegger

Este actor austríaco seguramente sexa quen mellor encarne os estereotipos do cine de acción: calidade representativa, gran variedade de rexistros e comunicador dunha chea de sensacións cando disfrutamos das súas interpretacións en Conan, Eraser, El fin de los días y El sexto día. Gracias por estas obras de arte. Pero tamén lle debemos agradecer a outros como Sylvester Stallone, Steven Seagal, Jean Claude Van Damme ou últimamente Vin Diesel todo o que fixeron polo xénero de acción.

7.
Josh Hartnett

Nos últimos anos deixou de ser unha promesa para finalmente convertirse nunha realidade. Comezou o lanzamento ao estrellato con Pearl Harbor, facendo unha magnífica interpretación que lle valeu a nominación aos Razzies. Foi unha pena que tamén estivera nominado Ben Affleck, así era imposible gañar, non tiña ningunha posibilidade. Logo encandilou a público e crítica en 40 días y 40 noches, con unha historia de amor con tintes de drama: un home agobiado por "follar" demasiado decide sentar a cabeza. E por último ese gran colaboración co ese actor en alza, Harrison Ford, en Hollywood: Departamento de homicidios. Por desgracia non entra no top 5, por participar en pelis de tan dudosa reputación "petarda" como Sin City, Black Hawk Derribado ou El caso Slevin.

Centrocampistas:

6. Eddie Murphy

Para min trátase do máximo expoñente desa colección de cómicos negros que o cine hollywoodiense tanto explota en películas coas que disfruta o culto pobo americano (eu como son tonto non as entendo). Tanto él como Martin Lawrence (Dos policías rebeldes), Chris Rock (De incompetente a presidente) ou Marlon Wayans (Pequeño pero matón) merecen estar nesta lista. Pero especialmente Eddie Murphy por péliculas díficiles de soportar: El profesor chiflado, Dr. Dolittle e por se fora pouco as súas continuacions respectivas. Espero que non sexan unha triloxía, que está moi de moda.

5. Tim Allen

Non existen comentarios para definir este "peaso" de actor. Simplemente recordar as súas actuacións en ¡Vaya Santa Claus!; Santa Claus 1, 2 y 3; Cariño estoy hecho un perro, ... O nadal con este home tórnase en aterrador. Con este cartel merecía estar máis arriba pero os catro primeiros son indiscutibles.

4. Tom Cruise

Un modelo non só como actor senón como persoa. Merece estar na cuarta posición por grandes interpretacións na súa última etapa de actor (esperemos que tamén sexa a derradeira) con peliculóns da talla de: La guerra de los mundos, El último Samurai, Minority Report, Mision Imposible 3 e especialmente Vainilla Sky, na que incluso consegue mellorar o papel desempeñado por Eduardo Noriega na orixinal Abre los ojos. ¡Incrible! Pero ademais da súa clase como actor, estou farto das súas tonterías coa eterna pésima actriz, Katie Holmes, coas súas fantasía da ciencioloxía. Se queres facer algo polo cine, por favor non vos volvades a xuntar ti e o teu amigo Steven Spielberg.

Dianteiros:

3. Colin Farrell


Sen dúbida o actor con máis rexistros do cine actual (eso sí todos pésimos). Deuse a coñecer para o gran público coa aclamada Minority Report, donde non se quedaba atrás do señor Cruise. Logo fíxonos disfrutar coa non menos aclamada Daredevil, donde de novo competía cun inconmensurable Ben Afleck. Este home sí que sabe elexir aos compañeiros de reparto. Asume que é un pésimo actor, así que se rodea dos que son igual ou máis malos que el. E para rematar SWAT, Alejandro Magno (se levantara a cabeza o verdadeiro Alejandro), Corrupción en Miami e El nuevo mudo. Díficil elección. Sálvase La prueba (máis ben gracias a Al Pacino) donde descubrimos todo o potencial de Colin para poñer "caretos" nos que destaca unha insoportable sobreactuación e quizáis Última llamada (quizáis pola súa corta duración).


2. Ben Stiller


Non creo que exista persoa no mundo que soporte ao Ben Stiller actor. Todas as súas pelis son pésimas. O que habería que discutir sería se as pelis son malas por que sae Ben Stiller ou Ben Stiller é tan patético por que os papeles que escolle son para persoas con pésimo gusto. En calquera caso recoméndovos que evitedes calquera película que teña no reparto a este actor. Para convencervos tedes un lista dos seus grandes éxitos: Zoolander, Y entonces llegó ella, Starsky & Hutch, Cuestión de pelotas e Noche en el museo. Se queredes sufrir alá vos.


1. Ben Affleck
E aquí temos ao gran gañador dos once actores máis "petardos" do cine actual, Ben Affleck. Máis que polas súas interpretación que lle valeron innumerables nominacións aos razzies e a todo áquel que participaba nas súas pelis, este señor presenta todos os síntomas que definen a un petardo: pesado, enervante, aborrecible, insoportable e sobre todo inútil. Calificativos que se quedan cortos cada vez que penso nesta personaxe con aires de chulería que me quitan as gañas de acudir a ver calquera película na que aparezca. Que vos sirva de lección as xa mencionadas Daredevil onde destroza a personaxe de Matt Murdock e Pearl Harbor. Tamén me escandalizan Armageddon, Pánico nuclear e incluso Paycheck. Feliciadades amigo Ben, xunto cos razzies é o único ao que aspiras.

Estos once actores conforman a miña alineación. Seguro que moitos non estades dacordo na gran maioría de nomes pero para eso están os comentarios. Algunhas suxerencias que vos podo facer son: Hugh Grant, Rob Schneider, Aston Kutcher, Mark Wahlberg, Brendan Fraser, Jack Black, The Rock, ...

domingo, 17 de junio de 2007

¿Por qué estará triste Fernando?

Dado que me expandín tanto no comentario sobre o final de Liga, vou procurar ser breve comentando o outro acontecemento deportivo de hoxe: a fórmula 1.

Eu despois de ver as tres últimas carreiras fágome unha pregunta, ¿Qué lle pasa a Fernando Alonso? Aínda que eu posicionome máis ben contra Alonso, debo recollecer que a súa principal virtude ademáis da súa calidade como piloto era a súa frialdade nos momentos decisivos. Era moi dícil velo cometer erros ( e se os cometía era por qué o seu coche estaba danado e era imposible de conducir para calquera outro piloto). Sen embargo agora comete erros incomprensibles, como por exemplo na saída a Barcelono, arriscando innecesariamente. E logo o "bochornoso" espectáculo que ofreceu en Canadá, perdendo incomprensiblemente a pole e logo as innumerables saídas de pista. Pero é que o coche estaba danado diredes. Non me extraña, intenta superar a Hamilton por onde era imposible e logo facendo excursións no seu monoplaza inconducible. E para rematar hoxe máis do mesmo. Eu estaba esperando ansioso a saída esperando un novo arrebato de loucura dese máquina perfecta de conducción. Menos mal que estaba vez pensou coa cabeciña e pensou que mellor eran 8 ptos e que saír de valde por intentarlle demostrar a prensa inglesa que él é mellor piloto que Hamilton. Habelo demostrado na sesión de clasificación.
Está claro que Alonso está nerviso, tenso e seguramente moi incómodo coa situación no equipo Maclaren e está soportando unha enorme presión desa "prensa" tan sensaciolista que hai en Gran Bretaña e máis tratándose dun equipo inglés. Pero debe recuperar o sentido común e seguro que volve meterse na loita polo mundial por qué Hamilton tamén acabará fallando como todo humano. Cando recupere o sentidiño volveremos ver o Alonso que tantas alegrías da aos seus aficionados e seguramente tamén se busque unha novia que "esté buena" e sepa cantar.
E qué dicir do señor Hamilton. Será un gran piloto, non digo que non, pero ademais de pilotar debería xogar a lotería. Primeiro ficha por un gran equipo, logo o campión do mundo prepara un coche que ademais de ser rápido é enormemente fiable (será tamén por que non está Raikkonen) e por riba en carreira ve de lonxe os accidentes que afectan aos demais pilotos. ¡Qué tío máis soso correndo!.

PD: Non vos gustaría que De la Rosa lle sacudirá a Gonzalo Serrano cando di eso de: "Si parpadean se lo van a perder". Espero que o acabe facendo.
¿Cándo den a fórmula 1 na sexta farán estadísticas tan "coñeras" como no fútbol? Sería espectacular.

Final de liga

Despois de 38 xornadas apaixoantes, por fin a liga chega ao seu final cun desenlace anunciado dende fai unhas xornadas: o Real Madrid é o novo campión. A pesar de definirme claramente "antimadrislista" é preciso comezar o comentario felicitano a un xusto campión.

Esta liga foi a máis axustada dos últimos anos e como consecuencia fíxonos vibrar ata o último instante aos amantes de este deporte polas continuas alternativas que se produciron especialmente neste último tramo de liga. Estas dúas últimas xornadas demostrar por qué seguramente o fútbol é o deporte rei.

Un Barça que durante toda a campaña tivo a tiro o título pero que, como no resto de competicións, deixouno fuxir a última hora, fallando nos momentos decisivos. Aínda que hoxe cumpriu coa súa obriga, xogando un gran partido (aínda que fóra contra o derradeiro clasificado) e goleando, foron moitas as oportunidades perdidas, especialmente nos partidos de Betis e Español, deixándose empatar nos últimos minutos e cóncedendolle aun Real Madrid en alza a oportunidade de gañar un título co que non podían nin soñar fai uns meses, sumidos nunha enorme crise de resultados e xogo, especialmente na casa. Pero a última hora reaccionou, espoleado por un Barça e un Sevilla empeñados en regalar a Liga.

Como ben dixen antes, esta foi a tónica xeral do Barça durante toda a temporada, fallar nos momentos decisivos, donde xogadores como Ronaldinho, Deco ou Etoo apenas apareceron para definir e tan só Messi mantiña vivas as esperanzas culés. Creo que ante este panorama, ademais dos problemas internos no vestuario, acrecentados polos "ñoñerías" dun Etoo celoso da fama do seu compañeiro Ronaldinho, enrarecendo o ambiente entorno o Barça e creando unha polémica que resultou decisiva nestre tramo final. Por todo esto, e por qué o fútbol actual é cousa de ciclos de 3 ou 4 anos, creo que convén unha reforma profundo da plantilla barcelonista, comezando pola marcha de Etoo ou Ronaldinho, Deco e seguramente os "pufos" italianos. É preciso conformar unha plantilla gañadora encabezada polo novo estándar do barcelonismo, Leo Messi e polos de sempre, Puyol, Xavi e Iniesta. De Víctor Valdés mellor non falar, por que prefiro manter este tono comedido. Virán incorporacións durante este verán, pero espero que teñen a suficiente calidade para xogar nun equipo como éste.
Con respecto ao Real Madrid, despois dun inicio moi titubeante no incio de Liga, por fin se asentou a filosofía de Capello e como case sempre, este home fixo campeón un equipo cunha calidade limitada (non estaban a maioría de galácticos) e cun gran desorde administrativo. E o que me parece máis incrible é que se esté discutindo se debe seguir ou non. Eu prefiro que non, así a ver se fichan a Schuster e para o ano de novo cambios incesantes no banco merengue como aconteceu estos últimos anos. O Madrid xa ten experiencia neso, verdade señor Florentino.
Xa para rematar, felicitar especialmente ao presidente do Madrid, que a pesar de él o equipo resultou campeón e logrou un título despois de 3 anos. O máis incrible foi que saltara á Romareda a xornada pasada logo de saber que mantiñan o liderato. Que o fagan os xogadores enténdoo, despois de toda a presión que tiveron que soportar, pero que un presidente "serio" actúa desa maneira desbocada, non ten nome. E o ambiente de menosprecio que se viviu toda esta semana cara o Mallorca desde Madrid tamén é digno de alabar para un equipo que di que é o mellor clube da historia (supoño que non se referirán a recente). Foi unha pena que non lles pasara factura e se quedaran coa cara de tontos que nos quedamos cando o deportivo perdeu a Liga co famoso penalty de Djukic.
Por último non me quero esquecer do mellor equipo do ano sen ningunha dúbida, o Sevilla. Gañador da Supercopa Europea, da UEFA, na final da copa do rei e con posibilidades de gañar a Liga ata esta noite. Creo que nos mementos decisivos fallou por vértigo a verse tan arriba, que senón sería agora o campión máis xustos.
E para os máis curiosos, un dato anecdótico, cortesía de Carlos. Esta é a primeira ocasión na que o Barça, empatado a puntos na cabeza non gaña a Liga. Por un momento todos pensamos que podía volver a repetirse a historia daquel barça de Cruyff.

sábado, 16 de junio de 2007

Benvidos

Por fin se pon en marcha o meu blog. Despois de moito tempo dándolle voltas a idea de montar o meu propio blog, por fin me lancei co único próposito de que aqueles que me coñezades e teñades a amabilidade de entrar pasedes un bo rato lendo as miñas "rajadas" de todo aquelo que absorber a maior parte do meu tempo: deportes, cine, series e un pouquiño tamén a informática. E por suposto espero que comentedes todo aquelo co que non esteades de acordo (se estades de acordo tamén, pero non creo que se den moitos casos).

Con esta primeira entrada, máis ben a modo de proba, quero darvos a benvida a todos aqueles que visitedes este blog e invitarvos a que sexades todo o críticos que queirades (non prometo non enfadaeme, xD) e deixedes suxerencias por suposto. Aquí comeza a aventura.

PD: Espero que non vos moleste que escriba en galego aínda que supoño que xa o esperaríades.