Agora (II)
Pasaron preto de dúas semanas dende o estreo máis esperado do "cine español" en 2009, pero por diversas razóns non puiden atopar un oco para ir ao cine e disfrutar de Ágora ata esta semana. Así que agora xa estou en condicións de completar a crítica da nova película de Amenábar, pero antes un par de avisos para aos readers. A crónica non é que conteña spoilers da película senón que a destripa, literalmente, así que senón tivestes a oportunidade de vela, abstédevos de seguir lendo. Se despois de acabar de ler o post tedes a sensación de que son gay e estou enamorado de Amenábar, probablemente estedes no certo, pero as miñas críticas son subxetivas e máis nesta peli que toca algunhos temas que me encantan:
- Todo o relacionado co mundo antigo, especialmente o referente á cultura grega e Alexandría.
- Retrata aos cristianos como foron ao longo da historia (e seguen sendo), aniquiladores do resto de credos, censuradores da razón e a intelixencia humana para saciar a súa necesidade de poder.
Soberbios e perfectamente caracterizados os tres persoaxes principales, Hipatia, Davo e Orestes, o que lles permite acadar a profundidade necesaria para que o espectador participe das súas emocións, dos seus sentimentos, dos seus pensamentos,... Hipatia, interpretada por unha excelente Rachel Weisz, é unha muller racional, intelixente e piadosa que se atopa no medio dunha sociedade decadente que loita por impoñer sen piedade e sen escrúpulos as súas crenzas irracionais. A súa meta é a búsqueda da verdade, entender como funciona este mundo sen preocuparse por vaguedades espirituales.
Davo, interpretado por Max Minghella, o esclavo bondadoso namorado da súa ama, Hipatia, sen unha fé férrea, acaba abrazando o cristianismo para apaciguar a ira que lle produce ser rexeitado pola súa namorada. A súa intelixencia e as ensinanzas de Hipatia fan que durante toda a película cuestione a fé cristiana e os seus actos parezan movidos exclusivamente polos sentimentos cara a súa mestra. É o reflexo de como un home bondadoso e con aptitudes intelectuais acaba matando polas súas crenzas, abusando da súa ama, destruíndo as obras que antes alimentaban a súa curiosidade..., por citar algunhas atrocidades, cando o fanatismo relixioso lle nubla a razón.Orestes, interpretado por Oscar Isaac, o home pragmático, díscipulo de Hipatia, mostra escaso respeto polo físico e o metafísico, o que lle fai cuestionarse as ensinanzas dos sabios griegos e a suposta perfección atribuida aos dioses paganos. Acaba converténdose ao cristianismo e escalando no concerto político durante a ocupación romana de Alexandría. Enamorado de Hipatia dende que era o seu díscipulo, acaba sucumbindo á presión cristiana e abandónaa cando ela é acusada de impía e hechiceira, nun intento desesperado por manter o poder fronte a Cirilio, quen representa, maxistralmente, a ambición sen límites do cristianismo por convertirse na relixión única e no estamento político máis importante na decadencia de Alexandría.

Relixión
Un dos aspectos máis destacados do film é o retrato social da Alexandría do século IV d.c, caraterizado polo diversidade cultural e, sobre todo, polo diversidade relixiosa, convivindo nas súas rúas cidadáns cristianos, paganos e xudíos. Esta confrontación relixiosa provacaba continuas revoltas que contribuiron decididamente ao final do esplendor da cidade e eso queda perfectamente reflexado na película de Amenábar. As familias acomodadas, que copaban o poder político da cidade, practicaban ritos paganos, mentres as clases socias máis desfavorecidas poñían as súas esperanzas nunha nova relixión que xustificaba as penurias desta vida con vagas promesas no máis alá. Esta desigualdade social e económica acentúabase no plano intelectual, posto que só os paganos tiñan acceso as grandes obras dos sabios griegos, custodiadas na gran Biblioteca de Alexandría e no Serapeo, e só os fillos de paganos recibían unha educación axeitada. Esa ignorancia foi aproveitada polos cristianos ansiosos de poder para crear unha masa social descontenta, ansiosa de vinganza contra os paganos, para provacar unha revolta que culminaría coa aniquilación dunha fé milenaria e co saqueo da Biblioteca de Alexandría e do Serapeo.
Unha das esceas máis impactantes e emocionantes de Ágora é cando os paganos abandonan a defensa da biblioteca, namentres Hipatia e os seus díscipulos tentan salvar as obras máis importantes, ante a inminente entrada dos cristianos enfurecidos. Centos de miles de obras que contiñan todo o coñecemento acumulado durante séculos, miles de anos de historia, queimados nuns poucos minutos por unha masa ignorante, manipulada por unha igrexa que proclama a piedade e a existencia dun máis alá, pero que non mostra piedade e o único que desexa é controlar o mundo terrenal (en nome de Deus, eso sí). Os cristianos acaban por convertir a biblioteca máis importante da antigüedade nun lugar para realizar cultos relixiosos e nunha corte para dar cobixo aos animais.
Pero que se pode esperar dunha igrexa ególatra que proclamou durante séculos que eramos o centro do universo, que fomos creados a imaxe dun Deus perfecto, o que nos convirte na obra máis maravillosa do universo. Que se pode esperar dunha igrexa de ignorantes, que non era capaz de comprender o mundo que os rodeaba e xustificaba todo o que non entendían como a creación dun ser superior. Que se pode esperar dunha igrexa que tratou de borrar os avances logrados durante séculos e frear o progreso para encerrarnos na máis profunda escuridade intelectual durante a Idade Media. Que se pode esperar dunha igrexa que xustificaba a miseria e desgracia humana como unha proba terrenal para unha vida eterna idílica, en lugar de facer algo para mellor as inxustizas. Que se pode esperar dunha igrexa que tentou aniquilar a pluralidade relixiosa para convertirse no credo único, matando sen compasión a todo aquel que se permitira pensar por sí mesmo (en nome de Deus).
Esta sucesión de virtudes históricas do cristianismo queda perfectamente reflexado neste film, moi presentes nas persoaxes do obispo Cirilio e do axitador social e, finalmente, "mártir", Amonio. Resulta curioso como os cristianos xustifican as masacres de paganos e xudíos, cando Davo se cuestiona se estarán a facer o correcto, respondéndolle que se Deus o permite é porque é a súa vontade. Finalmente, os cristianos logran o seu obxetivo, acabar cos ritos paganos e cos xudíos, instaurando o seu réxime de obediencia dictatorial, a necesidade de suprimir as inquitudes intelectuais e dedicarse a adorar o trascendental e espiritual, o que remata por condenar ao olvido unhas das páxinas máis brillantes da nosa historia.To be continued ...



