martes, 23 de febrero de 2010

Lost, unha perspectiva global (II)

Recordando brevemente o que escribía na entrada anterior, a historia que nos intenta contar Lost pódese describir como unha enrevesada partida entre dúas enigmáticas figuras, Jacob e Némesis. Intuímos que ámbolos dous xogan, literalmente, co destino das distintas persoas/pezas que foron pasando pola illa. Cada un dos movementos aillados que semellan facer non parecen seguir ningunha lóxica pero, no conxunto global do xogo, poden revelarse como xogadas mestras. Por eso, teremos que esperar ao final da serie para entender, seguramente, moitas das cousas que, polo momento, parecen carecer de sentido ou non terminan de encaixar. Eso espero!!!Pero, ¿como se gaña este xogo? Nesta versión simplificado da historia, diremos que se pode vencer se anulas tódolos posibles movemento do teu rival. No caso de Némesis anular significa matar indirectamente a tódolos supostos "candidatos". É dicir, debe atopar algunha maneira de manipular as demais pezas (demais xente da illa) para acabar un por un co grupo de "candidatos". Unha boa forma de comezar sería manipulando o elemento máis débil do grupo, por exemplo un Sawyer abatido e moi cabreado, xD. Pero entón, ¿por que mata a Jacob? A resposta rápida sería... porque lle ten gañas. A outra posibilidade é porque matando a Jacob anula a súa influencia sobre o resto de persoas da illa (excepto Hugo).

Con estas cartas na man, situémonos nun instante indeterminado no tempo, no pasado ou no futuro, e sempre establecendo como liña temporal de referencia a actual, a que marcan os supervivintes do voo Oceanic 815. A partir dese instante de tempo x e durante un intervalo de tempo descoñecido, ocorren unha serie de sucesos que levan a Jacob e a Némesis á illa e lle confiren a ésta unha serie de propiedades especiales, como a posibililidade de autodesplazarse no espacio-tempo por "agujeros de gusano", utilizando materia exótica, ou certas propiedades curativas (aínda que esto podería ser obra de Jacob). A orde na que se producen esta serie de acontecementos non é relevante.

Por razóns aínda descoñecidas, ambos individuos adquiren características semidivinas e Némesis é despoxado da súa condición humana e condeado a vagar en forma de fume negro. Nese preciso instante comeza o xogo descrito anteriormente, de tal forma que, se gaña Némesis, a súa recompensa é abandoar a forma de fume negro e a posibilidade de retornar ao seu fogar (onde sexa). Se, pola contra, o gañador é Jacob descoñecemos a súa recompensa. A partir dese momento, Jacob comeza a atraer xente á illa e o xogo desenrólase segundo as regras establecidas con infinidade de movementos que rixen o destino de todo áquel que acaba por convertirse nunha peza máis na partida.

Se facemos caso da conversación que manteñen Jacob e Némesis na praia ao principio da season finale da quinta tempada, dá a impresión de que a partida que estamos a vivir através de Lost non é, nin moito menos, a primeira. Ao contrario, semella que, ao longo da historia, foron moitas as veces que se enfrentaron estes dous rivais, cun final descoñecido. O máis sensato sería pensar que todas acabaron en táboas e con tódalas pezas eliminadas. Esta nova partida debeu comezar nalgún instante de tempo anterior ao naufraxio de Black Rock na illa e prolóngase ata o período actual, momento no que parece achegarse o desenlace.


¿Como encaixa en toda esta teoría?
  • Richard Alpet.
Dúas posibilidades. Foi elexido como unha peza importante por Jacob quen lle outorgou o rol de conselleiro e de enlace con outras pezas menos relevantes (simples peóns), proporcionándolle ademais a capacidade de non envellecer. Ou ben, nalgunha das partidas anteriores, Jacob impúxose no xogo grazas a colaboración de Richard, quen quedou como único "candidato", pasando a convertirse nunha peza tremenda valiosa (peón convertido en reina). ¿Richard é o único que non envellece? Non o podemos asegurar despois de ver á xente do templo. Entón, ¿vivir no templo evita o envellecemento das persoas? ...
  • As peculiares habilidades de Miles para falar con persoas mortas, de Hugo para ver a persoas mortas, de Walt para matar páxaros, ...
O máis sensato é pensar que non son máis que pezas que xogan no bando de Jacob e que, dalgún xeito, foron dotados con algunha habilidade fóra do común para servir aos seus propósitos. ¿Para que pode servir un neno que mata paxaros? ¿Por que o grupo de Iliana tenta disuadir a Miles para que non vaia a illa? Ese é o verdadeiro xogo de Lost... preguntas sen resposta.
  • Desmond
Desmond non encaixa en ningunha teoría comprensible para o ser humano. Un home capaz de revivir a súa vida no medio dunha implosión de materia exótica para acabar cometendo os mesmos erros, simplemente porque "Mrs. Time" lle di que ese é o seu destino. Un home capaz de que a súa consciencia viaxe no tempo ou de percibir os cambios que se producen na súa liña temporal através de soños (despois de falar no pasado con Faraday), non pode seguir ningunha regra física e dudo moito que do propio xogo Jacob vs Némesis. Difícil de explicar pero sempre nos podemos agarrar a frase de Eloise Hawkins, "La isla no ha terminado contigo".
  • John Locke
Claro exemplo de peza escollida por un xogador que acaba servindo aos propósitos do outro. Manipulado por Jacob e Némesis todo o tempo, acaba por autonconvecerse de que está destinado a ser alguén especial e que debe liderar o grupo de "Los otros" na illa cando, en realidade, está sendo guiado cara o seu fatal destino. Enfrentado con Ben por ese liderazgo, resulta curioso que ambos acaben sendo as pezas fundamentais para asasinar a Jacob. Enfrentado con Jack, pola súa condición de home de fé fronte ao home de ciencia, comparte o seu mesmo destino, como "candidato" para que o fume negro use o seu corpo e poder acceder a Jacob. As circunstancias determinan que, finalmente, sea John o elexido.
  • Aaron
Fillo de Claire, sobriño de Jack, parece destinado a desenrolar un papel clave na historia, especialmente despois de que Claire se aparecera nun soño de Katie pedíndolle que non o levara de volta á illa. Parece claro que algún dos dous xogadores (Némesis?) non ten interés en que Aaron regresa á illa. Peza clave no xogo, posible sustituto de Jacob, ... máis preguntas sin resposta.
  • Benjamin Linus, Eloise Hawkins e Charles Widmore
Estos tres persoaxes encarnan a figura de líder operacional do grupo de "Los Otros" fóra do templo, onde o líder espiritual semella ser, dende fai tempo, Dogen. A diferencia de Charles e Eloise, Ben pode ser considerado como a peza mestra de Némesis. Un home manipulador, capaz de convertirse en líder pero, a súa vez, fácilmente manipulable, débil de moral e sen escrúpulos, características que o convirten no candidato ideal para servir aos fins do home de negro. Resulta lóxico pensar que foi Némesis quen moveu os fíos para que Ben fora disparado de neno e salvado no templo, chegando incluso a "visitalo" na forma da súa nai morta. Por outro lado, Ben nunca mantivo contacto con Jacob (segundo as súas palabras) e, ademais, posiblemente o enfurecera cando cambiou a espiritualidade do templo pola comodidade de Dharmaville.

A posición que ocupan Charles e Eloise no taboleiro é confusa e resulta difícil decidir en que bando están. Durante a súa estancia na illa compartían con Richard a responsabilidade de protexer aos demais membros do grupo e acatan as ordes que, supostamente, lles trasmitía Jacob através de Richard, ata a chegada de Ben. Sen embargo, despois de saír da illa, Widmore está obsesionado con voltar e utiliza tódolos seus recursos para conseguilo, mentres Eloise é quen axuda a volver aos Seis de Oceanic. A diferencia do pobre Ben e, incluso de Richard, ambos parecen coñecer a existencia da gran batalla que se aveciña entre Jacob e Némesis. ¿Como poden sabelo se están fora da illa? Son pezas do home de negro dende que estaban na illa ou, de forma similar ao que acontece con Iliana, Jacob foi visitalos para pedirlles a súa axuda. Se me permitides a licencia de apostar, Widmore, fiel a Jacob, e Eloise acaba convertíndose noutra peza máis de Némesis, sen ser consciente.
  • Dogen e os resto de inquilinos do templo
Son persoas que acabaron na illa pola influencia directa de Jacob, algunhas delas supervivintes do naufraxio de Black Rock, e conforman o seu exército principal no caso de necesitar defender as súas pezas clave.
  • Viaxes no tempo e demais propiedades pseudofantásticas (non pseudofísicas) da illa
Os movementos espacio-temporais da illa son causados por diversos efectos electromágneticos (ex: o efecto Casimir), causados pola presenza de bolsas de materia exótica, que permiten crear "mini-agujeros de gusano". Falando en serio, o taboleiro sobre o que se desenrola a partida posee unha serie de características especiais que poden ser aproveitadas e deben ser consideradas polos xogadores para realizar cada un dos seus movementos. Podemos pensar que é unha forma de darlle máis emoción á partida.
  • Os números chungos
Son os coeficientes da ecuación de Valenzetti que predice o momento exacto no que a humanidade se extinguirá a sí mesma. Ademais, cada un destes números está asociado a algún dos "candidatos" que quedaban sen tachar. O patrón para asociar números e "candidatos" non é coñecido polo de agora pero parece ter gran unha relevancia.

Seguro que despois de ler estas interminables entradas, seguides tendo centos de dudas sobre cómo encaixar as pezas do complexo puzzle creado pola serie, pero neso reside precisamente a súa grandeza ou o seu punto máis débil, dependendo de como se mire. Calquera cousa que se vos ocurra que non encaixe, comentario e tentaremos darlle unha explicación. Comezo eu: ¿Por que Sun non viaxou ata 1977? ¿Cal e a súa relevancia na partida?

PD: O 23 de Maio vou reler esta entrada e votarme unhas risas do perdido que estaba a tan só 12 capítulos do final da serie.

6 comentarios:

Josef Stalin dijo...

TRUÑO II, se avecina suicidio colectivo.

Anarky dijo...

Aveciñas consagración na categoría de clásicos das series de TV de tódolos tempos, xD.

Carlos dijo...

Yo creo (contiene spoiler del 6x05) que ya no hay más niveles superiores, Jacob y Némesis son los superiores, y creo que la partida continúa. Jacob no está muerto ya que no tiene corporeidad, simplemente ha muerto el cuerpo en el que se encerraba y debe buscar otro, que yo creo que será el de Jack, por eso necesita que esté lejos del templo, para que no le pase nada. Además lo de provocar que Jack jodiera el faro fue un movimiento más en la partida, bien para que Némesis no pueda salir de la isla o para que nadie más pueda entrar.

Anarky dijo...

Pois eu creo que Jacob realmente sí está morto e só pode manipular as súas piezas através de Hugo polo capacidade deste de ver as persoas mortas. Non creo que queira utilizar o corpo de ninguén para reencarnarse, podo entender que esté buscando a alguén para protexer a illa, para compensar a partida ou para calquera outra historia que se lles ocorra ao dúo de guionista. E no caso de que necesita a alguén teño as miñas dúbidas de que sea Jack, quen sí deberá xogar un papel importante, igual que Hugo por eso os alexa do templo.

Jacob quere que Jack se dé conta de que é importante no xogo por eso o atrae ao faro, para que vexa que foi vixiado e encamiñado cara a illa por un motivo. Pódese especular con que quería que Jack rompera o espello ou non, pero as únicas funcións que coñecemos do espello máxico son para vixiar e, quizáis, para axudarlle a alguén a atopar a illa; non creo que sea un mecanismo para que Némesis escape da illa. Esa é outra, non lle vexo moita intención a Némesis de saír polo momento, parece máis que se quere cargar aos aliados de Jacob e aos candidatos que se poñan a tiro.

Anarky dijo...

"para que nadie más pueda entrar"

Nesa illa alguén máis ten que entrar e creo Jacob sí quere que chegue a illa... senón recordo mal non están todos os membros dos Seis de Oceani. E o de Desmond é unha gran incógnita pq ten que aparecer en escea pronto. Supoño que pronto farán un flash sideway del ou doutro persoaxe que esté fóra da illa para contarnos o que se está cocendo no mundo real (Desmond, Penny, Widmore, Eloise e algún colega máis de Jacob).

Carlos dijo...

Desmond entra seguro porque "la isla no ha acabado con él". La cuestión es cómo. O quizás influya en el devenir de la isla sin necesidad de volver a ella, como es especial...