sábado, 27 de febrero de 2010

Instalacións deportivas da UDC

A folga de carácter indefinido, covocada polo persoal de ximnasios e complexos deportivos en Galicia, obrigoume a buscar alternativas para continuar cos meus adestramentos de cara as medias de primaveira posto que, o ximnasio ao que habitualmente acudía, permanece pechado dende o día 1 deste mes. Esta intensiva búsqueda permitiume acceder á información das instalacións deportivas que ofrece a Universidade da Coruña e das súas diferentes tarifas.

Para os membros da comunidade universitaria existen dúas maneiras de poder facer uso destas instalacións. Por un lado, pódese solicitar o abono deportivo que custa 30 euros anualmente e que permite acceder a maioría de servizos sen custo adicional e por outro, a posibilidade de facerse socio de forma gratuíta que che permite acceder aos mesmo servizos pero cunhas tarifas diferentes as de abonado.

No pabillón de deportes de Elviña hai dispoñibles numerosas instalacións para uso de socios e abonados. En principio, as máis interesantes para a xente relacionado co mundo do atletismo son:
  • A sala de musculación situada no pabillón de deportes de Elviña. Para poder facer uso desta sala os abonados terían que pagar 30 euros cada cuatrimestre e os socios 50 euros. Non se pode pagar para ir días soltos, hai que pagar a couta total do cuatrimestre. Non está dispoñible para xente que non pertenza á comunidade universitaria. Está aberta de luns a venres de 15:00 a 21:00 dende setembro/outubro ata finais de xunio. Resulta moi económica respecto da maioría de ximnasios xa que, un abonado tería que pagar 90 euros por 9 meses (10 euros/mes).
  • As pistas de atletismo situadas ao redor do campo de fútbol de Elviña. Gratuítas para abonados, teñen un custo de 1 euro/sesión para socios e 2,20 euros/sesión para membros que non pertenzan á comunidade universitaria. Nestes dous últimos casos é necesario sacar unha autorización para o seu uso na administración do pabillón de deportes (1). Tamén existe a posibilidade de sacar un bono de atletismo de 10 sesións que custa 6 euros para socios e 12 para non universitarios e tamén se solicita na zona da administración. As pistas están abertas dende as 15:30 ata as 21.30 de luns a venres.
Estas pistan son de "tartan", son menos duras que o asfalto da carretera ou o hormigón das aceras, polo que os músculos sofren menos impacto e absorben menos vibracións. Son ideais para facer series xa que se nota menos rozamento ao correr e ofrecen maior sensación de velocidade e deslizamento. Outra opción é correr polos arredores do campo de fútbol sobre herba que minimiza máis o impacto sobre o chan e contribúe a fortalecer os músculos posto que, a forza que se require para correr por terreo brando e irregular, é maior. Desvantaxe: para entrear fondo é unha tortura dar voltas e voltas ao mesmo percorrido.

Distancias : 400 m na pista pola calle interior (corda), 450 m na pista pola calle máis exterior e 350 m pola herba ao redor do campo de fútbol.

  • Outro deporte que me gusta practicar, a pesar de que o teño bastante abandoado, é o tenis. En Elviña tamén hai unha pista de tenis que pode ser alugada por membros da comunidade universitaria ou por persoas externas. Os abonados poden disfrutar da pista de xeito gratuíto, os socios teñen que pagar 2,50 euros/hora e persoas alleas á universidade, 6 euros/hora (menuda cravada). No caso de ir xuntas persoas con diferente estatus, cada quen paga o que lle corresponda. A solicitude deberáse facer na administración do pabillón ou no seguinte link.
Podedes completar toda esta información ou ver a correspondente a outras instalacións da UDC neste link do servicio de extensión universitaria.

Pinchade nesta imaxe para agrandar o mapa

(1) A entrada para facer tódolos trámites administrativos: facerse abonado, socio, comprar bono de atletismo, solicitar un permiso para as pistas, alugar pista de tenis, ... está sinalada no mapa como administración e atópase fronte á facultade de maxisterio.

2 comentarios:

Peque dijo...

Enton... vas facerte socio, abonado, ou visitas esporádicas?? ou prefires vir este venres a Ferrol a quemar calorías pola noite??

Anarky dijo...

Eu xa me fixen socio a semana pasada e estou utilizando as pistas de atletismo, saqueime o bono e cada sesión saeme a 0,6 euros cando mo piden pq onte, por exemplo, non había ninguén controlando. Se convenzo a alguén gustaríame xogar un partidiño de tenis e o da sala de musculación non sei aínda que facer pq os do meu ximnasio siguen en fola.
Estou seguro de que en Ferrol vou keimar moitas calorías de noite pero nada comparado coas q vou inxerir ese día e o seguinte de resaca.