sábado, 30 de enero de 2010

Up in the air

Despois dun longo período sen acudir ao cine por falta de tempo e de películas mínimamente apetecibles, centrado na cantidade de series que estou a seguir actualmente, este venres pola noite decidimos acercanos ata os Filmax para ver se había algún film o suficientemente interesante cómo para gastar os máis de 7 euros que costa agora mesmo o cine. Como tódolos anos por estas datas avalancha de películas destinadas a acaparar as nominacións dos oscars, entre as que destacaban Nine, Invictus, Avatar ou Up in the air. Logo dun compricado proceso de selección, a elexida foi Up in the air, dirixida por un semidescoñecido Jason Reitman, director de películas como Juno, factor que seguramente pesou bastante na decisión final.

Up in the air busca reflexionar sobre a complexidade das relacións humanas e sobre a distinta forma que ten cada persoa de entender os seus entresixos, utilizando como elemento conductor da historia as vivencias dos seus tres persoaxes principais, destinados a entenderse a pesar das enormes diferencias que os separan.


Destaca por riba de todos, Ryan Bingham, interpretado con sobriedade por George Clooney, un home que anhela viaxar dun lugar a outro, sen permanecer demasiado tempo en ningún lugar e evitando establecer calquer tipo de relación coas persoas que o rodean. Esa facilidade para evitar crear vínculos emocionais co resto de persoas fano o candidato ideal para o seu traballo: despedir persoas cando os seus xefes non teñen a suficente valentía para facelo e ofrecerlles alternativas para encauzar as súas vidas a partir dese momento. Un emprego terrible que lle fai entrar en contacto coas miserias/desesperanzas dos seus semellantes pero que, sen embargo, lle permite viaxar prácticamente tódolos días do ano, sempre lixeiro de equipaxe (material e emocional).

Superficial e reconfortado pola vanalidade que impregna toda a súa existencia, o destino ofrécelle unha oportunidade perfecta para cambiar a súa peculiar visión das cousas e romper esa coraza que se creou durante anos, cando irrumpe na súa vida, Natalie Keener, interpretada por Anna Kendrick, disposta a actualizar o proceso de despido utilizando as ventaxas que ofrecen as novas tecnoloxías, evitando, deste xeito, que Ryan e os seus compañeiros, teñan que viaxar por todo o país para realizar os despidos cara a cara.


Natalie móstrase como unha muller moderna, intelixente e, sobre todo, ambiciosa que, sen embargo, tende a idealizar (e planificar) as relacións de parella, repetindo vellos estereotipos que a sociedade impuxo históricamente sobre a condición femenina e que o cine reflexa constantemente, aínda que pronto se dará conta de que a realidade é moi distinta de como a súa xuventude lle fai vela e a súa paixón pola vida contrasta coa confirmade que amosan os outros dous protagonistas da historia, machacados polas súas experiencias. Apoiada nos seus estudios de psicoloxía, cree que é posible mecanizar as reaccións humanas pero pronto descubrirá que non resulta tan sinxelo sintetizar nun conxunto de instruccións o imprevisible que resultan as reaccións de cada persoa.

E, finalmente, Alex, interpretada por unha guapísima Vera Farmiga, unha muller madura que comparte con Ryan Bingham o seu gusto por viaxar e por minimizar as implicacións morais que supoñen as relacións (ou as que a sociedade nos quere facer ver), e que acaba por convertirse no elemento decisivo para acelerar o cambio emocional do noso protagonista.


A partir de aquí a película pérdese en continuas reflexións profundas e semifilosóficas sobre a vida, sobre a búsqueda da identidade de cada persoa, sobre o medo de envellecer aislado e en soedade e demais psicoloxía barata, abuso de esteoreotipos sociais, todo ben removido cunha boa dose de pasteleo e sentimentalismo e, finalmente, rociado con toques de humor, ao mais puro estilo irmáns Cohen, que acaba por crear unha película de manual, desas que convencen por igual a membros da academia, a crítica especializada e a espectadores con gañas de reflexionar, destinada a acaparar unha boa recua de nominacións pero que carece da frescura doutras películas do mesmo xénero como, por exemplo, a súa predecesora Juno.

Toda esta parrafada que vos acabo de soltar non significa que non se trate dunha boa película, moi coidada técnicamente e cunhas interpretacións e diálogos, por momentos, maxistrais, especialmente no que se refire as interpretacións de George Clooney e Vera Farmiga e, por suposto, moi recomendable para ver e para reflexionar, eso sí con coidado, sobre a importancia de elexir a forma na que queremos vivir a nosa vida, sobre as relacións persoais ou, xa tirándome ao vacío, sobre cómo as novas tecnoloxías (e as redes sociais) están crando un novo modelo de relacións humanas, favorecendo que se volvan máis frías e impersoais.

Valoración persoal: 7

12 comentarios:

Pablo dijo...

Te digo lo mismo que en el blog de Carlos, mia que ver esta peli antes que Avatar... 2.039M $, las cifras hablan por si solas y nada de lo que os pueda decir hará que os llegueis a imaginar como es, asi que: Id a verla ya!!
(mañana voy a verla por 6ª vez juas!)

Peque dijo...

Eu avatar supoño que tamén a acabarei vendo, pero despois do teu comentario, apeteceme ver esta antes.

O mellor e que me sinto identificado co que contas do personaxe de George Clooney (ainda que eu son mais guapo e teño mais estilo)

Anarky dijo...

Lendo o teu comentario Pablo vexo que só me ofreces un argumento para ver Avatar, que todo o mundo a foi ver. Eso suxireme dúas cousas:

1. Que o marketing da película funcionou perfectamente.

2. Que a xente é altamente impresionable e suxestionable.

Supoño que a irei ver aínda que vin todo tipo de críticas a cerca da película, así que non sei... terei que xuzgalo por min mesmo.

Anarky dijo...

Peke entendo que te sintas identificado coa historia do protagonista e estou seguro que esta película che vai gustar.

E no tema das comparacións con George, estou completamente de acordo contigo, ademais ti es máis novo.

Pablo dijo...

Ejem... por supuesto que aqui cada uno tiene que juzgar por si mismo, a unos les gustará más y a otros menos, pero como he dicho nada de lo que te pueda decir puede hacer que te imagines como es, asi que ese dato "solo" es un dato.
Por cierto el marketing de la peli no funcionó nada bien, pq la gente aún piensa mal del 3d, vamos que no tiene ni idea; funcionó mucho mejor el "boca a boca" que el marketing en si.
¿Altamente impresionable y sugestionable?Primero mira la peli antes de sugerir nada anda.

Simón dijo...

Eu fun vela en 2D, porque despois de intentar un par de veces conseguir entradas para 3D acabei desesperado (non se me ocorreu o de internet, mira ti). En 2D, aínda que tiña efectos en cantidade e era unha pasasda visualmente... o guión cantaba moito (si, todas esas críticas que falan de Tarzán ou Pocahontas teñen razón).
Case un mes máis tarde "tiven" que volvela ir ver, e esta vez foi en 3D, cos asentos vibratorios e todo (reservada, agora si, por internet). E macho, como cambia o conto. A historia si: non vai pasar á historia para nada. Non conta nada novo, nin o conta dun xeito diferente. Pero o espectáculo visual, a "experiencia"...
Hai que ir vela, sinceramente. E sairás desexando que se fagan en 3D outras pelis cun guión algo máis profundo :)

Anarky dijo...

Estou seguro de que visualmente a película é unha pasada e supón unha revolución absoluta no cine, pero se a historia falla para min non será unha boa película porque ambas cousas se deben complementar, neso precisamente consiste o cine en contar unha historia. Como dixen antes terei que vela para poder darvos ou non a razón... será pronto.

Josef Stalin dijo...

Ir a ver una película con la escusa absurda del 3d es la gilipollez más grande de la historia del cine y me apuesto un riñón a que de aquí a dentro de 10 años se harán chistes sobre los ÑORDIS que se gastaron un pastizal para ver un truño de película con la escusa del 3d,avatar es como y la atracción 3d de las ferias que te meten en una furgoneta que se mueve y dentro hay una pantalla de cine, que al principio lo petó pero luego con el paso del tiempo la gente se dio cuenta que eso era una mierda pinchada en un palo. Una película es una historia bien contada y que te emocione en todos los sentidos, y no una simple unión de imágenes sonidos sin orden ni concierto y sonidos a todo meter, pero eso sí muy bien hecho tecnicamente. Por lo menos yo me niego a ser un pringao que fue a ver AVATAR

Pablo dijo...

Bueno es que a mi la gente que se cree superguay por no ver algo que gusta a todo el mundo como que me dice muy poco. Además ese argumento es bastante cutre pq lo mismo pensaras de gente que veia pelis en blanco y negro y luego llego el color...en fin cada uno con lo sullo.
La historia de Avatar vale que no sea nada nuevo, pero casi todo en el cine está inventado y a mi personalmente no me importa tanto lo que sucede sino el cómo y el por qué...si vas a ver Avatar y me dices que no te emociona es que no tienes corazón (seguro que te seduce la idea)
Te diré lo que más me gustó de la peli todas las veces que la vi: cuando se quedan en silencio las escenas sentir como todo el mundo está callado, con los ojos clavados en la pantalla y alucinando y sintiendo lo mismo que tú.

Anarky dijo...

"Además ese argumento es bastante cutre pq lo mismo pensaras de gente que veia pelis en blanco y negro y luego llego el color".

A min dame o mesmo ver unha película en cor que en branco e negro mentres sexa unha boa película e unha historia convincente e, de feito, moitas das consideradas mellores películas da historia, son en blanco e negro.

De feito a maioría de boas películas en cor seguiríano sendo en branco e negro, que é bastante distinto do que estamos a falar aquí... que unha película necesite recurrir aos efectos do 3D para atraer ao espectador, algo semellante ao que ocorre coas películas de acción, vacías de contidos case sempre,onde os efectos especiais (estes films en branco e negro si que é verdade que perderían bastante) son o maior reclamo para o espectador.Creo que analoxía está bastante clara.


"... si vas a ver Avatar y me dices que no te emociona es que no tienes corazón (seguro que te seduce la idea)"

Coidado con esta afirmación... se les a crítica de Up in the air ou algunha outra, xa te fas unha idea de que a min a sensiblería facilona do cine americano non me gusta nada de nada e paréceme que o señor Cameron é do único que gasta.


"Por cierto el marketing de la peli no funcionó nada bien, pq la gente aún piensa mal del 3d"

Estás de broma, unha película que che venden dende fai meses e meses a todas horas coma a revolución absoluta do cine tal e como o coñecemos, comparable ao paso do branco e negro a cor ou do cine mudo ao sonoro, non creo que fracasara no aspecto marketing. E sigo dicindo que as opinións sobre Avatar están bastante divididas. De todas formas ireina ver e se merece que lle faga unha crítica xa a leredes.

Un saudo.

Josef Stalin dijo...

Estoy con Oscar al 101% hablar de buen cine y mejora del cine poniendo de ejemplo el blanco y negro es algo de GAÑANAZO.
No tengo más que decir

Pablo dijo...

Lo que esta claro es que cada uno tiene una percepción distinta del cine. Es un arte más y como tal requiere un trabajo, una producción, desarrollo de IMAGEN...no es solo cosa del guión.
Te voy a poner un simple ejemplo, Matrix es una gran pelicula, con un guión super original y unos efectos que marcaron una referencia a seguir...¿crees que esta peli se hubiese lanzado si estuviese en blanco y negro?para mi que seria un handicap importante.
Lo mismo pasa con Avatar, tener esta idea en la cabeza desde hace mas de 15 años, dedicar 7 años de tu vida al desarrollo de las cámaras para poder realizarla es para hecharle wevos y yo, personalmente, valoro mucho ese trabajo (aunque SOLO sea para meterle efectos 3d...vaya perdida inutil de tiempo). ¿De verdad pensais que Avatar no acaba de hacer un hito en la historia del cine?¿que ha marcado el camino a seguir a partir de ahora?
En fin, lo único que queria decir con estos comentarios es que es una pelicula digna de ver, al menos una vez, que gustara mas o menos, pero que no decepciona, asi que por favor no agais afirmaciones tan categoricas si aun no la haveis visto. Cuando hagas la critica en el blog quizas podamos comentar algo, pero yo tampoco tengo nada mas que añadir.

P.D. Josef no te equivoques, no seras uno de los pringados que va a ver Avatar, sino uno de los pringados que no la va a ver.