martes, 8 de septiembre de 2009

Noite de adiviñanzas

Lendo esta entrada no blog de jaichachu viñeron a miña memoria aquelas interminables noites na residencia universitaria que se prolongaban ata altas horas entre conversacións, chistes malos ou viciando a calquera xogo de PC, ... Unha das cousas que recordo con maior nostalxia son as adiviñanzas que me plantexaba algunhas noites o meu compañeiro e que remataban por atraer toda a miña atención, sen poder durmir, ata conseguir atopar a súa solución. En realidade, tratábanse dunha versión máis refinada e interactiva do tradicional concepto de adiviñanza.

Un interlocutor narra a escea final dunha historia, describindo unha serie de detalles relevantes que a outra persoa debe utilizar para descifrar os acontecementos que desencadearon ese final, realizando de xeito repetitivo preguntas que só poden ser contestadas cun sí ou cun non (tamén se pode responder que a pregunta non é relevante). Deste xeito, só utilizando os datos iniciais e a información que se extrae das sucesivas respostas, debemos ser capaces de descifrar o enigma. Aquí vos propoño un dos acertixos que máis tempo e esforzo me costou resolver:

"Un home entra nunha habitación e atopa a Xulieta tirada no chan, rodeada de auga e cristais por todos lados. Cando se achega á fiestra dase de conta de que está aberta... ¿Que lle aconteceu a Xulieta?"

7 comentarios:

Iago Porto dijo...

Merda! Co que me molan estes xogos e pos unha da que sei a resposta! :(

Peque dijo...

Menos mal que hoxe en día San Google sabeo todo. Se queredes ver a solución ó enigma...

http://www.acertijosyenigmas.com/2008/08/27/pensamiento-lateral-causa-de-la-muerte/

E quik, na mesma páxina hai máis adiviñanzas se che molan ese estilo de xogos. A min raianme un huevo, porque son parvo, e non teño paciencia ningunha.

Iago Porto dijo...

Peque aguafiestas!! Se trata de ir haciendo preguntas en los comentarios :P

Peque dijo...

Non se trataba de fastidiar :(

Pero os que queiran por a proba a sua capacidade poden obviar a miña mensaxe, ¡e seguir facendo as preguntas!

panchito el glu glu dijo...

Viendo la solución tiene más sentido, porque mi respuesta iba a ser:

"Julieta era una ladrona que se descolgó del tejado con una cuerda a lo Spiderman, pero al querer atravesar el cristal de la ventana se cayó contra la esquina de la mesa, se partió la crisma y la palmó. El dueño de la casa sabía su nombre porque le mangó la cartera y llevaba el dni en ella".

Conste que tiene sentido porque anarky en ningún lugar ponía que Julieta no tenía signos de violencia.

Anarky dijo...

Pero panchito, a cousa non se trata de inventar unha historia surrealista que explique o final, senón que hai que ir facendo preguntas de resposta sí ou non e ir adiviñando o que pasou, xD.

Lóxicamente hai moitos acontecementos que explican o final, pero ti tamén te fuches ao máis morboso e extraño, xD...

panchito el glu glu dijo...

Ya sabes que me va el morbo :D