viernes, 19 de marzo de 2010

Alejandro Valverde

Este martes o Tibunal de Arbitraxe Deportiva (TAS) ratificou a sanción de dous anos de suspensión imposta polo Comité Olimpico Nacional Italiano (CONI) sobre Alejandro Valverde que lle impedirá correr en territorio italiano ata Maio do próximo ano. Sen embargo, esta sentencia semella ser máis grave do que en principio se pode pensar posto que é a primeira vez que un órgano deportivo competente a nivel global admite que existen probas de que Alejandro estaba implicado na Operación Puerto. A consecuencia inmediata será a petición conxunta da Axencia Mundial Antidopaxe (AMA) e da Unión Ciclista Internacional (UCI) para facer extensiva esta sanción a tódolos países, por agora só localizada en Italia.

Ante toda esta sucesión de acontecementos que se remontan ao 2004, cando Alejandro era corredor do límpisimo equipo Kelme - Comunitat Valenciana e o seu médico era "Don Milagros" Eufemiano Fuentes, e que está dando os seus últimos coletazos neste 2010, non me queda outra que preguntarme se é xusto que sancionen a Valverde. Creo que a resposta máis acertada sería ... dende un punto de vista legal, sen dúbida algunha, pero dende un punto de vista deportivo, non está tan claro.

Deixando a un lado todos esos argumentos vanais que xustifican que a famosa bolsa nº18 incautada durante a Operación Puerto, Valv-Piti, se corresponde ou non co sangue de Valverde, basándose en que o seu perro se chamaba ou se deixaba de chamar Piti, o único que está claro é que o máximo estamento legal deportivo declarou culpable a Alejandro de tentativa de dopaxe a vista das probas presentadas pola acusación (CONI). É dicir, o ADN da famosa bolsa coincide co ADN de Valverde e, polo tanto, danos o mesmo que o murciano sen ningunha visión de carreira esté todo o día mareando a perdiz nas entrevistas que concede, intentando convencernos de que non tivo nunca un perro que se chamara Piti.

Esta evidencia supón un cambio radical para a legalidade do proceso que, dende fai preto de seis anos, intenta demostrar a implicación de Valverde no maior escándalo de dopaxe destapado no noso país e impoñerlle as sancións correspondentes. Atrás quedan tódalas especulacións basadas no feito de que a maioría de compañeiros do seu equipo confesaron doparse por aquela época, en que "Don Milagros" Eufemiano Fuentes era o seu médico ou, sendo mal pensados (1), no feito de que se retirara o día despois de subir silbando o Galibier.

A pesar do intento desacerbado de Lissavetzky e da súa cuadrilla de esconder toda a porquería que tiñan entre as mans, meténdoa debaixo da alfombra, poñendo continuas trabas aos organismos internacionais, escudándose en absurdos vacíos legais relacionados coas competencias (ou máis ben a incompetencia dalgún), e sempre presumindo ante os medios deportivos, interesados cómplices, de que en España se facía todo o posible na loita contra a dopaxe, a verdade finalmente sae a luz. Neste aspecto, só me queda expresar a incredulidade e a o sentimento de vergonza que me queda cada vez que penso que tivo que vir o CONI impoñer a xustixa que aquí fomos incapaces de impartir para protexer os intereses dunha serie de persoaxes detestables. Esos mesmos que seguirán pavoneándose de encumbrar o noso deporte ás cotas máis altas endexamais alcanzadas.

Deportivamente, Alejandro Valverde nunca deu positivo en ningún control antidopaxe, a pesar de ser un dos ciclistas máis vixiados do panorama internacional, perseguido durante anos e que, como consecuencia, pasa unha enorme cantidade de controles cada ano. A pesar deso, foi capaz de conseguir importantes éxitos en diferentes carreiras, clásicas, carreiras importantes dunha semana ou a Vuelta a España, ... se cadra con menos suficiencia que cando Eufemiano lle pasaba as súas habichuelas máxicas. Ademais, está demostrado o seu intento de dopaxe pero non se pode demostrar (legalmente), de ningún xeito, que en realidade recurrira finalmente a esas prácticas, ... cecais só gardaba unha bolsiña de sangue para un apuro, xD. Sen embargo, sería inxusto non sancionalo simplemente basándonos neste argumento, xa que outros moitos corredores que tampouco deron positivo en ningún control sí foron sancionados empregando argumentos menos sólidos, como o caso de Rasmussen, expulsado do Tour 2007, poñéndolle desa forma en bandexa o primeiro Tour a A.C., quen encarna a esperanza dun novo ciclismo sen dopaxe.

Ante a certa evidencia de que sí se dopaba cando corría no Comunitat Valenciana (no Caisse d'Epargne seguro que se quitou desas innobles prácticas) e que nunca deu positivo nun control antidopaxe, eu só podo sacar unha conclusión: os controles naquela época non servían absolutamente para nada, situación moi diferente a que se vive nos tempos actuais, onde os corredores dos equipos importantes que se dopan caen como moscas, ... ah! esquecíame que agora non se dopa ninguén.

(1) Recurrindo ao refraneiro popular, "pensa mal e acertarás".

4 comentarios:

Carlos dijo...

Para mí no hay consideraciones entre un punto de vista deportivo y/o legal: las hemotransfusiones son dopaje, y tener almacenada sangre es dopaje, independientemente de si te pillan usándola o no.

Si por ejemplo durante la celebración de una carrera pillan un coche del equipo con un montón de bolsas de sangre de los corredores, ¿verdad que no tienes dudas de que hay que sancionarlos? Pues este es el mismo caso, no me vale lo de : "no la usó" o lo de "la guardaba por si acaso" (lo cual no se lo cree nadie).

Por lo tanto, y dado que el ADN de la bolsa Valv-Piti coincide con el de la sangre que le quitaron a Alejandro en Pratonevoso, el colega debe ser sancionado con todo el peso de la ley: estoy harto de los tramposos.

Respecto a la duracion / vigencia de la sanción sólo veo dos opciones justas: o que tenga caracter retroactivo y empiece en mayo de 2009 y le quiten todo lo que ha ganado desde entonces (lo que supondría que Samuel Sanchez tendría una Vuelta a España, durísimo) o que empiece a día de hoy y dure hasta 2012. Lo que no me vale es que dure sólo hasta mayo de 2011 y encima no le quiten lo que ganó desde mayo 2009.

panchito el glu glu dijo...

No sé como se suele actuar en ciclismo, pero ese de que sólo estés sancionado en un país y en el resto puedas seguir corriendo me parece una soberana tontería.

Si los italianos le han sancionado por algo será, como dice Carlos, no tienes las bolsitas por si acaso, así que le toca joderse y apoquinar la sanción como todo hijo de vecino.

Y en cuanto a la forma, el método que se sigue en atletismo (el que yo conozco), lo que hacen es que te sancionan de manera retrospectiva y se anulan todas tus participaciones, da igual que ganaras o no, se te excluye en TODAS. Con lo que a afectos legales si se aplica esta fórmula el buen señor Valverde es como si no corriera desde mayo de 2009, con lo que el amigo Sánchez tiene una Vuelta a España (y si no me equivoco Ezequiel Mosquera sería 3º y el Xacobeo Galicia estaría en el podio, lo cual aún es más duro todavía).

Anarky dijo...

"cecais só gardaba unha bolsiña de sangue para un apuro". Está claro que esta frase era irónica.

Estou dacordo con que Malverde sexa sancionado deportivamente, pero a evidencia é que nunca deu positivo nun control antidopaxe sendo un dos ciclistas máis perseguidos do pelotón. Existe unha evidencia ao 100% de que se dopaba na estructura do Kelme, pero non de que o faga no Caisse d'Epargne. Se ben todos intuimos que é moi raro que A.C., Malverde e algún máis gañen sen despeinarse a ciclistas que sí van dopados ata as trancas e dan positivo.

"el colega debe ser sancionado con todo el peso de la ley: estoy harto de los tramposos." Se estás harto dos tramposos, coidado con ensalzar a figura de pavos que fan dando exhibicións por Flandes, porque aquí o colega ten de director ao amigo Bjarne. E non falemos do empresario de Texas ou de Risitas.

E quitarlle a Volta a España a Valverde para darlle o pavo das alergias selectivas, algo moi de moda, pois que queredes que vos diga, Samuel vai limpísimo, nese equipo na que os vascos lles pagan as medicinas a todos os cracks.

E pareceme moi ben o do método retrospectivo para sancionar a Malverde, pero entón que a sanción comece en 2004, posto que a suposta dopaxe foi realizada nesta data. E, senón recordo mal o cuarto da Volta a España do ano pasado foi Basso, así que Ezequiel mellor que se dedique a diseñar marchas cicloturistas.

Carlos dijo...

El colega al que te refieres tiene de director a Bjarne y de médico a Checcini..., pero aquí no se es culpable hasta que no te sancionan, y a "18.- Valv-Piti" ya lo han sancionado en Italia y están a punto de hacerlo para el resto del mundo.

Sé que es una decepción que sancionen a alguien a quién has adorado e idolatrado, pero el mundo del ciclismo es así de duro, yo ya me llevé muchos varapalos con ciclistas que me encantaban como Pantani o Vinokourov, así que ya no me creo nada de nadie.

Y no sé a qué tienes que sacar al empresario especializado en la venta de pulseras aquí que no viene a cuento para nada, y mucho menos debes ponerlo en la misma frase que al cocainómano consumidor de éxtasis "pin pan toma lacasitos" :P