lunes, 31 de agosto de 2009

Adiccións modernas

Nun dos capítulos dos Simpsons emitidos onte pola noite en Antena 3, Melvin Van Horne, máis coñecido como o actor secundario Mel, pronunciou unha frase bastante representativa sobre a conducta humana nestos últimos anos, que é posible extender a outros confortables espacios en Internet que facilitan a procrastinación, como son as redes sociais, os foros ou os xogos online.


"Los aplausos son tan adictivos como la heroína o consultar si tienes nuevos mensajes en tu correo electrónico".

Segundo un estudio realizado por Dr Thomas Jackson da Universidad de Loughborough, no Reino Unido, a mente humana necesita aproximadamente uns 64 segundos para retomar unha actividade que estaba realizando ante a presencia dunha distracción. Ademais, estimaba que o tempo medio necesario para leer un correo e contestalo sitúase entorno a 1 minuto e 44 segundos, tempo necesario para leer o correo, evaluar a súa importancia e a necesidade de ser respostado e, finalmente, responder no caso de que se considere necesario.

Estas cifras tradúcense nunha serie de conclusións que resultan un tanto preocupantes. Se un traballador calquera consulta o seu correo cada 5 minutos pode chegar a peder ata 8 horas e media durante a súa xornada laboral cada semana. Si extendemos estos resultados, un traballor tipo pasaría a cuarta parte da súa vida laboral lendo os mensaxes do seu correo, o que equivaldría a un período próximo aos 10 anos. Polo visto, neste estudio cren que todo o mundo se pasa máis de 40 anos traballando, algo que na maioría de países resulta unha suposición moi optimista. Por outro lado, estímase que o 32% dos correos que reciben habitualmente os traballadores de calquera empresa son inútiles para a súa actividade laboral (spam) así que, destos 10 anos, algo máis de 3 pérdense en consultar mensaxes sen ningunha relavancia.A maioría de expertos coinciden en que a consulta do correo electrónico se convertiu definitivamente nunha necesidade máis, nunha actividade repetitiva e mecánica que se foi incorporada paulatinamente ao conxunto de procesos que conforman a nosa rutina diaria. Se queredes ampliar esta información podedes consultar este link.

sábado, 29 de agosto de 2009

Vuelta a España 2009

Este sábado comeza a derradeira proba ciclista de tres semanas do ano, a Vuelta a España, sen dúbida a peor das tres grandes, moi por debaixo de Giro de Italia e Tour de Francia. Esta afirmación dista moito de ser subxetiva e está suficientemente xustificada porque:
  • A participación na inmensa maioría das súas edicións é lamentable, sustentada en corredores españois que non cumpliron os seus obxetivos no Tour de Francia ou que preparan específicamente a Vuelta a España porque non poseen as cualidades físicas necesarias para que o seu equipo os leve as restantes grandes. É dicir, son os desperdicios ou descartes das restantes carreiras. Con respecto a participación extranxeira, sempre se pode destacar algún nome, como este ano o de Andy Schleck ou Cadel Evans pero que, na maioría de casos, simplemente veñen de paseo para preparar o mundial ou no caso de que veñan a disputala son corredores de segundo nivel.
  • O recorrido resulta pouco atractivo para o espectador (e seguramente para moitos ciclistas), acadando o seu apoxeo máximo o ano pasado, onde a organización se luciu co conxunto de etapas que nos preparou e fixo o rídiculo máis absoluto que recordo eu nos últimos anos, tendo que saír no programa de humor de Carles e Perico a pedir perdón. Este problema é simplemente a consecuencia lóxica de dúas cousas: a orografía española e a falta de interés da organización, municipios, empresas... para buscar recorridos alternativos que garanticen o espectáculo. O primeiro é inevitable, en España non dispoñemos de Alpes nin Dolomitas e temos que conformarnos cuns Pirineos onde os portos son máis curtos e de menor altitude e dureza. Os restantes macizos montañosos só se prestan, na maioría de casos, a preparar percorridos con finais en alto e non auténticas etapas de montaña con 3 ou 4 portos verdadeiramente duros. Exemplos desto son as etapas andaluzas, a Covatilla ou as etapas asturianas, especialmente Lagos e Algliru. O segundo punto é un problema debido especialmente a causas económicas, falta de recursos e organización. Sería moi fermoso disfrutar dunha etapa polos Ancares lucenses, pero para eso é necesario que alguén poña o diñeiro, que se ofreza a seguridade necesaria aos ciclistas, que se dispoñan dos recursos necesarios para preparar a infraestructura que requiere unha etapa con máis de 180 corredores e que se garanticen unhas condicións mínimas para acoller a todo o que se move cunha proba destas características (staff dos equipos ciclistas, prensa, ...). Polo que, a menos que algo desto cambie, sempre nos atoparemos cos mesmos finais de etapas xa tan desgastados.
  • O palmarés desta proba é, sen dúbida, o peor de todos, aparecendo nel nomes como Álvaro Pino, Melchor Mauri, Aitor González, Ángel Casero, Abraham Olano, ... homes que en ningún caso poderían gañar ningunha outra volta por etapas de tres semanas. Esto é un feito irrefutable e mellor non falar dalgúns corredores que fixeron podium na Vuelta a España. Seguramente, este punto sea un consecuencia dos dous factores anteriores; se a participación é pésima e o recorrido non resulta suficientemente selectivo, o abanico de probables gañadores ábrese considerablemente.
  • A súa traxectoria histórica é máis curta, menos relevante e apenas goza de momento épicos e que se quedaran grabados na memoria dos espectadores, momentos que son os que realmente fan grandioso este deporte.
  • O público español enche estadios de fútbol e discotecas poligoneras nos fines de semana pero non se moviliza demasiado nas etapas da Vuelta e, salvo nas etapas de montaña, móstrase indiferente e frío ante o paso dos corredores. A cultura ciclista é moi distinta en España que noutros países con maior tradición e que viven con maior paixón este deporte, coma Francia, Italia, Bélxica ou Holanda.
  • Unha victoria na Vuelta a España ten menor relevancia e importancia que no Tour ou Giro, así que as etapas son menos atractivas para os corredores e, normalmente, menos disputadas e entretidas.
Todos estos factores e a progresiva decadencia deste deporte fan que afronte con menor interés esta Vuelta a España, que neste 2009 cumple a súa 64º edición. De todos xeitos, supoño que seguirei as retransmisións da parella cómica de TVE os fins de semana. Para comezar, onte vin a retransmisión da presentación desta proba en Holanda e surxíronme algunhas cuestións as que non acabo de atopar resposta.
  • ¿Por qué a Vuelta a España comeza en Holanda, nunha provincia con nome de futbolista do Real Madrid (Drenthe)? Podería ser lóxico que comezara en Portugal, sur de Francia ou se queredes en Canarias (non o vexo demasiado viable), pero en Holanda a máis de 1500 kms da fronteira con España.
  • ¿Por qué a etapa prólogo se disputa nun circuito destinado aos deportes de motor, en Assen? Que será o seguinte, ver a Pedrosa ou Alonso rodando en moto ou co seu monoplaza por un velódromo.
  • ¿Por qué a primeira xornada de descanso se presenta tan só despois de 3 días de competición? Realmente, neste caso sí coñezo a resposta. É necesario realizar un traslado dende Holanda ata Tarragona, para seguir co discurrir normal da proba por España. Sempre pensei que a xornada de descanso era para que os corredores descansaran pero, neste caso, sacrifícase esa finalidade para satisfacer os absurdas e extraños plantexamentos da organización.
  • ¿Por qué dúas das cinco etapas de montaña desta Vuelta a España se disputan na Comunidade Valenciana que se caracteriza polo seu terreno sinuoso? Díficil de explicar tendo en conta que están os Pirineos, Asturias, ou calquera outra zona que seguro que é máis montañosa.
  • ¿Por qué a inmensa maioría de etapas de montaña son en círculo, pasando dúas veces polos mesmos portos, unha e outra vez...? Ah sí, porque se queremos preparar etapas de alta montaña en zonas donde só hai un par de portos de entidade só nos queda pasar varias veces por eles. ¡Qué humildade!
  • ¿Por qué un tío que deu positivo nun control antidopaxe no transcurso do Tour de Francia, que só é sancionado por un ano pola afamada federación kazaja de ciclismo e que non pode correr na maioría de carreiras do circuito profesional, pode participar na Vuelta e destácase como un nome importante dentro da exquisita participación extranxeira? Namentres, outros corredores que nunca deron positivo nun control antidopaxe non poden correr no Tour porque unha etapa transcorre 40 kms por territorio italiano e a federación deste gran país emitiu unha sanción local e ilegal a tódolos efectos. Logo temos a fama que temos no panorama deportivo internacional.
  • ¿Por qué o heroe nacional A.C. non corre esta Vuelta a España? Toda unha nación orgullosa de tan gran deportista e el non defende as cores do seu honorable equipo diante dos seus compatriotas que tanto o idolatran. E eu que esperaba que fora profeta na súa terra. ¿Cando se marchará vivir a algún paraíso fiscal como outros grandes deportistas que pasean orgullosos o nome do seu país polo mundo? Non vos atrevades a criticalos que eso pode ser considerado antiespañol e unha forma rastreira de traizón a este gran e unido "país".
  • ¿Por qué as cancións da Vuelta a España son cada vez máis lamentables e cantadas por artistas tan,tan, tan coñecidos? Este ano a canción chámase "Merezco" e está cantada por unha tía de voz moi nasal que podería pasar perfectamente por un gato acatarrado. Xuzgade vós mesmos.

viernes, 28 de agosto de 2009

XXXI Carreira Popular de Santaia

O pasado domingo pola mañá celebrouse a trixésimoprimeira edición da carreira popular de Santaia, en Santa Cruz. A pesar das datas nas que se encadra esta lonxeva carreira, a cuarta con máis edicións dentro do panorama popular galego, este ano decidínme a participar para poder disfrutar do xa familiar ambiente dunha carreira popular e ademais nun terreo moi coñecido para min, xa que en moitas ocasión adestro por algunhas das zonas polas que transcurría esta proba.

Así que despois dunhas intensas vacacións e duns poucos adestramentos para habituar o corpo de novo ao esforzo físico que supón correr, plantámonos na liña de saída Gasman, Francisco (máis coñecido como panchito el glu glu) e un servidor, Anarky. O recorrido constaba de dúas voltas de 4,2 kms aproximadamente que resultaban nun total de 8,4 kms, ainda que na páxina de championchip figuraba unha distancia de 8,9 kms que distaba bastante da realidade.

Chegamos á zona donde se daba a saída en Sta. Cruz uns 40 minutos antes da hora prevista de inicio e descubro as dúas primeiras sorpresas agradables: dorsais personalizados cos nicks que cada un especificou na páxina de championchip e un regalo para tódolos participantes a escoller entre un chaveiro, unha caixa de bombóns, un colgante para o móbil e non sei se algunha cousa máis... Unha organización impecable con recollida dos dorsais en varias filas, organizadas por número de dorsal, que evitaba calquera tipo de cola (a pesar de que a participación non era demasiado numerosa) e coa correspondente música para aderezar o ambiente e un speaker, como en toda carreira que se precie. Ámbolos dous factores imprescindibles resultaron desta volta menos cansinos e raiantes do que normalmente acostuman.

Despois da recollida de dorsais e do regalo comezamos un breve quentamento que me deixou moi boas sensacións para a carreira, sen notar cansanzo nas pernas e un bo acompasamento da respiración que me permitía ser optimista (que errado estaba, xD). Comezaba a asomar o sol e notábase que ía ser unha mañá calurosa e con bastante humidade; unha mala noticia para os que nos costa sufrir con temperaturas por riba dos 20 graos, pero era mellor pensar que, sendo 23 de Agosto, a cousa podía ser moito peor. Así que despois dos últimos estiramentos, situeime prácticamente ao final da cola na saída para evitar problemas e logo dun mínimo retraso de 3 minutos daba comezo a carreira.


O circuito de 4,2 kms comezaba cunha selectiva subida duns 800 metros que, inconsciente de min e tendo en conta a miña condición física, afrontei con demasiada alegría recuperando posicións na alargada cola que se comezaba a formar. Despois desa primeira subida comeza un tramo favorable de 1 km aproximadamente que nos acercaba á praia de Bastiagueiro. Neste tramo, que se prestaba para ir collendo o ritmo pouco a pouco, acelaración demasiado brusca para o tramo da tempada no que estamos e primeiras sensacións de que o do quecemento foi un mero espellismo e de que estaba voltando á dura realidade: con pouca preparación, nunha carreira tan curta, dura e explosiva e con calor, ¿cómo c... ía ir eu ben? De todas maneiras intento aguantar o ritmo dos meus dous compañeiros a pesar de que me estou esixindo demasiado. Antes xusto de chegar á praia de Bastiagueiro, xiro a dereita e entramos nun tramo de tres repeitos cortos pero moi duros que me reventan definitivamente e o meu corpo comeza a entrar en crise. Despois do único tramo chan de todo o recorrido (uns 300 metros), chega unha subida corta pero moi dura que afronto con solvencia pero que me deixa sen alento ao chegar arriba, así que na baixada final (600 ou 700 metros), bestial na porcentaxe, decido tomalo con calma e recuperar un pouco así que deixo escaparse a Gasman e a panchito. Paso polo primeira volta sobre 18:30 e comezo da segunda volta, de novo a sufrir coa primeira subida.


Na subida collo ben o ritmo e, a pesar de notar gran cansanzo xeral e especialmente nas pernas, fago unha boa subida alcanzando e superando a panchito e recortando distancia con Gasman, de novo afronto a baixada cara Bastiagueiro a un ritmo que me permita chegar, sen forzar demasiado e afronto o tramo dos repeitos, sufrindo máis da conta, pois só levo uns 6 kms e debería ter fondo de sobra para ir máis solto. Definitivamente exploto na dura subida que nos conduce de volta a Sta. Cruz e perdo de vista a Gasman. Entro na baixada cruzado por todo, por sensacións, pola calor, polo cansanzo, porque levo a zapatilla desatada co chip a piques de caerse e rozando contra o chan, e baixo case freado, pasándome un amplo grupo de xente que fora deixando atrás e que na derradeira baixada da carreira se lanzaron a todo o que daban. Despois de 38:33 de esforzo, o mellor de todo é que a carreira se acabara e podía disfrutar dun domingo cansado pero, alomenos, sen a resaca pertinente. Ao final un tempo real de 38:18, a un ritmo de 4:32 min/km e posto 68 que, se o penso en frío non está demasiado mal.


Despois de cruzar a meta, nova sorpresa agradable por parte da organización. Como en tódalas carreiras de agasallo unha camiseta, que non está mal dende o punto de vista estético, pero había suficientes camisetas en tódalas tallas, algo que xa non resulta tan habitual, por moi básico que nos deba parecer (e acabemos cunha talla S ou XL). E para hidratarse e alimentarse, unha gran variedade de productos, dende a típica botella de auga quente e a típica pieza de fruta verde ata un apreciado powerade (tamén un pouco caldeado), unha sorpredente bolsa de patatas fritas (algo sen dúbida novedoso que, dende aquí, propoño que se extenda as demais carreiras) e incluso caramelos de múltiples sabores. Por todo esto non podo máis que darlle un sobresaínte á organización desta carreira que nos tratou aos populares de forma maxistral e da que deberían aprender outras moitas carreiras, seguramente con máis presuposto e con mellor fama.

PD: Para o ano que ven espero repetir aínda que me toque de novo aprazar un pouco a celebración do meu cumpreanos.