Vuelta a España 2009
Este sábado comeza a derradeira proba ciclista de tres semanas do ano, a Vuelta a España, sen dúbida a peor das tres grandes, moi por debaixo de Giro de Italia e Tour de Francia. Esta afirmación dista moito de ser subxetiva e está suficientemente xustificada porque:
- A participación na inmensa maioría das súas edicións é lamentable, sustentada en corredores españois que non cumpliron os seus obxetivos no Tour de Francia ou que preparan específicamente a Vuelta a España porque non poseen as cualidades físicas necesarias para que o seu equipo os leve as restantes grandes. É dicir, son os desperdicios ou descartes das restantes carreiras. Con respecto a participación extranxeira, sempre se pode destacar algún nome, como este ano o de Andy Schleck ou Cadel Evans pero que, na maioría de casos, simplemente veñen de paseo para preparar o mundial ou no caso de que veñan a disputala son corredores de segundo nivel.
- O recorrido resulta pouco atractivo para o espectador (e seguramente para moitos ciclistas), acadando o seu apoxeo máximo o ano pasado, onde a organización se luciu co conxunto de etapas que nos preparou e fixo o rídiculo máis absoluto que recordo eu nos últimos anos, tendo que saír no programa de humor de Carles e Perico a pedir perdón. Este problema é simplemente a consecuencia lóxica de dúas cousas: a orografía española e a falta de interés da organización, municipios, empresas... para buscar recorridos alternativos que garanticen o espectáculo. O primeiro é inevitable, en España non dispoñemos de Alpes nin Dolomitas e temos que conformarnos cuns Pirineos onde os portos son máis curtos e de menor altitude e dureza. Os restantes macizos montañosos só se prestan, na maioría de casos, a preparar percorridos con finais en alto e non auténticas etapas de montaña con 3 ou 4 portos verdadeiramente duros. Exemplos desto son as etapas andaluzas, a Covatilla ou as etapas asturianas, especialmente Lagos e Algliru. O segundo punto é un problema debido especialmente a causas económicas, falta de recursos e organización. Sería moi fermoso disfrutar dunha etapa polos Ancares lucenses, pero para eso é necesario que alguén poña o diñeiro, que se ofreza a seguridade necesaria aos ciclistas, que se dispoñan dos recursos necesarios para preparar a infraestructura que requiere unha etapa con máis de 180 corredores e que se garanticen unhas condicións mínimas para acoller a todo o que se move cunha proba destas características (staff dos equipos ciclistas, prensa, ...). Polo que, a menos que algo desto cambie, sempre nos atoparemos cos mesmos finais de etapas xa tan desgastados.
- O palmarés desta proba é, sen dúbida, o peor de todos, aparecendo nel nomes como Álvaro Pino, Melchor Mauri, Aitor González, Ángel Casero, Abraham Olano, ... homes que en ningún caso poderían gañar ningunha outra volta por etapas de tres semanas. Esto é un feito irrefutable e mellor non falar dalgúns corredores que fixeron podium na Vuelta a España. Seguramente, este punto sea un consecuencia dos dous factores anteriores; se a participación é pésima e o recorrido non resulta suficientemente selectivo, o abanico de probables gañadores ábrese considerablemente.
- A súa traxectoria histórica é máis curta, menos relevante e apenas goza de momento épicos e que se quedaran grabados na memoria dos espectadores, momentos que son os que realmente fan grandioso este deporte.
- O público español enche estadios de fútbol e discotecas poligoneras nos fines de semana pero non se moviliza demasiado nas etapas da Vuelta e, salvo nas etapas de montaña, móstrase indiferente e frío ante o paso dos corredores. A cultura ciclista é moi distinta en España que noutros países con maior tradición e que viven con maior paixón este deporte, coma Francia, Italia, Bélxica ou Holanda.
- Unha victoria na Vuelta a España ten menor relevancia e importancia que no Tour ou Giro, así que as etapas son menos atractivas para os corredores e, normalmente, menos disputadas e entretidas.
Todos estos factores e a progresiva decadencia deste deporte fan que afronte con menor interés esta Vuelta a España, que neste 2009 cumple a súa 64º edición. De todos xeitos, supoño que seguirei as retransmisións da parella cómica de TVE os fins de semana. Para comezar, onte vin a retransmisión da presentación desta proba en Holanda e surxíronme algunhas cuestións as que non acabo de atopar resposta.
- ¿Por qué a Vuelta a España comeza en Holanda, nunha provincia con nome de futbolista do Real Madrid (Drenthe)? Podería ser lóxico que comezara en Portugal, sur de Francia ou se queredes en Canarias (non o vexo demasiado viable), pero en Holanda a máis de 1500 kms da fronteira con España.
- ¿Por qué a etapa prólogo se disputa nun circuito destinado aos deportes de motor, en Assen? Que será o seguinte, ver a Pedrosa ou Alonso rodando en moto ou co seu monoplaza por un velódromo.
- ¿Por qué a primeira xornada de descanso se presenta tan só despois de 3 días de competición? Realmente, neste caso sí coñezo a resposta. É necesario realizar un traslado dende Holanda ata Tarragona, para seguir co discurrir normal da proba por España. Sempre pensei que a xornada de descanso era para que os corredores descansaran pero, neste caso, sacrifícase esa finalidade para satisfacer os absurdas e extraños plantexamentos da organización.
- ¿Por qué dúas das cinco etapas de montaña desta Vuelta a España se disputan na Comunidade Valenciana que se caracteriza polo seu terreno sinuoso? Díficil de explicar tendo en conta que están os Pirineos, Asturias, ou calquera outra zona que seguro que é máis montañosa.
- ¿Por qué a inmensa maioría de etapas de montaña son en círculo, pasando dúas veces polos mesmos portos, unha e outra vez...? Ah sí, porque se queremos preparar etapas de alta montaña en zonas donde só hai un par de portos de entidade só nos queda pasar varias veces por eles. ¡Qué humildade!
- ¿Por qué un tío que deu positivo nun control antidopaxe no transcurso do Tour de Francia, que só é sancionado por un ano pola afamada federación kazaja de ciclismo e que non pode correr na maioría de carreiras do circuito profesional, pode participar na Vuelta e destácase como un nome importante dentro da exquisita participación extranxeira? Namentres, outros corredores que nunca deron positivo nun control antidopaxe non poden correr no Tour porque unha etapa transcorre 40 kms por territorio italiano e a federación deste gran país emitiu unha sanción local e ilegal a tódolos efectos. Logo temos a fama que temos no panorama deportivo internacional.
- ¿Por qué o heroe nacional A.C. non corre esta Vuelta a España? Toda unha nación orgullosa de tan gran deportista e el non defende as cores do seu honorable equipo diante dos seus compatriotas que tanto o idolatran. E eu que esperaba que fora profeta na súa terra. ¿Cando se marchará vivir a algún paraíso fiscal como outros grandes deportistas que pasean orgullosos o nome do seu país polo mundo? Non vos atrevades a criticalos que eso pode ser considerado antiespañol e unha forma rastreira de traizón a este gran e unido "país".
- ¿Por qué as cancións da Vuelta a España son cada vez máis lamentables e cantadas por artistas tan,tan, tan coñecidos? Este ano a canción chámase "Merezco" e está cantada por unha tía de voz moi nasal que podería pasar perfectamente por un gato acatarrado. Xuzgade vós mesmos.
4 comentarios:
Muy bueno. No hay nada más que añadir... (Quizás sólo te discutiría la participación de "18.- Valv. Piti" que debería estar sancionado para competir en todos los países, pero eso es otro tema...)
Respecto a tema de Malverde haberá que discutir largo e tendido noutro post porque está claro que ahí hai moito tela ainda por cortar.
Hasta ahora es el post más objetivo sobre ciclismo que te he leido, y con verdades como puños.
Lo de el fan del máximo jonkie de la historia de la humanidad echando pestes del pobre Valverde no tiene nombre... Por esa misma razón deberían quitarle un tour a Amstrong.
El refrán de ver la paja en el ojo ajeno y no ver la viga en el propio se puede aplicar en este caso.
Que yo sepa el señor Armstrong todavía no está sancionado para competir en ningún sitio, y no será porque no lo han intentado por todos los medios. Valverde en cambio, sí está sancionado. Poco más hay que decir, todo lo demás son pataletas.
El día que el máximo jonkie sea sancionado me comeré mis palabras y me la envainaré, mientras tanto no.
Y eso del "pobre Valverde"... jajajajaja. Muy gracioso. El hombre descubierto por Álvaro Pino (después de eso director del Phonak, el equipo con más positivos de la historia del ciclismo)y Vicente Belda y llevado médicamente por Eufemiano Fuentes. Tienes razón: pobre hombre.
Publicar un comentario