sábado, 14 de junio de 2008

El incidente (the Happening)

Despois de bastante tempo sen ir ao cine, estas dúas últimas semanas, logo de ver "Indiana Jones y el reino de la calavera de cristal" e onte "El incidente", recordei o porqué desa voluntaria abstinencia.


El incidente é a enésima película do director hindú M. Night Shyamalan (en realidade a octava, sexta coñecida) , na cal, novamente, nos aporta a súa curiosa forma de entender certas fantasías, crenzas ou medos latentes, desde tempos inmemoriais, na mente humana, explorando, neste caso e con certo desatino, o medo humano a enfrontarse ao descoñecido, a aquelo que escapa á súa mente científica, ao que non pode controlar. Neste caso, entremesturado todo esto cunha certa mensaxe naturista ou ecolóxica, tan desafortunada como o resto da película.

Dende o meu pinto de vista, o crédito gañado por Shyamalan coa súa primeira película, "El sexto sentido", na que nos ofrecía unha particular visión sobre un dos principais temores ancestrais dos homes, os fantasmas, foise agotando pouco a pouco coas súas sucesivas películas, "El protegido", onde abordaba os aspectos máis humanos dos superheroes, "El bosque", onde tamén abordaba o medo ao descoñecido e "La joven del agua", que ofrecía unha "desvirtuada" perpectiva doutro mito creado polo home, as ninfas. Só a aceptable "Señales", onde abordaba outro medo humano clásico, como son os extraterrestres, pareceu encamiñar a Shyamalan na boa liña, se ben non foi máis que un espexismo. Todo este perrecorrido cinematogáfico, máis desafortunado que outra cousa, tornou a carreira dun prometedor director novel, encargado de aportar un aire fresco ao cine de Hollywood, nun firme candidato anual aos Razzies, máis coñecidos como os antioscar. Desta forma, pasou de ser considerado o novo Hitchcock a convertirse no sustituto do noso amigo Ben Affleck.

A pesar de todo esto, onte non tiven reparos en darlle unha oportunidade á nova película deste director, "El incidente", confiando en que retomara as súas mellores artes para ofrecernos unha película medianamente aceptable (non pido máis). Sen embargo, iluso de min, atopeime cun novo desastre cinematográfico, no que o halo de misticismo e terror deixaba paso a unha película de serie b, aderezada con momentos gore absurdos para o olvido e edulcorada con momentos romanticóns duns protagonistas ao borde da morte, moi ao estilo hollywoodiesnse e cun final feliz (moi ao estilo hollywoodiesnse, xD). En España esto non pasa, sólo hai que ver Rec ou Darkness.

Só me queda apuntar algúns consellos para Shyamalan, co firme propósito de que esto non se repita no próximo film:

  1. Intenta aprender de grandes clásico do cine, especialmente do cine de terror, como o maestro Hitchcock ( e non serve sólo imitalo en facer cameos na película), e evita seguir o exemplo do Spielberg da última década. En realidade, a película ven a ser unha mistura entre "El día de mañana" e "La guerra de los mundos" pero sen presuposto.
  2. Se es capaz de esbozar un argumento orixinal e prometedor, elabora o guión de forma pausada e coherente, e non llo deixes escribir a túa filla/o nos seus ratos libres. E preferible sacar unha boa película cada dous/tres anos como Amenábar e non dúas malas por ano. A idea dun "ecoataque" pareceume interesante e orixinal, pero francamente desaproveitada coa absurda trama que se plantexa.
  3. Evita abusar do susto fácil senon queres acabar sendo o novo Wes Craven, director de "Scream", ou peor, acabar sendo como o director deses grandes clásicos como "Se lo que hiciesteis el último verano", " Un San Valentín de muerte" ou "Leyenda urbana", do que ninguén sabe o nome.
  4. Non contrates como protagonista masculino a actores que teñen un só rexistro como Mark Wahlberg, Russell Crowe, Matt Damon, ... nin protagonistas femeninas que non sepan actuar, como Zooey Deschanel (a única explicación que se me ocorre para exegir esa intérprete femenina é que o director de casting se a .....).
  5. Se non tes presuposto, evita estrepear a película a base de escenas cutres e máis propias do gore amateur, que non aportan absolutamente nada, e céntrate en construir unha historia repleta de matices en lugar dunha trama plana e que pasa de soslaio polas cuestións centrais do film, para centrarse en aspectos vanales e repetitivos (todos sabemos que nunha situación límite, por exemplo, cando estamos a punto de morrer, queremos moito a nosa noiva e aos nosos amigos).
  6. Non pretendas reencher o film con escenas superfluas e subtramas absurdas, para que a película pase da hora de duración. En xeral, os espectadores non son tontos, vanse dar conta de que os estás tangando.
  7. E sobre todo, se tratas de que te tomen en serio no cine de terror, non tentes trasladar o toque lacrimóxeno facilón de Anatomía de Grey ao teu terreno, nin nos empalagues con secuencias "melorománticas" máis adecuadas para films comoTitanic . Cada xénero debe aproveitar as súas virtudes e capacidades innatas na súa propia definición. O mundo non se compón só de nenas adolescentes sensibleras. Non edulcores os finais para que a xente saia contenta do cine.

3 comentarios:

Curiosidades dijo...

chapis, xa me jodiche ver outra pelikula, vemonos meu

Peque dijo...

Totalmente dacordo. Vín a peli o outro día no avión voltando de Xapón, e é un bodrio impresionante.

Unha aperta

Peque dijo...

Acabóuse o actualizar o blog??

Non me podo crer que che fagan traballar...