Qué gran frase, Mr. Podolsky!
Lukas Podolsky, xogador alemán, nacido en Polonia, que actualmente milita nas filas do Bayer de Munich, será coñecido para a posterioridade, dende onte, polo seguinte frase, incomprensible para o resto de humanos:
"El fútbol es como el ajedrez, pero sin dados"
Sinceramente, non puiden parar de rir de tan "inxenioso" símil durante varios minutos, ata que finalmente non puiden evitar actualizar, despois de cerca dun ano, o meu blog para difundir semellante mostra de cultura. Para aqueles que pensen que o deporte está reñido coa cultura (case máis co sentido común neste caso), éste pode ser un bo argumento.
Desta forma, o dianteiro da selección alemana de fútbol, logo de proclamar esta gran afirmación no transcurso dunha entrevista concedida ao perdiódico alemán SPIEGEL ONLINE, durante a Eurocopa que actualmente se está disputando en Austria e Suiza, incorporase a ese gran elenco de personaxes que nos ofrecen grandes perlas lingüísticas en canto abren a súa boquiña. Ben é certo que aínda lle queda moito por entrenar para estar a altura de grandes nomes nacionais como Sofía Mazagatos, Terelu, Malena Gracia, ... ou internacionais como o gran presidente, George "Arbushto" (Chiste malo dos Simpson, sorry pero era necesario...). Menos mal que o home cumple no seu traballo, marcando os goles da victoria de Alemania a Polonia e , nun xesto que o honra, pedindo perdón por elo aos seus excompatriotas.
1 comentario:
Os meus parabens por actualizar o teu blog.
Eu non podia ser menos, e hoxe escribin media ducia de posts.
Un abrazo
Publicar un comentario