martes, 28 de agosto de 2007

Resultados da enquisa sobre mellor actor de serie

Despois de tomarme un mes sabático en tódolos sentidos, por fin atopei algo de tempo para retomar unhas das actividades que máis esquecida tiña, actualizar este blog. Así que, simplemente pedirvos perdón por este abandono das miñas resposabilidades de blogger e prometer que esto tardará en volver a pasar.

Como primeira entrada de volta de vacacións vou poñervos os resultados definitivos da enquisa sobre o mellor actor principal de serie de televisión actual, que a pesar de ser a miña primeira aposta para inagurar a sección de enquisas, pareceu non despertar demasiada curiosidade entre vós para a miña desilusión. Aquí tendes os resultados:



Tendo en conta estos resultados podemos sacar dúas conclusións moi claras:
  1. Escasa participación dos potenciales visitantes do meu blog por razóns que descoñezo. Non sei se esto se debe a que a enquisa non supoñía ningún atractivo para a maioría de visitantes, se a decisión era demasiado complexa ou simplemente que o esforzo de levar a cabo o voso voto consume demasiada enerxía. Debido o escaso número de votos, dende o meu punto de vista os resultados representan a opinión dun colectivo moi pequeno aínda que parecen ser suficientemente significativos dentro deste grupo.
  2. Hai un clarísimo gañador, coa metade dos votos, Hugh Laurie, que interpreta a Gregory House na éxitosa serie que todos coñecemos. Dende o punto de vista dos votantes, a interpretación de Hugh Laurie destaca sustancialmente sobre a interpretación de Keifer Sutherland en 24 e Robert Kneppeer en Prison Break que se colocan cómodamente como os seguintes nas preferencias dos visitantes. O resto de actores parecen quedar esquecidos e sitúanse a moita distancia na pelexa.
Espero que a próxima enquisa desperte maior interés no conxunto de habituais visitantes deste blog e os resultados que se obteñan sirvan para representar as preferencias dun colectivo meirande. Polo menos non me diredes que non coñecedes aos protagonistas.

No hay comentarios: