viernes, 31 de agosto de 2007

A Fórmula 1 é un deporte?

Existen grandes preguntas ao longo da historia da humanidade moi complexas de contestar, ¿de onde vimos e a onde vamos?, ¿cómo soa un árbol ao caer se non hai ninguén preto?, ¿a qué olen as nubes?, ¿onde está Gayoso e Luar?, e nos últimos días retumba na miña cabeza unha nova cuestión existencialista, ¿Realmente a Fórmula 1 é un deporte?

Estou canso de oír que Fernando Alonso é o mellor deportista español da historia, o cal é francamente moi discutible, pero primeiro conviría analizar se realmente se trata dun deportista. Vendo os últimos anos da Fórmula 1, máis que un deporte coa súa consecuente actividade física (eu non digo que non exista pero a condición física é un factor menos determinante no resultado final que calquera dos demais factores técnicos), semella unha competición de monoplazas, dos motores, da súa fiablidade, da aerodinámica e moitas veces dos neumáticos, non vaia ser que durante a carreiras teñas graining.


Ben certo é que a máquina non determina por completo os resultados dos grandes premios. Existe un importante factor humano, comezando polo desenrolo dos coches, pola súa posta a punto, escollendo os reglaxes, a maior estratexia de carreira, ... e sobre todo durante a carreira que non cometas ningún erro que dea o traste coas túas posibilidades. En todos estos factores non só o piloto ten influencia directa, senón tamén o equipo, especialmente ao diseñar a estratexia de carreira, neso son especialistas en McLaren.

Analizando todos estos factores, a resposta a pregunta antóllase complexa de resolver. Por un lado podemos pensar que realmente o monoplaza non é máis que un instrumento para que o piloto poida desenrolar o seu traballo (deporte) e por outro lado a influencia no resultado final de tal monoplaza é tan determinante que a labor do piloto na maioría de ocasións queda ensombrecida ante tanta diferencia técnica e importancia da enxeñería neste espectáculo.

Os que se escuden no primeiro dos argumentos para xustificar a non cualidade deportiva da Fórmula1, dirán que se a Carlos Moyá lle das unha raqueta que sea moi superior a dos demais tenistas profesionais, seguramente gañara a maioría de de torneos da ATP. E os que se centren no segundo dos argumentos xustificaránse dicindo que ainda que lla des a un paquete (por exemplo ao propio Moyá) non conseguirá nada por qué é necesario, ademais de contar cun mellor instrumento para levar a cabo a actividade deportiva, saber xogar ben o tenis, controlar os golpes, ter un importante repertorio de golpes, ter precisión e sangue fría para rematar os partidos, todas elas cualidades humanas e non técnicas. Parece evidente a analoxía entre tenis e fórmula 1.

Recurrindo a fontes máis fiables para desentramar esta cuestión, podemos ver cál é a definición da RAE sobre deporte: "Actividad física, ejercida como juego o competición, cuya práctica supone entrenamiento y sujeción a normas." "Recreación, pasatiempo, placer, diversión o ejercicio físico, por lo común al aire libre."

Observándo esta definición podemos asegurar que parece que existen dúas vertentes dentro do mesmo concepto. Unha primeira, coa que todos identificamos deporte, é dicir, coa idea de esforzo físico. E outra máis orientada a competición, donde, asumindo certa gasto físico co que necesariamente se vincula o deporte (senón unha competición de escupitazos sería deporte), encaixa perfectamente a fórmula 1 e a maioría de deportes donde a influencia técnica é enormemente relevante. Aínda que sería importante que a normativa fora máis restrictiva para evitar tanta diferencia entre monoplazas (xa sei que ésta é debida as inversións, pero as cuestións económicas son insalvables en calquera deporte e non hai máis que ver o fútbol, se ben non resultan tan determinantes).

Por tanto, despois de tan longa divagación que non conduce a ningún sitio, podemos afirmar que axustándonos a defición da RAE, a fórmua 1 pode ser considerado como deporte, e polo tanto Fernando Alonso pode ser considerado deportista. Sen embargo, sempre existiría a sombra da duda e, para non meter máis cizaña, decir que piloto e enxeñería influen por igual (ainda que todos sabemos que non é así) Eu voto por que se establezan alomenos dúas clases de deportes: deporte puro e subdeporte (onde estará a fórmula1), no que o deportista desta clase tería unha menor consideración respecto aos restantes deportistas.

P.D: En Pekin 2008 a fórmula 1 deporte olímpico, todos con troncomóvil.

4 comentarios:

Unknown dijo...

Hola:

Gústame a túa entrada. A pesar de non pensar de ese xeito aceptas a definición da Real Academia Española. Perfecto. Pero co que non estou de acordo e ca túa intrepretación sobre a mesma. A palabra deporte na rae ven definida por dúas definicións diferentes:

1. m. Actividad física, ejercida como juego o competición, cuya práctica supone entrenamiento y sujeción a normas.

2. m. Recreación, pasatiempo, placer, diversión o ejercicio físico, por lo común al aire libre.

Cando ti e máis eu xogamos o baloncesto encaixamos na segunda definición. Cando un piloto de F1 compite encaixa na primeira por tratarse dunha competición con regras establecidas, que supón esforzo físico e tamén entrenamento. Non creo que esté a se divertir sempre que sae a correr, nin esté a pasar o tempo.

Non discuto a túa opinión sobre deporte neste comentario, senon a interpretación que lle das as definicións da r.a.e.

Un saúdo

PD.- eso de consideralos como subdeportitas e de menor nivel paréceme demasiado. Sigo opinando que calificar este tipo de deportes como 'deportes do motor' sexa quizáis a mellor opción.

Anarky dijo...

Creo que me entendiches mal esa parte do post ou case mellor que eu me expresei de xeito non demasiado correcto. Cando digo "E outra máis orientada a competición, donde, asumindo certa gasto físico co que necesariamente se vincula o deporte (senón unha competición de escupitazos sería deporte), encaixa perfectamente a fórmula 1 e a maioría de deportes donde a influencia técnica é enormemente relevante", o que me estou referindo é que a fórmula 1 encaixa na primeira definicion que da a rae ainda que eu faga referencia a ela en segundo lugar.

Creo que queda aclarado, polo que o que é certo e que ambos estamos totalmente de acordo neste tema.

Co que sí que non estou demasiado de acordo é co segundo que dis, eso de "deporte de motor", por que se ben certo é que estou aceptando a definición da rae, non estou dacordo con que ese tipo de competicións entren dentro da mesmo saco que outros deportes que expresan de mellor xeito a idea de deporte.

Unknown dijo...

Creo que si aceptas a definición da r.a.e. terás que meter a tódolos deportes no mesmo saco. Ou ser consecuentes co que di a r.a.e. ou non.

saudos

Anarky dijo...

Acepto a definición que da a rae por que é o colectivo encargado de determinar o alcance de cada concepto e non hai que facerlle, pero eso non quere decir que comparta a súa definición.