viernes, 9 de abril de 2010

II Media Maratón Ciudad de León

Unha semana despois da carreira de Monforte, o 21 de Marzo, celebrábase a media maratón de León. Foron moitas as veces que tiven a oportunidade de pasar por León, pero sempre con destino a algún outro punto da península, así que xa ía sendo hora de visitar específicamente esta cidade e a desputa dunha media maratón alí presentábase como unha oportunidade inmellorable para probarme de cara a Vig-Bay e aproveitar pola tarde para facer un rápido tour cultural-turístico polos puntos máis representativos da cidade. Tras completar con máis ou menos éxito as carreiras de Padrón e Monforte, éste ía ser o meu terceiro fin de semana consecutivo disfrutando dunha carreira popular e, neste caso, nada máis e nada menos que unha media, a segunda na miña corta traxectoria como popular e logo de dous anos sen facer ningunha, dende a Vig-Bay de 2008. Así que o reto presentábase compricado e a incerteza de saber se sería capaz de rematala facíase máis presente a medida que se acercaba a hora de comezo.

Despois dunha comida típica de sábado precarreira, a base de pasta, GasMan recolleunos a María e a min e xuntos emprendemos o camiño cara o noso destino, con escala previa en Becerreá para pasar alí a noite e aforrarnos, dese xeito, máis dunha hora de camiño o domingo. Vencendo os demonios que me atormentan cada sábado, funme pronto para cama e, sen chegar a descansar como me gustaría, conseguín dormir bastante ben ata que o despertador sonou as 6:00 a.m. e me recordou o alto grao de loucura que todo corredor popular debe ter para levantarse un domingo a esas horas para sufrir/gozar durante preto de 2 horas castigando as súas pernas. Último repaso para non esquecer nada e inicio da viaxe cara León baixo un ceo escuro que anuncia a néboa coa que nos obsequiaría durante boa parte do camiño o despertar do día. Noto unha mezcla de exaltación debida aos nervios precarreira e cansanzo polo madrugón pero a música bacaladera-metalera que me atopei pola casa axuda a que se impoña a primeira das sensacións (ata que María me manda quitala, xD).

Chegamos a Astorga e decidimos parar para almorzar como marcan os cánones, aprox. dúas horas antes da carreira. Sen embargo, atopámonos con que tódolos bares/cafeterías da cidade están pechadas, incluida a da estación de buses!!! Despois de recorrer uns kms pola carretera xeral atopamos unha cafetería aberta gracias a esa mezcla de instinto, sabiduría e changa que sempre pon á nosa disposición GasMan. Almorzo completo (zumo de laranxa, pastelería e chocolote) e listos para reemprender a marcha cara León. Correndo o risco de repetirme en exceso, chegamos a León e ninguén de nós tiña nin idea de como chegar ata o estadio Hispánico, onde se recollían os dorsais.

Encendo o GPS do móvil que nunca probara e como auténtico experto en tecnoloxía e orientación non consigo enterarme de nada do que me está contando, así que recurrimos ao método tradicional ... GasMan grita efusivamente que él coñece o camiño e a pesar de petalo ao principio, para darlle incertidume á cousa, equivocámonos na saída dunha rotanda, polo que acabamos perdidos e tendo que preguntarlle a un señor, con escaso éxito. Finalmente e como sempre, á segunda damos coa dirección e unha axente da policía munipal (como ben se di en nopainnoglory, moi guapa, xD), indícanos onde podemos aparcar.


Conseguimos recoller os dorsais, logo de dar unhas cantas voltas polo laberíntico pabellón situado xunto ao estadio, e fannos entrega do primeiro regalo do día, un chaleco-chuvasqueiro moi bonito e, sobre todo, moi útil. Voltamos ao coche, cambiámonos e empezo a quentar, vencendo a tremenda pereza que comeza a entrarme. Noto as pernas cansas pero non teño malas sensacións. O día comeza a abrir e, sen facer calor, o sol asoma e a temperatura comeza a subir. Condicións ideais para min, entre 10º e 15º graos.

Antes de comezar a carreira despídome de GasMan e desexámonos sorte pois seguro que non nos vamos ver ata ao final. El sitúase no caixón de saída para corredores entre a 1h30 e a 1h45 e eu busco o inicio do caixón para xente que teña pensado facer entre 1h45 e 2h. A organización colocou xente con globos para distintos tempos obxetivo (1h20, 1h30, 1h45 e 2h) para servir de referencia aos corredores. Atopo o inicio do meu caixón e sitúome alí pois teño a esperanza de ter un bo día e poder seguir ao tipiño do globo. O malo é que non o vexo por ningún lado, así que me despreocupo e espero a que se dé a saída intentando non agobiarme pensando que me quedan 21 kms por diante.

O meu amigo do globo de 1h45

Comeza a carreira e, como ven sendo habitual, tómomo con calma ao principio. Ademais, dada a cantidade de xente que me precede e que no primeiro kms hai un par de rotondas non resulta fácil progresar. Paso o km 1 en 5:35, miro para atrás e vexo que me está alcanzando o tío do globo das 2h, así que decido incrementar un pouco o ritmo. Noto que vou bastante cómodo así que decido exprimirme un pouco máis. Polo miña dereita sinto falar a dous notas que deberon saír ao final de todo e que van de paseo (para eles) falando tranquilamente namentres o resto da xente ten dabondo con acompasar a respiración, pero levan un bo ritmo polo que decido acoplarme a eles. Dobre beneficio, márcanme o ritmo e fanme máis amena a carreira. Paso polo km 3 con 15:10 e vexo que me atopo ben a ese ritmo, sobre 4:50 min/km, aínda que me da algo de medo seguir por se acaso me pasa factura ao final.

Pouco despois vexo ao (moi) lonxe un globo, o de 1h45, e a medida que van pasando os kms noto como me vou acercando, circunstancia que me sirve de estímulo. Decido marcarme como obxetivo a corto prazo alcanzalo sobre o km 10 e seguir con él ata onde poida, se é ata o final xenial e, senón, polo menos que por intentalo non quede. Regulo o ritmo e deixo que se vaian por diante os meus dous compañeiros de fatigas, que seguen coa súa entretida cháchara, e eu continúo coa miña progresión. Antes do km 9 doulle alcance ao do globo e pégome (literalmente) a el. Miro para o crono e comprobo que mantiven ese ritmo de 4:50 min/km. Nese grupo tamén van de parola polo que a carreira fáiseme bastante amena e, por riba, vou cómodo. Paso polo km 10 en 48:55, xiro a cabeza e vexo aparecer a preciosa catedral de León ao meu lado ... entón penso que facer esa carreira xa mereceu a pena só por ese momento.


Despois dun pequeno rodeo polo casco histórico de León, volvemos saír cara ás aforas e seguen avanzando os kms, conmigo sempre pegado ao home que levaba o globo. Sen embargo, ao pasar polo km 12 miro o crono e vexo que os 3 últimos kms fun un pouco máis lento e eso permitiume recuperar forzas para o tramo final. Medito a posibilidade de aumentar o ritmo e deixar atrás ao tío do globo e, finalmente, as ansias por mellorar o tempo en meta vencen á cordura e á prudencia e lánzome a un novo desafío, gañarlle segundos ao crono agora que estou ben por se acaso me pasa o da VigBay e exploto máis adiante.

Chego ao avituallamento do km 15 xa coas pernas pedindo clemencia pero nesto do atletismo de fondo manda máis a cabeza que as pernas, así que tomo un pequeno descanso para beber uns grolos de auga, miro para atrá e vexo moi ao lonxe a globoman e sen querelo plántome no km 16, correndo por un tramo apartado da cidade coa típica pista de asfalto estreita que vai aos pobos e que tanto me gusta. A partir de ahí, comezo a descontar os kms que quedan para o final e chego ao km 17, onde topo co límite físico (vamos que xa non vou cómodo, xD) polo que os últimos 4 kms haberá que facelos por convicción (cabezonería en realidade).

Chegando ao km 18 comeza unha recta moi longa, máis de 1 kms e co vento (mínimo) dando de cara, pero xa todo me molesta. Miro por primeira vez o crono antes de completar o km pero a fatiga comeza a facerse moi presente, o sol comeza a pegar con máis intensidade e sobre todo as pernas pesan moito. Finalmente chego ao km 19 e, nese preciso momento, sei que vou conseguir chegar correndo á meta. Acaba a dichosa recta, toda unha bocanada de aire fresco, e vexo ao fondo o avituallamento do km 20. Cada vez son máis cortos os intervalos de tempo nos que miro o cronómetro pero vexo que vou baixar seguro de 1h44 e estarei preto da 1h43.

Baixo o ritmo para beber no avituallamento, vótome auga por primeira vez por riba, respiro profundamente e tiro para adiante coas poucas forzas que me quedan. Penso para min que a próxima vez vou almorar máis cantidade para non chegar tan xusto e cando me quero dar conta, xiro nunha rotonda e vexo ao fondo o estadio Hispánico. Entro no estadio e vexo a desexada meta ao final con tódalas gradas repletas e animando. Miro o crono e comprobo que vou baixar fácil de 1h43 así que me relaxo e corro polas pistas do estadio camiño da meta disfrutando do momento, buscando a María entre os aficionados que hai na grada. Finalmente chego cun tempo de 1h42:46, 4:52 min/km, e escoito os ánimos de María.


Despois de recuperar o alento, diríxome ao avituallamento de meta e vexo a GasMan que me comenta que batiu marca persoal. Aluciono coa cantidade de cousas que dan, auga e aquarius de litro para beber, mazás e plátanos para comer e bolsa de corredor. Cando abro a bolsa do corredor definitivamente me quedo asombrado: unha camiseta, uns calcetíns, unha cinta para abrigar as orellas, unha especie de bidón, un mantecado, un zumo, unha barrita enerxética, un pouco de mel, ... (xunto co chuvasqueiro do principio), IMPRESIONANTE!!!

Cos 10 euros da inscripción foron capaces de organizar unha carreira preciosa, cun recorrido semiurbano moi completo e moi bonito no seu paso polo casco histórico, e cun trato fántastico cara o corredor popular, ofrecéndonos esa cantidade de regalos amén dunha perfecta organización tanto na recollida de dorsais como na entrega do avituallamento en meta e da bolsa de corredor, sen apenas colas a pesar da masiva participación. Outro aplauso para a cidade de León que se volcou coa proba e se votou ás rúas para aplaudir aos corredores dandolle moito colorido á carreira en moitas partes do circuito. E outro aplauso para María por aguantar estoicamente máis de 1h e media ata que chegaramos, facendo de reporteira gráfica.

Despois de todo esto, estiramentos no estadio, ducha en auga fría e a repoñer forzas comendo nun restaurante da zona antiga de León que, acertadamente, eleximos despois de barallar a posibilidade de completar o bolo suicida comendo nun McDonals ou nun Kebap. Pola tarde visita aos monumentos máis significativos da cidade, a Catedral de estilo gótico puro (eso di o experto) , a Casa Botines, a Basílica de San Isidoro, .... francamente visitas moi recomendables para todos aqueles que non coñecedes León. E, finalmente, regreso a Coruña con parada técnica en Becerreá despois dun completo día de deporte e turismo.


PD: Neste link podedes ver tódolos vídeos da carreira. Eu aparezo a partir do segundo 28 polo lado dereito da pantalla, con camiseta laranxa, neste vídeo, correspondente á cola do pelotón na saída e tamén ao final deste vídeo na chegada.


miércoles, 7 de abril de 2010

II Carreira Popular do Concello de Monforte

A escasa actividade no blog durante o derradeiro mes contrastou coa frenética actividade deportiva que levei a cabo, entre adestramentos e carreiras populares. Así que, a poucos días da desputa da media maratón por excelencia en Galicia, a Vig-Bay, compartindo galóns coa de Ferreirúa, toca facer balance e postear as crónicas atrasadas. Foron tres as carreiras populares nas que participei dende a de Padrón, comezando a triloxía en Monforte e rematando novamente en Padrón, facendo polo medio unha pequena excursión por León para vivir o ambiente popular fóra de Galicia.

Logo do fiasco da carreira de Padrón, seguramente causado polas alerxias que tanto están afectando aos ciclistas de élite, tiña gañas de desquitarme o antes posible, así que ao domingo seguinte acudín a Monforte, terra do Conde de Lemos e unha das poboacións con máis historia da nosa comunidade. A pesar de estar situada a 1 hora escasa de Becerreá, ésta ía ser a miña primeira visita a esta cidade, escoltada por un fermoso castelo, construído no século XII, que se alza nunha pequena elevación próxima. A carreira constaba de dúas voltas a un circuito de 3,5 kms, serpenteando polas rúas da cidade, para completar un recorrido total de 7 kms totalmente chans. En realidade, a meta estaba situada un pouco despois de rematar a segunda volta, polo que probablmente a distancia real fora de 7,1 kms, pero non ten maior importancia.

A hora de saída da carreira, ás 12 da mañá, e a proximidade entre Monforte e Becerreá, fixo que esta vez non tivera que madrugar. Levanteime sobre as 9, almorcei con calma e, xunto con meu pai, tomamos dirección Monforte. Como non podía ser doutra forma, independientemente de quen me acompañe, chegamos alí e non tiñamos nin idea de onde era a zona de saída, así que tocou dar unha volta pola cidade e, ao non atopar o sitio, pregunta de rigor. Espectacular meu pai cruzando en vermello para preguntarlles aos da Garda Civil que se quedaron parados no semáforo, aberto para eles, con tódolos coches de atrás pitando, xD. Finalmente, chegamos sobre as 11:25 e eso que a recollida dos dorsais remataba as 11:30, ... primeira carreiriña para pillar o dorsal.

Nada máis chegar a zona de saída, con aparcamento reservado para os participantes da proba (detallazo), os meus ollos enseguida repararon na beleza daquel lugar, un conxunto formado por un pequeno riachuelo, un parque moi ben coidado e un edificio antigo moi fermoso que, despois de preguntar, me dixeron que era o Colexio da Nosa Señora da Antiga (post cultural pendente). Sen medo a trabucarme, podo afirmar que é a zona de saída dunha carreira popular máis bonita na que estiven. Dese xeito, alegre por disfrutar dunha nova mañá de atlestimo popular e por coñecer outro precioso tesouro que agocha os segredos da nosa rica historia, comecei o quecemento coa clásica dor de pernas. Sen embargo, ese súbito e inesperado enaltecemento do ánimo, acompañado polo soleciño primaveral que se asomaba e que anunciaba, por fin, unha carreira con boa temperatura, fixo que toda esa dor desaparecera enseguida.

Momentos antes de saír, durante o quecemento, atopámonos con Jesús, do clube de corredores de Becerreá, capaz de correr a ritmos inalcanzables para min con, prácticamente, a idade do meu pai. Fomos xuntos cara a saída, pero vendo que se ía poñer moi adiante, decidín quedarme na cola para que non me pisaran a cabeza. As 12 deuse puntualmente a saída, co castelo no horizonte, e a carreira pouca historia tivo. Os primeiros kms a bo ritmo, pero sen forzar demasiado e, a medida que apretaba a calor e pasaba compañeiros de fatigas, a temperatura subía e eu mantiña, máis ou menos, cómodo un ritmo de 4:30 min/km. O circuito era bastante feo, por rúas mal coidadas e que contrastaban coa beleza da zona de saída. A pesar de ser domingo, non demasiado cedo e con bo tempo, non había demasiado público e tampouco estaban moito pola labor de animar, aínda que sempre se agradecen os aplausos duns poucos que che transmiten ánimos, seguramente sen entender moi ben o sentido de todo aquelo. Con este panorama, paso pola primeira volta en 15:35 e vexo que vou facer un tempo bastante meritorio e, o máis importante, as sensacións en carreira son positivas.


Ao lonxe vexo a meu pai, que me anima ao seu peculiar xeito, pronunciando algo así como, "corre que xa pasaron todos", xD. Inicio a segunda volta e intento acoplarme ao ritmo dun corredor que teño xusto diante, así que lle dou un relevo, fago a clásica "paradiña" e volvo darlle outro relevo. Pero, como me agobia correr ao mesmo ritmo que outros corredores, acelero e fago o de sempre (cando vou ben), fixarme como obxetivo ao corredor que teño inmediatamente diante. O último km faiseme longo, pero manteño o mesmo ritmo, completando a segunda volta en 31:05. Vexo que xa non vou ser capaz de cumplir o obxetivo de baixar de 31' porque aínda me queda afrontar a recta de meta. Aumento o ritmo e acabo por esprintar para baixar de 31:30 pero non o consigo, así que xiro a un lado e a outro a cabeza como mostra de contrariedade. Pódese ver perfectamente esta secuencia ao final do vídeo (a partir do min 9:20) :



Paro o crono finalmente en 31:31, cun tempo real de 31:23 e un ritmo de 4:29 min/km. Diríxome á zona de avituallamento de meta e contemplo con ledicia que a carreira aínda nos ten reservada outra sorpresa. Auga, powerade de tódalas cores, plátano e huesitos para recuperar e unha camiseta de recordo moi bonita que non teño intención de empregar para facer deporte. Estos detalles co corredor popular, xunto coa perfecta organización en todo o tema de aparcamento, recollida de dorsais, ... fan que a de Monforte se convirta nunha carreira altamente recomendable. Para rematar a xornada, uns estiramentos, un intercambio de sensacións con Jesús e aplausos para todos aqueles que van chegando a meta. Como tiñamos tempo, quedamos a ver a entrega de trofeos aos gañadores, por primeira e supoño que por última vez, xD.

viernes, 19 de marzo de 2010

Alejandro Valverde

Este martes o Tibunal de Arbitraxe Deportiva (TAS) ratificou a sanción de dous anos de suspensión imposta polo Comité Olimpico Nacional Italiano (CONI) sobre Alejandro Valverde que lle impedirá correr en territorio italiano ata Maio do próximo ano. Sen embargo, esta sentencia semella ser máis grave do que en principio se pode pensar posto que é a primeira vez que un órgano deportivo competente a nivel global admite que existen probas de que Alejandro estaba implicado na Operación Puerto. A consecuencia inmediata será a petición conxunta da Axencia Mundial Antidopaxe (AMA) e da Unión Ciclista Internacional (UCI) para facer extensiva esta sanción a tódolos países, por agora só localizada en Italia.

Ante toda esta sucesión de acontecementos que se remontan ao 2004, cando Alejandro era corredor do límpisimo equipo Kelme - Comunitat Valenciana e o seu médico era "Don Milagros" Eufemiano Fuentes, e que está dando os seus últimos coletazos neste 2010, non me queda outra que preguntarme se é xusto que sancionen a Valverde. Creo que a resposta máis acertada sería ... dende un punto de vista legal, sen dúbida algunha, pero dende un punto de vista deportivo, non está tan claro.

Deixando a un lado todos esos argumentos vanais que xustifican que a famosa bolsa nº18 incautada durante a Operación Puerto, Valv-Piti, se corresponde ou non co sangue de Valverde, basándose en que o seu perro se chamaba ou se deixaba de chamar Piti, o único que está claro é que o máximo estamento legal deportivo declarou culpable a Alejandro de tentativa de dopaxe a vista das probas presentadas pola acusación (CONI). É dicir, o ADN da famosa bolsa coincide co ADN de Valverde e, polo tanto, danos o mesmo que o murciano sen ningunha visión de carreira esté todo o día mareando a perdiz nas entrevistas que concede, intentando convencernos de que non tivo nunca un perro que se chamara Piti.

Esta evidencia supón un cambio radical para a legalidade do proceso que, dende fai preto de seis anos, intenta demostrar a implicación de Valverde no maior escándalo de dopaxe destapado no noso país e impoñerlle as sancións correspondentes. Atrás quedan tódalas especulacións basadas no feito de que a maioría de compañeiros do seu equipo confesaron doparse por aquela época, en que "Don Milagros" Eufemiano Fuentes era o seu médico ou, sendo mal pensados (1), no feito de que se retirara o día despois de subir silbando o Galibier.

A pesar do intento desacerbado de Lissavetzky e da súa cuadrilla de esconder toda a porquería que tiñan entre as mans, meténdoa debaixo da alfombra, poñendo continuas trabas aos organismos internacionais, escudándose en absurdos vacíos legais relacionados coas competencias (ou máis ben a incompetencia dalgún), e sempre presumindo ante os medios deportivos, interesados cómplices, de que en España se facía todo o posible na loita contra a dopaxe, a verdade finalmente sae a luz. Neste aspecto, só me queda expresar a incredulidade e a o sentimento de vergonza que me queda cada vez que penso que tivo que vir o CONI impoñer a xustixa que aquí fomos incapaces de impartir para protexer os intereses dunha serie de persoaxes detestables. Esos mesmos que seguirán pavoneándose de encumbrar o noso deporte ás cotas máis altas endexamais alcanzadas.

Deportivamente, Alejandro Valverde nunca deu positivo en ningún control antidopaxe, a pesar de ser un dos ciclistas máis vixiados do panorama internacional, perseguido durante anos e que, como consecuencia, pasa unha enorme cantidade de controles cada ano. A pesar deso, foi capaz de conseguir importantes éxitos en diferentes carreiras, clásicas, carreiras importantes dunha semana ou a Vuelta a España, ... se cadra con menos suficiencia que cando Eufemiano lle pasaba as súas habichuelas máxicas. Ademais, está demostrado o seu intento de dopaxe pero non se pode demostrar (legalmente), de ningún xeito, que en realidade recurrira finalmente a esas prácticas, ... cecais só gardaba unha bolsiña de sangue para un apuro, xD. Sen embargo, sería inxusto non sancionalo simplemente basándonos neste argumento, xa que outros moitos corredores que tampouco deron positivo en ningún control sí foron sancionados empregando argumentos menos sólidos, como o caso de Rasmussen, expulsado do Tour 2007, poñéndolle desa forma en bandexa o primeiro Tour a A.C., quen encarna a esperanza dun novo ciclismo sen dopaxe.

Ante a certa evidencia de que sí se dopaba cando corría no Comunitat Valenciana (no Caisse d'Epargne seguro que se quitou desas innobles prácticas) e que nunca deu positivo nun control antidopaxe, eu só podo sacar unha conclusión: os controles naquela época non servían absolutamente para nada, situación moi diferente a que se vive nos tempos actuais, onde os corredores dos equipos importantes que se dopan caen como moscas, ... ah! esquecíame que agora non se dopa ninguén.

(1) Recurrindo ao refraneiro popular, "pensa mal e acertarás".

miércoles, 17 de marzo de 2010

VIII Carreira Popular de Padrón

Un tranquilo mes de Febreiro, sen carreiras e con dúas semanas sen poder adestrar por mor dunha lesión no xemelgo dereito, deixou paso a un frenético mes de Marzo, ultimando a preparación de cara á media de León, e coa posibilidade de participar nunha/dúas carreiras cada fin de semana. Logo da suspensión da carreira de Porriñó pola cicloxénese nada explosiva, o único 10.000 que hai en Galicia ao principio de tempada xunto con Xinzo (tampouco fun por motivos climatolóxicos), a seguinte carreira que tiña marcada no calendario era a de Padrón.

A VIII edición desta carreira popular celebrouse o pasado sábado 6 de Marzo, pola tarde como a min me gusta. Constaba de dúas voltas de algo máis de 5 kms, pola zona do paseo do Espolón, para completar unha distancia total de aproximadamente 10,5 kms, completamente chans. Esta foi a miña terceira participación consecutiva neste carreira, sendo, polo de agora, a proba na que máis veces tomei a saída. Nas dúas edicións previas sempre acabei moi xusto de forzas e coa sensación de que, realmente, estaba mellor de forma do que se reflexou na carreira. Sempre hai carreiras que se che atragantan e non sabes moi ben a razón.

Pouco despois de comer, GasMan e mais eu pasamos a recoller a Migueliño, foreiro de Correr en Galicia que coñecimos en Lestrove, e xuntos fixemos o viaxe ata Santiago, onde nos esperaba Josef. Coma sempre que non nos perdemos, chegamos con tempo máis que de sobra a Padrón, recollemos os dorsais, coa decepción de que a nosa amiga voluntaria non estaba e fómonos cambiar para comezar o quecemento. Escasos 10 minutos de carreira suave e xa notei que ía ser un día duro, pernas moi cansas pola "tirada larga" do xoves, da que aínda non recuperara, e dor no xemelgo dereito. Así que toca saír con calma e se quedan forzas progresar na segunda volta.

A pesar de que a organización de Porriño decidiu que era boa idea establecer a nova data para a súa carreira ese mesmo domingo, xuntámonos preto de 500 corredores na saída de Padrón. Comeza a carreira e eu intento seguir o ritmo de Josef durante os primeiros kms pero, un pouco antes de pasar o km 2, a dor no xemelgo intensifícase e decido frear as miñas ansias porque máis vale non lesionarse a dúas semanas da primeira media do ano. Despois dun primeiro tramo de gravilla, entramos nunhna zona de carril bici, de asfalto duro, que me deixa o xemelgo como unha pedra.

E, de repente, antes sequera de chegar ao km 3, as forzas abandónanme por completo e teño a sensación de ir desfondado. Comeza a pasarme xente por todos lados e penso que será compricado acabar a carreira, posto que quedan preto de tres cuartas partes do recorrido. Pero, como facemos todos nestos casos, agocho a cabeza, intento olvidarme desa sensación de que os kms non pasan e só me concentro en dar unha nova zancada. Primeiro paso por meta en 24:30, dous minutos máis que nas edicións anteriores, pero nada deso importa xa.

Dende a VigBay do ano 2008, a miña primeira e única media por agora, non tiña esa sensación de ir tan "apajarado", pero igual que naquela ocasión a forza de vontade puido coas gañas de tirarme a un lado e descansar. Comezo a segunda volta e baixo aínda máis o ritmo para xestionar o gasto das poucas enerxías que me quedan. Os kms pasan moi despacio e, ademais, apenas teño referencias posto que, a maioría de corredores que ían conmigo, fóronme abandoando e os que veñen por detrás tampouco andan moi sobrados de forzas, así que noto esa sensación de inmensa soedade que as veces ten o corredor popular.

Os últimos kms debátense entre o esforzo para acabar e o medo a lesionarme de novo no xemelgo, cada vez máis tocado. Pero, finalmente, chega a recta de meta e paro o crono en 50:44, tardando case 26 minutos en completar a segunda volta. Tempo real de 50:27, a unha media de 4:48 min/km e co anhelo de que chegue a seguinte carreira para ver se consigo desquitarne do mal sabor de boca que me deixou a de Padrón.

Avituallamento en meta variado pero nada sólido que levarse a boca para mitigar a sensación de vacío coa que cheguei. Premio merecido por estar no furgón de cola do pelotón de corredores. Mentres Josef e GasMan esperan a chegada de Migueliño, aproveito para estirar e descansar un rato, pensando que o mellor é que aínda é sábado pola tarde e queda moito fin de semana.

PD: Podedes ler outras crónicas desta carreira con diferentes enfoques en nopinnoglory e delicatesen_cañi.

sábado, 27 de febrero de 2010

Instalacións deportivas da UDC

A folga de carácter indefinido, covocada polo persoal de ximnasios e complexos deportivos en Galicia, obrigoume a buscar alternativas para continuar cos meus adestramentos de cara as medias de primaveira posto que, o ximnasio ao que habitualmente acudía, permanece pechado dende o día 1 deste mes. Esta intensiva búsqueda permitiume acceder á información das instalacións deportivas que ofrece a Universidade da Coruña e das súas diferentes tarifas.

Para os membros da comunidade universitaria existen dúas maneiras de poder facer uso destas instalacións. Por un lado, pódese solicitar o abono deportivo que custa 30 euros anualmente e que permite acceder a maioría de servizos sen custo adicional e por outro, a posibilidade de facerse socio de forma gratuíta que che permite acceder aos mesmo servizos pero cunhas tarifas diferentes as de abonado.

No pabillón de deportes de Elviña hai dispoñibles numerosas instalacións para uso de socios e abonados. En principio, as máis interesantes para a xente relacionado co mundo do atletismo son:
  • A sala de musculación situada no pabillón de deportes de Elviña. Para poder facer uso desta sala os abonados terían que pagar 30 euros cada cuatrimestre e os socios 50 euros. Non se pode pagar para ir días soltos, hai que pagar a couta total do cuatrimestre. Non está dispoñible para xente que non pertenza á comunidade universitaria. Está aberta de luns a venres de 15:00 a 21:00 dende setembro/outubro ata finais de xunio. Resulta moi económica respecto da maioría de ximnasios xa que, un abonado tería que pagar 90 euros por 9 meses (10 euros/mes).
  • As pistas de atletismo situadas ao redor do campo de fútbol de Elviña. Gratuítas para abonados, teñen un custo de 1 euro/sesión para socios e 2,20 euros/sesión para membros que non pertenzan á comunidade universitaria. Nestes dous últimos casos é necesario sacar unha autorización para o seu uso na administración do pabillón de deportes (1). Tamén existe a posibilidade de sacar un bono de atletismo de 10 sesións que custa 6 euros para socios e 12 para non universitarios e tamén se solicita na zona da administración. As pistas están abertas dende as 15:30 ata as 21.30 de luns a venres.
Estas pistan son de "tartan", son menos duras que o asfalto da carretera ou o hormigón das aceras, polo que os músculos sofren menos impacto e absorben menos vibracións. Son ideais para facer series xa que se nota menos rozamento ao correr e ofrecen maior sensación de velocidade e deslizamento. Outra opción é correr polos arredores do campo de fútbol sobre herba que minimiza máis o impacto sobre o chan e contribúe a fortalecer os músculos posto que, a forza que se require para correr por terreo brando e irregular, é maior. Desvantaxe: para entrear fondo é unha tortura dar voltas e voltas ao mesmo percorrido.

Distancias : 400 m na pista pola calle interior (corda), 450 m na pista pola calle máis exterior e 350 m pola herba ao redor do campo de fútbol.

  • Outro deporte que me gusta practicar, a pesar de que o teño bastante abandoado, é o tenis. En Elviña tamén hai unha pista de tenis que pode ser alugada por membros da comunidade universitaria ou por persoas externas. Os abonados poden disfrutar da pista de xeito gratuíto, os socios teñen que pagar 2,50 euros/hora e persoas alleas á universidade, 6 euros/hora (menuda cravada). No caso de ir xuntas persoas con diferente estatus, cada quen paga o que lle corresponda. A solicitude deberáse facer na administración do pabillón ou no seguinte link.
Podedes completar toda esta información ou ver a correspondente a outras instalacións da UDC neste link do servicio de extensión universitaria.

Pinchade nesta imaxe para agrandar o mapa

(1) A entrada para facer tódolos trámites administrativos: facerse abonado, socio, comprar bono de atletismo, solicitar un permiso para as pistas, alugar pista de tenis, ... está sinalada no mapa como administración e atópase fronte á facultade de maxisterio.

Realidades paralelas

[Aviso de spoilers da season 6]

A sexta tempada de Lost aposta por un novo enfoque narrativo para describirnos a vida dos principais supervivintes do voo Oceanic 815 nunha "suposta" realidade paralela. Este novo recurso narrativo, basado no uso dos bautizados flash-sideways, supón unha volta de tuerca máis da serie para profundizar nesos aspectos claves sobre os que máis incide Lost, dende o seu comezo, entorno as relacións humanas e ao destino de cada persoa. Ademais, o uso dos flash-sideways incorpora un novo elemento narrativo ao rico conxunto de técnicas empregas en tempadas anteriores, composto por flashbacks, flashforwards, flashes temporais de Desmond ou historias que ocorren paralelamente en épocas temporais distintas.

Despois de ver a premiere, unhas das preguntas máis repetidas por tódolos seguidores da serie era qué causou esta realidade paralela. Lóxicamente, existen múltiples posibilidades. De feito, extrictamente dende o punto de vista da física cuántica máis fantasiosa, cada acción ou decisión dunha persoa pode orixinar unha nova realidade paralela. Dentro dese conxunto de infinitas alternativas, as dúas explicacións máis plausibles serían:

1. A explosión de Jughead sobre a bolsa de materia exótica provocou unha fendedura na bolsa e os efectos electromagnéticos resultantes só puideron ser controlados contruíndo a estación Cisne que John e Boone descubriron na primeira tempada. Este incidente creou, ademais, un "agujero de gusano" que trasladou a Jack, Sawyer, Sayid, Katie, Juliet, Hugo e Miles ao ano 2007 e desdobrou a realidade que coñecimos nas cinco primeiras tempadas en dúas, de tal xeito que, na nova realidade, a explosión causaba o afundimento da illa e daba lugar a unha nova cadea de acontecementos que evitaban o accidente do voo Oceanic 815.

2. A nova realidade describe a vida dos nosos protagonistas se Jacob nunca infuira nas súas vidas para atraelos cara a illa e facelos partícipes do seu perverso xogo con Némesis. Este xogo, probablemente, rematou nalgún punto específico do pasado, quizáis na época da iniciativa Dharma, e o resultado final foi o afundimento da illa, evitando ademais a necesidade de atraer novos candidatos para seguir coa partida, polo que o voo de Oceanic nunca se estrelou.


Neste caso, a realidade alternativa mostraríanos como sería a vida daquelas persoas que foron manipuladas por Jacob, no suposto de que eso nunca sucedera. Dende esta perspectiva, resulta curioso ver como o destino dos nosos protagonistas está condeado a cruzarse igualmente pero en situacións ben distintas e menos dramáticas. Ademais, os sucesos que acontecen en cada unhas das súas vidas parecen condealos aos mesmos infortunios da outra realidade, pero en situacións radicalmente distintas. Por exemplo, John Locke está en silla de rodas pero conta co apoio de Helen, con quen está a piques de casar e mantén unha relación, cando menos cordial, co seu pai. Jack nesta realidade está tamén divorciado e parecía ter problemas co seu pai falecido pero, por outro lado, ten un fillo que lle reporta certa ilusión na súa vida (e non ten problemas co alcol). A Hugo tocoulle a lotería pero resulta que agora é un tío afortunado. Noutras palabras, Jacob trenza vilmente o destino destas persoas para arrebatarlles calquera elemento emocional que lles dea unha razón para querer continuar coas súas vidas fóra da illa.

A miña opinión é que esta nova realidade correspóndese coa segunda das posibilidades. Pistas que me levan a pensar eso ... Benjamin Linus e Dogen están fóra de illa nesta realidade, se ben, a cadea de acontecementos que coñecemos, previa a explosión, debería habelos condeado a estar na illa no momento do seu afundimento, concretamente no templo. Cousas que non me acaban de encaixar ... Juliet xa morta dicíndolle a Miles: "It worked". En realidade non sabemos que quere dicir con esta frase pero o máis lóxico sería pensar que se está referindo a que a explosión da bomba funcionou como esperaban e as súas vidas non acabaron na illa. Pero, nese caso, ¿por que a Juliet desta realidade é consciente da súa outra realidade paralela?. O tempo e os seguintes capítulos terán que aclarar todas estas dúbidas.

jueves, 25 de febrero de 2010

O absurdo mundo de Marca

Visto esta semana na versión online dese panfleto pseudodeportivo amarillento que menosprecia noticias relevantes doutros deportes que non sexa fútbol ou que non estén relacionadas co Real Madrid, para deleitarnos con estas exquisiteces periodísticas:

Espectacular portada deste luns 25 de Febreiro.


O notición ao que corresponde a foto neste link.


Nada que obxetar a tan ardua labor periodística. Link a outro notición.

Das poucas seccións que se salvan da súa obsesiva propaganda partidista, absurda e manipuladora, están Tiramillas e Fuera de Juego, nas cales non poden meter baza, quizáis polo banal dos seus contidos. Estas son algunhas das xoias que puidemos ver esta semana nestas dúas seccións menos deportivas e máis erótico-festivas:

Tiramillas: Mulleres e noivas de futbolistas


Fuera de Juego: A ex de Ashley Cole planta ao seu marido por infiel. Pobriño !!!


Máis Fuera de Juego: Hillary Duff comprometida cun xogador da NHL

martes, 23 de febrero de 2010

Lost, unha perspectiva global (II)

Recordando brevemente o que escribía na entrada anterior, a historia que nos intenta contar Lost pódese describir como unha enrevesada partida entre dúas enigmáticas figuras, Jacob e Némesis. Intuímos que ámbolos dous xogan, literalmente, co destino das distintas persoas/pezas que foron pasando pola illa. Cada un dos movementos aillados que semellan facer non parecen seguir ningunha lóxica pero, no conxunto global do xogo, poden revelarse como xogadas mestras. Por eso, teremos que esperar ao final da serie para entender, seguramente, moitas das cousas que, polo momento, parecen carecer de sentido ou non terminan de encaixar. Eso espero!!!Pero, ¿como se gaña este xogo? Nesta versión simplificado da historia, diremos que se pode vencer se anulas tódolos posibles movemento do teu rival. No caso de Némesis anular significa matar indirectamente a tódolos supostos "candidatos". É dicir, debe atopar algunha maneira de manipular as demais pezas (demais xente da illa) para acabar un por un co grupo de "candidatos". Unha boa forma de comezar sería manipulando o elemento máis débil do grupo, por exemplo un Sawyer abatido e moi cabreado, xD. Pero entón, ¿por que mata a Jacob? A resposta rápida sería... porque lle ten gañas. A outra posibilidade é porque matando a Jacob anula a súa influencia sobre o resto de persoas da illa (excepto Hugo).

Con estas cartas na man, situémonos nun instante indeterminado no tempo, no pasado ou no futuro, e sempre establecendo como liña temporal de referencia a actual, a que marcan os supervivintes do voo Oceanic 815. A partir dese instante de tempo x e durante un intervalo de tempo descoñecido, ocorren unha serie de sucesos que levan a Jacob e a Némesis á illa e lle confiren a ésta unha serie de propiedades especiales, como a posibililidade de autodesplazarse no espacio-tempo por "agujeros de gusano", utilizando materia exótica, ou certas propiedades curativas (aínda que esto podería ser obra de Jacob). A orde na que se producen esta serie de acontecementos non é relevante.

Por razóns aínda descoñecidas, ambos individuos adquiren características semidivinas e Némesis é despoxado da súa condición humana e condeado a vagar en forma de fume negro. Nese preciso instante comeza o xogo descrito anteriormente, de tal forma que, se gaña Némesis, a súa recompensa é abandoar a forma de fume negro e a posibilidade de retornar ao seu fogar (onde sexa). Se, pola contra, o gañador é Jacob descoñecemos a súa recompensa. A partir dese momento, Jacob comeza a atraer xente á illa e o xogo desenrólase segundo as regras establecidas con infinidade de movementos que rixen o destino de todo áquel que acaba por convertirse nunha peza máis na partida.

Se facemos caso da conversación que manteñen Jacob e Némesis na praia ao principio da season finale da quinta tempada, dá a impresión de que a partida que estamos a vivir através de Lost non é, nin moito menos, a primeira. Ao contrario, semella que, ao longo da historia, foron moitas as veces que se enfrentaron estes dous rivais, cun final descoñecido. O máis sensato sería pensar que todas acabaron en táboas e con tódalas pezas eliminadas. Esta nova partida debeu comezar nalgún instante de tempo anterior ao naufraxio de Black Rock na illa e prolóngase ata o período actual, momento no que parece achegarse o desenlace.


¿Como encaixa en toda esta teoría?
  • Richard Alpet.
Dúas posibilidades. Foi elexido como unha peza importante por Jacob quen lle outorgou o rol de conselleiro e de enlace con outras pezas menos relevantes (simples peóns), proporcionándolle ademais a capacidade de non envellecer. Ou ben, nalgunha das partidas anteriores, Jacob impúxose no xogo grazas a colaboración de Richard, quen quedou como único "candidato", pasando a convertirse nunha peza tremenda valiosa (peón convertido en reina). ¿Richard é o único que non envellece? Non o podemos asegurar despois de ver á xente do templo. Entón, ¿vivir no templo evita o envellecemento das persoas? ...
  • As peculiares habilidades de Miles para falar con persoas mortas, de Hugo para ver a persoas mortas, de Walt para matar páxaros, ...
O máis sensato é pensar que non son máis que pezas que xogan no bando de Jacob e que, dalgún xeito, foron dotados con algunha habilidade fóra do común para servir aos seus propósitos. ¿Para que pode servir un neno que mata paxaros? ¿Por que o grupo de Iliana tenta disuadir a Miles para que non vaia a illa? Ese é o verdadeiro xogo de Lost... preguntas sen resposta.
  • Desmond
Desmond non encaixa en ningunha teoría comprensible para o ser humano. Un home capaz de revivir a súa vida no medio dunha implosión de materia exótica para acabar cometendo os mesmos erros, simplemente porque "Mrs. Time" lle di que ese é o seu destino. Un home capaz de que a súa consciencia viaxe no tempo ou de percibir os cambios que se producen na súa liña temporal através de soños (despois de falar no pasado con Faraday), non pode seguir ningunha regra física e dudo moito que do propio xogo Jacob vs Némesis. Difícil de explicar pero sempre nos podemos agarrar a frase de Eloise Hawkins, "La isla no ha terminado contigo".
  • John Locke
Claro exemplo de peza escollida por un xogador que acaba servindo aos propósitos do outro. Manipulado por Jacob e Némesis todo o tempo, acaba por autonconvecerse de que está destinado a ser alguén especial e que debe liderar o grupo de "Los otros" na illa cando, en realidade, está sendo guiado cara o seu fatal destino. Enfrentado con Ben por ese liderazgo, resulta curioso que ambos acaben sendo as pezas fundamentais para asasinar a Jacob. Enfrentado con Jack, pola súa condición de home de fé fronte ao home de ciencia, comparte o seu mesmo destino, como "candidato" para que o fume negro use o seu corpo e poder acceder a Jacob. As circunstancias determinan que, finalmente, sea John o elexido.
  • Aaron
Fillo de Claire, sobriño de Jack, parece destinado a desenrolar un papel clave na historia, especialmente despois de que Claire se aparecera nun soño de Katie pedíndolle que non o levara de volta á illa. Parece claro que algún dos dous xogadores (Némesis?) non ten interés en que Aaron regresa á illa. Peza clave no xogo, posible sustituto de Jacob, ... máis preguntas sin resposta.
  • Benjamin Linus, Eloise Hawkins e Charles Widmore
Estos tres persoaxes encarnan a figura de líder operacional do grupo de "Los Otros" fóra do templo, onde o líder espiritual semella ser, dende fai tempo, Dogen. A diferencia de Charles e Eloise, Ben pode ser considerado como a peza mestra de Némesis. Un home manipulador, capaz de convertirse en líder pero, a súa vez, fácilmente manipulable, débil de moral e sen escrúpulos, características que o convirten no candidato ideal para servir aos fins do home de negro. Resulta lóxico pensar que foi Némesis quen moveu os fíos para que Ben fora disparado de neno e salvado no templo, chegando incluso a "visitalo" na forma da súa nai morta. Por outro lado, Ben nunca mantivo contacto con Jacob (segundo as súas palabras) e, ademais, posiblemente o enfurecera cando cambiou a espiritualidade do templo pola comodidade de Dharmaville.

A posición que ocupan Charles e Eloise no taboleiro é confusa e resulta difícil decidir en que bando están. Durante a súa estancia na illa compartían con Richard a responsabilidade de protexer aos demais membros do grupo e acatan as ordes que, supostamente, lles trasmitía Jacob através de Richard, ata a chegada de Ben. Sen embargo, despois de saír da illa, Widmore está obsesionado con voltar e utiliza tódolos seus recursos para conseguilo, mentres Eloise é quen axuda a volver aos Seis de Oceanic. A diferencia do pobre Ben e, incluso de Richard, ambos parecen coñecer a existencia da gran batalla que se aveciña entre Jacob e Némesis. ¿Como poden sabelo se están fora da illa? Son pezas do home de negro dende que estaban na illa ou, de forma similar ao que acontece con Iliana, Jacob foi visitalos para pedirlles a súa axuda. Se me permitides a licencia de apostar, Widmore, fiel a Jacob, e Eloise acaba convertíndose noutra peza máis de Némesis, sen ser consciente.
  • Dogen e os resto de inquilinos do templo
Son persoas que acabaron na illa pola influencia directa de Jacob, algunhas delas supervivintes do naufraxio de Black Rock, e conforman o seu exército principal no caso de necesitar defender as súas pezas clave.
  • Viaxes no tempo e demais propiedades pseudofantásticas (non pseudofísicas) da illa
Os movementos espacio-temporais da illa son causados por diversos efectos electromágneticos (ex: o efecto Casimir), causados pola presenza de bolsas de materia exótica, que permiten crear "mini-agujeros de gusano". Falando en serio, o taboleiro sobre o que se desenrola a partida posee unha serie de características especiais que poden ser aproveitadas e deben ser consideradas polos xogadores para realizar cada un dos seus movementos. Podemos pensar que é unha forma de darlle máis emoción á partida.
  • Os números chungos
Son os coeficientes da ecuación de Valenzetti que predice o momento exacto no que a humanidade se extinguirá a sí mesma. Ademais, cada un destes números está asociado a algún dos "candidatos" que quedaban sen tachar. O patrón para asociar números e "candidatos" non é coñecido polo de agora pero parece ter gran unha relevancia.

Seguro que despois de ler estas interminables entradas, seguides tendo centos de dudas sobre cómo encaixar as pezas do complexo puzzle creado pola serie, pero neso reside precisamente a súa grandeza ou o seu punto máis débil, dependendo de como se mire. Calquera cousa que se vos ocurra que non encaixe, comentario e tentaremos darlle unha explicación. Comezo eu: ¿Por que Sun non viaxou ata 1977? ¿Cal e a súa relevancia na partida?

PD: O 23 de Maio vou reler esta entrada e votarme unhas risas do perdido que estaba a tan só 12 capítulos do final da serie.

lunes, 22 de febrero de 2010

Lost, unha perspectiva global (I)

A avalancha de información do capítulo 6x04, "The substitute", a necesidade inherente do ser humano de intentar buscar unha explicación racional daquelo que non comprende e, sobre todo, o marcado carácter social que adquiriu esta serie dende o seu comezo, (quizais tamén axudou o non ter moito que facer), motivou numerosas conversacións, dende o mércores, nas que teorizamos e teorizamos sobre posibles explicacións do que aconteceu, está a acontecer e acontecerá na illa. Mantendo estas trascendentais conversas deime conta do desorden xeralizado que existe na miña cabeza cando intento comunicar as miñas reflexións, asi que nun alarde de autodisciplina vou tentar poñer en orden todas estas ideas e deixar constancia da miña teoría global sobre Lost nesta entrada da forma máis clara e estructurada posible.

[Esta teoría non contén nin está basada en spoilers de episodios posteriores ao 6x04. Calquera parecido coa explicación real é pura casualidade]

Para tal propósito vou recurrir a outra das analoxías máis empregadas no universo Lost. Imaxinemos que a fastuosa partida que parece ter lugar entre Jacob e Némesis (ou como vos apeteza chamalo) pode ser vista coma unha partida de xadrez entre dous xogadores, onde o taboleiro é a illa e as pezas son as persoas que estiveron ou están sobre ela. Do mesmo xeito que no xadrez existen unha regras, este perverso xogo ten as súas propias, das cales apenas coñecemos algúns detalles. Ademais, dun xeito similar ao que acontece neste milenario xogo, as pezas son movidas polos xogadores sobre o taboleiro cun determinado propósito que lles permita tomar vantaxe sobre o rival e gañar a partida. E, seguramente, deba existir un certo concerto e unhas restriccións á hora de movelas. Lóxicamente, non tódalas pezas teñan porque ter a mesma relevancia.


Os xogadores parecen ser Jacob e Némesis, aínda que esto non o sabemos con total certeza. Pode que eles sexan as pezas principais dos verdadeiros xogadores. Ademais, en calquera xogo e, máis nun coma éste con implicacións tan trascendentais, debe existir unha especie de árbitro ou alguén que vixíe pola correcta aplicación das normas. Podemos pensar que o neno rubio que se lle aparece a Némesis xoga ese rol, que non o coñecemos aínda ou que, en realidade, non existe tal figura.

Cada un destos dous xogadores poseen unha serie de "habilidades" que deben empregar para mover convenientemente as súas pezas e acercarse á victoria. Jacob aparece como un manipulador que dirixe o destino das persoas para atraelas cara a illa e que sirvan ao seu propósito, proporcionándolles unha falsa sensación de liberdade de elección, de libre albedrío. Outras habilidades de Jacob por agora permanecen ocultas. Tamén podemos asumir, polo momento, que Jacob é mortal a pesar da súa apariencia divina.


Pola contra, sabemos con certaza que Némesis pode materializarse en persoas que están mortas para manipular ou influír decisivamente nas que están vivas, através das inquitantes "aparicións" que vimos dende o principio. Tamén pode "reclamar" a persoas que, supostamente, deberían de estar mortas. Vamos a supoñer que reclamar significa, en certa maneira, reclutalas para o seu fin, convertilas nas súas pezas. Se ben, a principal "habilidade" de Némesis é a súa facultade para desplazarse pola illa a gran velocidade e a súa atroz capacidade destructiva convertido nunha columna de fume negro.

Mentres Jacob parece identificarse coa figura do destino, Némesis parece afondar nos temores, medos e na culpabilidade das persoas que "visita" e acostuma aparecer asociado coa figura da morte. A súa principal debilidade é que non pode atravesar espacios protexidos por algún tipo "especial" de ceniza, podendo incluso ser confinado nun círculo de ceniza como aconteceu na famosa cabaña que vimos no capítulo 4x11, "Cabin Fever". Sen embargo, semella que non pode ser directamente asasinado, a diferencia de Jacob.

¿Cal é o propósito destas dúas persoaxes? Atendendo a season finale da quinta tempada, Jacob móstrase como unha "persoa" que confía na existencia dunha natureza bondadosa no ser humano entre toda a imperfección e a vileza que amosan, mentres Némesis parece estar resignado e sen esperanza despois de moitas experiencias negativas. Nese momento podíamos pensar que se buscaba facer unha analoxía bíblica, onde Jacob representaba o ben, a compresión e encarnaba o perdón, namentres Némesis todo o contrario. Dende ese punto de vista, Jacob atraería xente á illa para probar as súas ideas, a súa fé na condición humana, fronte a un Némesis que intentaría manipular e envenenar a alma dos humanos para espertar o seu lado máis malvado.

Sen embargo, logo dos catro primeiros episodios desta sexta tempada, a dimensión metafísica da serie parece que comeza a impoñerse e a idea dunha batalla existencial entre estas dúas figuras colle forma. O seu propósito será, polo tanto, gañar a partida. ¿Cómo remata o xogo e cómo gaña cada xogador? Aínda non o podemos saber con certeza pero xa coñecemos a versión dun dos xogadores, agora faltaría coñecer a do opoñente.

Respecto as regras do xogo, temos moi pouca información. Sabemos con exactitude que Némesis non pode matar directamente a Jacob e sospeitamos que tampouco pode matar aos chamados "candidatos", como Sawyer. Ten que manipular a xente máis débil da illa, como un Ben consumido por sentirse culpable pola morte da súa filla, para logralo. Persoalmente, intúoo que Némesis busca acabar con Jacob e os demais candidatos, pero para iso teríamos que explicar con algo máis de detalle en que consiste o xogo, o que quedara para a seguinte entrada.

viernes, 19 de febrero de 2010

Analizando Lost ...

Inexorablemente vaise aproximando o final dunha das mellores series de TV de tódolos tempos, Lost, e con el a necesidade de dar respostas a tódalas incógnitas plantexadas ao longo das 5 primeiras tempadas. Unha das mellores e máis usadas metáforas para describir o universo Lost é a dun enorme puzzle onde tódalas pezas encaixan perfectamente para crear un maxestuoso lenzo repleto de sutís matices que combinan mitoloxía, pseudofísica, filosofía, relixión, ... mediante un estilo narrativo único e que evoluciona a medida que avanza a trama (flashbacks, flashforwards, flashes, flash sideways). E o mellor de todo é que, a pesar desto, Lost segue sendo unha serie plenamente orientada aos persoaxes, centrada nas súas relacións, nas consecuencias das súas accións e na forma na que reaccionan ante o que acontece nas súas vidas.

[Aviso de spoilers do episodio 6x04]

Despois de ver o último capítulo da season 6, "The substitute", tiven a sensación de estar asistindo atónito a un bombardeo a discreción de pezas dese xigantesco puzzle de Lost por parte de Damon Lindelof e Carlton Cuse que, polo momento, non sabemos moi ben cómo e onde encaixar pero que, antes ou despois, acabaremos por ubicalas no seu correspondente lugar dentro do tapiz para descifrar, dunha vez por todas, ese gran misterio que nos mantivo enganchados dende o piloto. A única dúbida que me queda é saber se tódalas pezas encaixaran para darlle á historia un sentido global coherente ou empregaran pezas "comodín", decantando a balanza cara o lado máis metafísico da historia, onde todo vale. Esa será a diferencia entre formar parte, como espectadores, da máis maravillosa e asombrosa partida endexamais imaxinada ou ser en realidade nós as pezas do maior embeleso da televisión.

Reveladora imaxe para promocionar a season 6 - ¿Contei eu mal ou hai 14 persoas?

Interesante forma de presentarnos unha nova clave para descifrar o enigma do que está pasando en Herbert Jablonski, empregando unha fina analoxía cunha das imaxes que maior controversia despertou ao longo da historia e que, presuntamente, agocha a chave para comprender un dos maiores misterios da nosa sociedade. Aparte da singular imaxe anterior (que cadaquén saque as súas propias conclusións), o segundo visionado do capítulo deste martes e as dificultades para conciliar o sono, fixéronme reflexionar sobre un dos fénomenos máis fascinantes da realidade máxica creada por Lost, as "aparicións" de persoas supostamente mortas ou que non deberían estar na illa. Ex: Christian Shepard, a nai de Ben ou o propio Walt.


Despois de ver a impresionante season finale da quinta tempada, tódolos amantes de Lost, eu entre eles, asociamos estas "aparicións" a unha materialización do fume negro, antiJacob, Némesis ou o tío de negro que charlaba na praia con Jacob, na forma dunha determinada persoa. Sen embargo, a extraña irrupción en escea dun neno rubio coas mans ensangrentadas que deixa desconcertado a fume negro, xa materializado en John Locke, ata a punto de humanizar as súas reaccións, sembra de incógnitas este razoamento.

Recapitulando un pouco, sabemos con relativa certeza que fume negro pode adoptar a forma de persoas que están mortas e, moi posiblemente, sempre é cando o seu cadáver se atope na illa. Ex: John Locke, Christian Shepard, Alex... O resto de "aparicións" que non cumpran estas características poden ser debidas a calquera outro fenómeno que aínda non foi revelado, entre elas as relativas a persoas que están mortas pero o seu cadáver non se encontraba na illa (Ex: nai de Ben) ou a persoas que seguen con vida fóra da illa (Ex: Walt). Eso por non falar das supostas "aparicións" fóra da illa ou da singular capacidade de Hugo para ver supostamente a persoas mortas.


Outro aspecto intrigante deste cuarto episodio é a sensación de que Sawyer presencia con absoluta normalidade a "aparición" do neno rubio mentres Richard non pode velo. Cando fume negro se materializa nunha determinada forma, tódolas persoas que están preto podeno ver sen problemas. Ademais, falando de memoria, do que ando bastante escaso, creo recordar que, en todos aqueles momentos nos que había varias persoas cando se manifestaba unha "aparición", só podía vela aquela persoa á que estaba destinada, excepto nun caso co mesmo protagonista, Sawyer, quen respondía cunha frase moi similar a deste capítulo... Pois claro que o podo ver!!! ¿Qué significa que Sawyer poda ver tódalas "aparicións"? Algunha habilidade estilo Hugo... En realidade, outra peza máis que queda por colocar.

Lóxicamente, este razoamento non deixa de ser subxetivo e no universo Lost, onde calquera cousa é posible, poden existir múltiples explicacións para esta extraña "aparición", dende a máis sinxela... non se trata realmente dunha "aparición", senón dun habitante máis na illa con certa habilidade para desaparecer rápido e Richard non pode velo porque xa se foi cando el se xira... ata a máis compricada... que implicaría saltos temporais e onde o neno sería unha versión distinta de humo negro en algún instante temporal non determinado.

Recordade a Guillermo de Ockham e a súa famosa navalla: "La explicación más simple y suficiente es la más probable, mas no necesariamente la verdadera".

sábado, 30 de enero de 2010

Up in the air

Despois dun longo período sen acudir ao cine por falta de tempo e de películas mínimamente apetecibles, centrado na cantidade de series que estou a seguir actualmente, este venres pola noite decidimos acercanos ata os Filmax para ver se había algún film o suficientemente interesante cómo para gastar os máis de 7 euros que costa agora mesmo o cine. Como tódolos anos por estas datas avalancha de películas destinadas a acaparar as nominacións dos oscars, entre as que destacaban Nine, Invictus, Avatar ou Up in the air. Logo dun compricado proceso de selección, a elexida foi Up in the air, dirixida por un semidescoñecido Jason Reitman, director de películas como Juno, factor que seguramente pesou bastante na decisión final.

Up in the air busca reflexionar sobre a complexidade das relacións humanas e sobre a distinta forma que ten cada persoa de entender os seus entresixos, utilizando como elemento conductor da historia as vivencias dos seus tres persoaxes principais, destinados a entenderse a pesar das enormes diferencias que os separan.


Destaca por riba de todos, Ryan Bingham, interpretado con sobriedade por George Clooney, un home que anhela viaxar dun lugar a outro, sen permanecer demasiado tempo en ningún lugar e evitando establecer calquer tipo de relación coas persoas que o rodean. Esa facilidade para evitar crear vínculos emocionais co resto de persoas fano o candidato ideal para o seu traballo: despedir persoas cando os seus xefes non teñen a suficente valentía para facelo e ofrecerlles alternativas para encauzar as súas vidas a partir dese momento. Un emprego terrible que lle fai entrar en contacto coas miserias/desesperanzas dos seus semellantes pero que, sen embargo, lle permite viaxar prácticamente tódolos días do ano, sempre lixeiro de equipaxe (material e emocional).

Superficial e reconfortado pola vanalidade que impregna toda a súa existencia, o destino ofrécelle unha oportunidade perfecta para cambiar a súa peculiar visión das cousas e romper esa coraza que se creou durante anos, cando irrumpe na súa vida, Natalie Keener, interpretada por Anna Kendrick, disposta a actualizar o proceso de despido utilizando as ventaxas que ofrecen as novas tecnoloxías, evitando, deste xeito, que Ryan e os seus compañeiros, teñan que viaxar por todo o país para realizar os despidos cara a cara.


Natalie móstrase como unha muller moderna, intelixente e, sobre todo, ambiciosa que, sen embargo, tende a idealizar (e planificar) as relacións de parella, repetindo vellos estereotipos que a sociedade impuxo históricamente sobre a condición femenina e que o cine reflexa constantemente, aínda que pronto se dará conta de que a realidade é moi distinta de como a súa xuventude lle fai vela e a súa paixón pola vida contrasta coa confirmade que amosan os outros dous protagonistas da historia, machacados polas súas experiencias. Apoiada nos seus estudios de psicoloxía, cree que é posible mecanizar as reaccións humanas pero pronto descubrirá que non resulta tan sinxelo sintetizar nun conxunto de instruccións o imprevisible que resultan as reaccións de cada persoa.

E, finalmente, Alex, interpretada por unha guapísima Vera Farmiga, unha muller madura que comparte con Ryan Bingham o seu gusto por viaxar e por minimizar as implicacións morais que supoñen as relacións (ou as que a sociedade nos quere facer ver), e que acaba por convertirse no elemento decisivo para acelerar o cambio emocional do noso protagonista.


A partir de aquí a película pérdese en continuas reflexións profundas e semifilosóficas sobre a vida, sobre a búsqueda da identidade de cada persoa, sobre o medo de envellecer aislado e en soedade e demais psicoloxía barata, abuso de esteoreotipos sociais, todo ben removido cunha boa dose de pasteleo e sentimentalismo e, finalmente, rociado con toques de humor, ao mais puro estilo irmáns Cohen, que acaba por crear unha película de manual, desas que convencen por igual a membros da academia, a crítica especializada e a espectadores con gañas de reflexionar, destinada a acaparar unha boa recua de nominacións pero que carece da frescura doutras películas do mesmo xénero como, por exemplo, a súa predecesora Juno.

Toda esta parrafada que vos acabo de soltar non significa que non se trate dunha boa película, moi coidada técnicamente e cunhas interpretacións e diálogos, por momentos, maxistrais, especialmente no que se refire as interpretacións de George Clooney e Vera Farmiga e, por suposto, moi recomendable para ver e para reflexionar, eso sí con coidado, sobre a importancia de elexir a forma na que queremos vivir a nosa vida, sobre as relacións persoais ou, xa tirándome ao vacío, sobre cómo as novas tecnoloxías (e as redes sociais) están crando un novo modelo de relacións humanas, favorecendo que se volvan máis frías e impersoais.

Valoración persoal: 7

viernes, 29 de enero de 2010

IX Carreira popular de Moaña

Este sábado pola tarde tocaba visitar Moaña para disputar unha nova carreira popular e coñecer outro "pueblaso" máis da xeografía galega no que nunca estivera e ao que seguramente nunca máis volva salvo para correr alí de novo. A carreira que inicialmente eran 6 kms, finalmente, quedouse en 5,5 kms cun recorrido pouco atractivo, por non dicir feo de ..., que consistía en 3 voltas por un trazado con continuas subidas e baixadas, curtas e moi tendidas, sen un só metro chan. En definitiva, o típico recorrido de tobogáns que me encanta e que fai moito máis amena e levadeira calquera carreira. A volta intermedia era un pouco (uns 100-150 metros) máis curta que a primeira e que a derradeira e eso fixo que me despistara un pouco cos tempos.

Unha vez máis, as dichosas gardas impediron que me acompañara GasMan polo que, xusto despois de comer (cedo), sobre as 14, pillei o tren cara Santiago, onde me recolleu Josef e, xa no seu coche, fomos xuntos ata Moaña. Como acontece cada vez que vamos por primeira vez a un pobo, a parte máis compricada é chegar ao sitio sen perderse e, esta vez, non ía ser menos. O único que tiñamos claro era que, para chegar a Moaña, había que pasar por Redondela, así que cando vimos a saída da autopista para Redondela pensamos que era esa pola que tiñamos que saír. Sen embargo, cousas do destino ou da "changa" indirecta, na peaxe tiramos pola cabina de telepeaxe e xa non puidemos incorporarnos a esa saída, con tan boa sorte de que, xusto antes de chegar á ponte que cruza a ría de Vigo, había unha saída directa para Moaña que enganchaba cunha vía rápida que nos deixaba xusto na entrada do "pueblaso".


Como todo "pueblaso" de Galicia que se precie, a saída da súa carreira popular ten que ser diante da casa do concello ou, no seu defecto, diante da casa do cacique. Esta vez tocaba diante da casa do concello, onde ademais se recollían os dorsais e onde tamén estaba situada a zona de avituallamento de meta. Despois de aparcar e comprobar que nos quedaba aínda moito tempo, acercámonos a recoller os dorsais. Menudo caos tiñan organizado alí... sorte que a carreira era máis ben humilde e non houbo gran afluencia de populares. Desafiando toda lóxica, decidiron facer catro colas: unha para os rapaces, outra para os inscritos pola web, outra para os que compraran o chip amarelo e outra para os inscritos por teléfono/fax. Lóxicamente as dúas primeiras estaban petadas e as outras dúas prácticamente baleiras. O máis normal sería facer unha cola para as categorías inferiores e outras tres organizadas por número de dorsal. De todos xeitos, non tardamos demasiado en facernos cos nosos dorsais... cousas peores se teñen visto.

Como nos sobraba un montón de tempo, decidimos examinar o circuito xa que sempre é mellor coñecelo de antemán e así logo regular mellor os esforzos durante a carreira. Eu ía coa idea de que o percorrido era completamente chan, despois de ler o foro de correr en galicia, pero cando revisamos o circuito por onde trancorría a proba leveime unha grata sorpresa. Fixemos tempo vendo aos rapaces máis novos, alucinando ao ver como recibían os últimos consellos dos seus pais que, xa dende pequenos, os queren educar na doutrina do bilardismo e, cando quedaban menos de 20 minutos para comezar, fomos cambiarnos e empezamos a quentar. Despois das nefastas experiencias vividas nas saídas das carreiras lucenses, tiña claro que esta vez ía saír ben adiante para non verme de novo freado pola xente.

No quecemento comezo a notar os esforzos dos adestramentos realizados durante a semana e, sobre todo, o do día anterior, pero mentalízome de que é un esforzo intenso pero breve. Cando quedan uns 5 minutos, finalizo o quecemento, busco a Josef e colocámonos no medio do pelotón de populares, non demasiado lonxe dos que encabezan o grupo. Dase a saída sobre a hora prevista, algo que sempre é de agradecer, e comezo a marcarme un ritmo esixente, nesta ocasión sen problemas para poder correr limpamente, sen xente que me vaia freando... case esquecera esa sensación!

Completo a primeira volta, cun ritmo alegre, nun 7:50 e penso que podo facer bastante bo tempo e baixar dos 24'. Na segunda volta comezo a acusar o cansanzo e o ritmo tan alto que estou a levar pero o trazado ondulado axuda a atenuar o cansanzo e permite recuperar nas zonas de baixadas. Nese punto da carreira tódolos corredores estamos no noso sitio natural e xa só penso en que teño que intentar manterme con ese grupo ata o final e, se na última volta recupero forzas, tentar adiantar a algún que vaia maduriño. Fixo a vista nun corredor coa camiseta verde da maratón de montaña de Penedos dos Lobos e decido que esa será a miña referencia ata que poida... acabo a segunda volta, miro o cronómetro e vexo que a fixen en 7:30, así que cansado pero contento afronto a derradeira volta (non me acordaba de que esta volta era máis curta, xD).

Correndo no medio deste grupo ...

De novo, toca sufrir nas subidas e intentar recuperar nos tramos de baixada. Vexo como o amigo de Penedos ten moito gas e acaba por deixarme na derradeira mini-subida, pero xa só me queda afrontar a baixada final... por fin respiro. Adianto a unha rapaza que foi conmigo prácticamente toda a carreira e xa, na recta de meta, escoito como todos os do público a coñecen e a animan para que me sprinte. Primeiro miro o cronómetro e observo con ledicia que vou baixar sobrado de 24'. Logo lixeiro vistazo atrás para situala, paradiña estilo Valverde, e sprint, pasando polo arco de meta cun tempo de 23:17 (según championchip 23:22). Restando os 5 segundos que tardei en pasar pola saída, tempo neto de 23:12, que me da unha media de 4:13 m/km, convertíndose na miña carreira máis rápida ata o de agora.

En primeiro plano Belén, a rapaza que animaba a xente

Acabo contento polo tempo, pola media por km e, especialmente, porque fun capaz de manter o mesmo ritmo durante toda a carreira, completando as voltas en 7:50, 7:30 e 7:50. Tendo en conta que a segunda era algo máis curta, máis regularidade non se pode pedir. Despois de cruzar a meta, sitúome na cola para recoller o avituallamento e vexo como chega pouco despois Josef. Pero aínda nos esperaba outra sorpresa, no avituallamento a xente de Moaña tíñanos preparados bocatas de queixo, chourizo, nocilla,... froitas varias e todo tipo de bebidas (non alcólicas), dende as típicas isotónicas e auga ata cocacola ou nestea. Mágoa que non deran camiseta pero supoño que prefiren manter o espiritú cercano ao corredor popular e non escatimar esforzos para mantelo contento, algo co que estou totalmente dacordo, posto que somos os populares os que facemos grandes as carreiras.

Logo de avituallarnos quedaba o viaxe de volta a Coruña para disfrutar do terceiro tempo, xD. Toda a "changa" que nos sorriu na ida volveuse na nosa contra, primeiro porque nos perdemos saíndo do "pueblaso", logo porque nos equivocamos e nos metemos por unha infernal carretera que nos levaba cara o interior da ría e, para acabar de rematalo, non collemos a vía rápida e demos toda a volta pola costa por outra "carreterasa" ata que, finalmente, chegamos ata o inicio da ponte onde se collía a autopista. En fin, toda unha experiencia vital.