Mostrando las entradas con la etiqueta Reflexións. Mostrar todas las entradas
Mostrando las entradas con la etiqueta Reflexións. Mostrar todas las entradas

viernes, 2 de octubre de 2009

Unha breve reflexión sobre ...

A política lingüística en Galicia

Ler o periódico "de buena mañana" perxudica seriamente a miña saúde ou polo menos ponme de moi mal humor as veces. Habitualmente, despois de chegar ao traballo e lanzar as primeiras simulacións do día, consulto algún periódico de tirada nacional na súa versión online, pero nunca periódicos galegos no seu formato tradicional. Sen embargo, esta mañá, na entrada da facultade, unha moza, "muy guapa por cierto", estaba repartindo a edición en papel do Xornal de Galicia para "La Coruña". Despois de votarlle un ollo por riba á primeira páxina, atópome cun titular que atrae a miña atención: "Feijoó abre a porta a cambiar a Lei de Normalización polo "L" de A Coruña", así que abro o periódico pola páxina onde se profundizaba sobre esta noticia e comezo a ler prestando maior atención.


Resumindo un pouco, a noticia ven a dicir que segue aberta a polémica sobre a castelanización do topónimo da cidade dos fachas,... quero dicir do Facho de Hércules e que Núñez Feijoó quere reformar a Lei de Normalización para permitir a dobre vertente, galega e castelán, de tódolos topónimos. Ademais, acompañan esta información dun resumo da política lingüística levada a cabo polo PP galego dende que chegou á Xunta. Transcribo literalmente:
  • Fin da obrigatoriedade de acreditar o coñecemento do galego nos procesos de selección administrativa mediante un exame na lingua propia.
  • Eliminación da identidade corporativa das Galescolas e creación da denominada “Galiña Azul” que relaxa o contacto dos máis pequenos co galego na escola infantil.
  • Estáse a preparar o borrador que define o novo marco para a regulación do galego no ensino que elimina a repartición equitativa das asignaturas que se deben dar en galego e castelán.
  • Utilizando a excusa da contraversia entorno a topónimo A Coruña, propónse unha reforma da Lei de Normalización Lingüiística de 1983.

Comezando porque penso que existen problemas máis urxentes e máis importantes para a poboación galega que satisfacer as necesidades retrógradas de certos sectores conservadores, que seguen anclados na mentalidade dos séculos escuros ou dos anos da postguerra, permitídime dicir que a política lingüística en Galicia está completamente a deriva nestos últimos anos. Enfrascados nunha absurda loita por definir as competencias dos dous idiomas oficiais, os tres partidos principais non se poñen dacordo.

O PP, moi amigo da pluralidade e do potenciamento da diversidade cultural das distintas rexións españolas, segue na súa cruzada por desfacer os cambios levados a cabo polo anterior goberno e, incluso, polo goberno popular anterior que asentou as bases do galego como idioma oficial.

O BNG segue obsesionado por reinventar a historia e convertir a Galicia nunha sociedade con sensibilidade nacionalista artificial, empregando un discurso apocalíptico onde se nos atemoriza falando dun exterminio do galego, nun intento de acercarnos perigosamente á Cataluña ou ao País Vasco. Esto provoca recelo dentro e fóra das nosas fronteiras, con medidas no ámbito lingüístico demasiado trasgresoras para unha xente acostumada a vivir atemorizada pola ameaza da represión durante tantos anos.

E que dicir do PSOE, que varía a súa postura dependendo da dirección na que sople o vento. Con este panorama, a situación semella compricada e a manifestación máis clara da incertidume que existe entorno a este asunto é a absurda loita por impoñer o seu criterio de cada grupo sobre a forma correcta do topónimo de Coruña.

Na miña humilde opinión, este tema debería ser ben sinxelo de resolver sen darlle tantas voltas e sen malgastar tanto tempo útil para resolver problemas máis importantes e que nos afectan en maior medida a tódolos galegos. Está claro que tódolos topónimos deben ter unha denominación oficial para todo tipo de trámites burocráticos. Se en 1983 se decidiu, por consenso de tódalas forzas políticas, que éste fóra en galego, pois xa está, non ten maior importancia. Cando empregamos un idioma tendemos a utilizar o topónimo nese idioma, cando falamos en galego ou castelán non soemos dicir London ou New York, así que se os castelán-falantes queren dicir La Coruña, Arteijo, Ordenes, Sanjenjo, Puerto del Son... están no seu dereito a pesar de que me chirríen os oídos ao escoitalo.

No caso da regulación do uso do galego no ensino obrigatorio a solución semella igual de sinxela e lóxica. Tendo en conta que, galego e castelán comparten un mesmo rango como idiomas cooficiais dentro do territorio galego, sería xusto que a metade de asignaturas, sen ter en conta Lingua Galega, Lingua Castelá e as correspondentes Literaturas, fosen impartidas en galego e a outra metade en castelán para fomentar o uso por igual de ambas linguas, sen importar as preferencias dos pais dos alumnos. Ben distinto sería o caso da universidade na que se debe preparar aos estudiantes para un mundo laboral específico, lingüísticamente hetereoxéneo, no que a responsabilidade de saír adecuadamente preparado para as necesidades idiomáticas debe recaer no propio alumno.

En resumo, o idioma debe ser un vehículo para permitir a comunicación entre individuos, debe verse coma unha manifestación histórica da pluralidade dun sector da sociedade, coma a representación tanxible dunha cultura diferente, ... Nunca debe interpretarse coma un mero instrumento de manipulación política, nin debe servir de cortina para desviar a atención sobre outros asuntos máis importantes. Non debe servir de excusa para cerrar as nosas fronteiras, para renegar da nosa, histórica e xeográfica, condición española ou europea, para acentuar o menosprecio e o desexo de vinganza contra un estado que cometeu innumerables erros históricamente, nin para definir a nosa personalidade política basada no extremismo e, deste xeito, discutir con todo aquel que non comparta a nosa idea. Non debe ser empregado coma unha arma arroxadiza entre as distintas formacións políticas e, moito menos, para dificultar o desenrolo normal das actividades daqueles que non coñecen o idioma autóctono, como ocurre a miúdo en Cataluña.

Dito todo esto, no meu caso síntome claramente galego e sei que son español e europeo, a pesar de que non o sinta, do mesmo xeito que me sinto lucense e non coruñés a pesar de vivir nesta cidade durante tantos anos.

sábado, 20 de junio de 2009

Unha breve reflexión sobre ...

A dopaxe no mundo do ciclismo

Con este controvertido asunto de triste actualidade estreamos unha nova sección en 24 gramos na que tentarei expoñer da forma máis breve que me sexa posible o meu punto de vista sobre algún tema que me pareza interesante (espero que algún de vós tamén). E que mellor forma de comezar que falando sobre un grave problema que afecta dende fai tempo a un dos meus deportes favoritos.

A dopaxe está ligada ao mundo do deporte seguramente dende os seus inicios pero foi nos últimos anos, coa profesionalización dos deportistas, coa expansión audiovisual, que convertiu algúns deportes en espectáculos, e cos enormes avances nos métodos de dopaxe e nos mecanismos para detectalos, paralelos aos grandes avances en campos da medicina ou bioloxía, cando acadou maior transdencia entre espectadores e medios de comunicación, ata extremos onde os deportistas son sospeitosos permantes e nalgúns países tratados como criminais, aínda sen probas.


Esta transcendencia sociolóxica foi especialmente relevante no ciclismo. Todo comeza no Tour de 1998 co caso Festina, xa que son encontrados numeros productos dopantes no seno deste equipo ciclista destinados a mellorar o rendemento dos seus corredores. A partir deste punto a loita contra a dopaxe no ciclismo tórnase nunha auténtica caza de bruxas que enfrenta equipos, corredores, organismos oficiais coma a UCI, organizadores de carreiras e finalmente acábase por involucrar a xustiza. As informacións contradictorias de periódicos sensacionalistas (especialmente L'Equipe) , acusando directamente a corredores, acaban por convertir o ciclismo nun circo onde a xustiza atenta contra as liberdades do corredor, os periódicos difaman, a UCI tenta impoñer solucións improvisadas e abusivas que desprestixan o honor do ciclista e, ante todo este panorama, os amantes do ciclismo temos a sensación de todo está podrido e que ese halo de épica que rodea este deporte está sendo mancillado sen remedio.

Cando parece que nada pode ir peor amosa de improvisto a archiconocida Operación Puerto que asesta un golpe case definitivo ao ciclismo aparecendo nomes por doquier de ciclistas implicados en escándalosas tramas de dopaxe. Curiosamente ningún nome de outro deporte aparece aínda que é consabido que existen. A carreira de moitos ciclistas quedan truncadas e só algúns privilexiados como Alejandro Valverde se salvan gracias a incompetencia da xustiza española e as numerosas lagoas dunha lei desprovista para este tipo de situacións. E, para rematar, cada pouco tempo nos atopamos con noticias sobre as confesións de numeros ciclistas, moitos deles ilustres, de consumir sustancias prohibidas.

Despois de esta sucesión de acontecementos, un non pode deixar de pensar que en realidade tódolos ciclistas se dopan dunha ou outra forma para mellorar o seu rendemento e superar as auténticas palizas que deben afrontar especialmente en carreiras de 3 semanas sen apenas descanso. Esto é así e parece improbable que cambie polo momento, posto que os mecanismos de detección actuais semellan insuficientes, só conseguindo descubrir a aqueles que consumen maiores doses das recomendas ou que non teñen os coñecementos suficientes para camuflalas. Resulta especialmente curioso o caso do equipo Astana, anteriormente Discovey Channel comandado por Johan Bruyneel. Ningún corredor de este equipo deu positivo nos últimos anos, sen embargo moitos dos corredores que abandonaron a súa disciplina e cambiaron de equipo, de inmediato foron controlados cun positivo. Todo muy extraño, sobre todo porque nas súas filas militou Lance e agora Alberto, os grandes dominadores das carreiras de 3 semanas.

Desta forma, resumindo un pouco, parece evidente que a dopaxe penetrou ata os cimentos máis profundos deste épico e histórico deporte, ata un punto no que resulta imposible discernir que corredores están limpos e cales non e, sinceiramente, non me creo que un corredor sin axudas externas para mellorar o seu rendemento poida superar a outros dopados ata arriba. Quizáis non sexa tan disparatado tomar en consideración as palabras de Bernard Kohl.

Por outro lado, non semella que as medidas adoptadas pola UCI estén surxindo demasiado efecto: incrementar controles en carreira e fóra de competición, pasaporte biolóxico, ... que máis ben crean controversia, debilitan máis se cabe a credibilidade dos corredores e que, en certa medida, se cargan a presunción de inocencia dos ciclistas. Esto sería algo así como asumir que se tes conexión a Intenet vas a utilizar programas P2P para destruir a SGAE. O certo é que a maioría o faremos pero non se poden tomar medidas preventivas á lixeira contra esto sen ter probas contra os usuarios. Ademais estas medidas están provocando situacións rocambolescas como a expulsión do Tour de Rasmussen ou as recentes notificacións de valores anómalos de varios corredores que serán sancionados. Corredores que non deron positivo en ningún control son declarados culpables sen posibilidade de defensa porque non existen probas que os incriminen. Curioso!

E o tema da xustiza francesa ou italiana xa é a gota que colma o vaso da miña paciencia. Entrando nos hoteles de concentración dos equipos a calquera hora para rexistrar habitacións, personal, equipamento,... e en caso de atopar algo tratando aos ciclistas como a criminais cando se trata de un delito claramento deportivo que, estes países e aqueles que os secundan, o criminalizaron como un intento desesperado de xustificar a incompetencia das autoridades deportivas "competentes". Esto ademais provaca tamén situacións absurdas como o caso Valverde que espero abordar pronto porque me parece suficientemente subrealista para dedicarlle un post.

Un saudo.

P.D: Despois de ler esta noticia as épicas victorias dos nosos ídolos da infancia, Miguel Indurain ou Perico, quedan empañadas pola dúbida.