jueves, 18 de junio de 2009

Visto en marca ...

Como posta de largo na nova andadura de 24 gramos gustaríame amosarvos dúas imaxes que me resultaron bastante chamativas polo contexto no que tiven a oportunidade de velas. Observade con atención as seguintes dúas imaxes que se corresponde con sendas portadas desta semana do diario deportivo, nada sensacionalista nin sesgado, Marca. Nelas podemos contemplar a dous xogadores do Real Madrid desde un punto de vista estrictamente deportivo.


Despois de meditar afanosamente sobre por qué os redactores de Marca encargados de seleccionar as noticias deportivas (non só referentes ao fútbol) máis relevantes para ir en portada, decidiron escoller como epicentro da noticia os quefaceres de dous xogadores nas súas vacacións, semidesnudos, só se me ocorre unha resposta plausible: realmente son os mesmos que escollían as noticias no éxitoso progroma de corazón Aquí hay tomate, aqueles que cando non había noticias reais e non se lles ocorría ningunha que inventarse decidían sacar a persoaxes públicos en panos menores acompañados da famosa coletilla "Uyuyuyuyu".

Neste caso, para sacar portadas deste estilo, supoño que nos estaremos posicionando nun escenario similar, é dicir, en España onde só interesa o fútbol e para o diario Marca onde só interesa o Real Madrid, como non hai noticias relevantes no ámbito deportivo posto que as competicións xa fai semanas que chegaron á súa fin (para algunhos antes que para outros) e as eleccións e fichaxes xa foron sobradamente abordadas desde un punto de vista claramente non partidista e, como ademais, xa se cansaron de inventar noticias sobre traspasos, fichaxes, ... agora supoño que teremos que tragarnos a versión máis Cuore de Marca que nos manterá ao días sobre as aventuras e desventuras amorosas de Guti en Benidorm ou sobre a acollida das zorras poligoneras de Madrid con Cristiano Ronaldo.

Sinceramente, non me imaxino ao Mundo Deportivo ou ao Sport sacando a Puyol, Messi ou Iniesta en poses parecidas na súa portada. Obviamente, ningún deles ten o mesmo tirón que Beckham ou Cristiano, pero lóxicamente existe moitas diferencias entre os dous eternos rivais en España, especialmente manifestadas na política de fichexes.

Un saudo.

2 comentarios:

Anónimo dijo...

Existe algún diario deportivo que non sexa nin sensacionalista nin sesgado?

Esas fotos deben ser pra atraer ó público feminino xD

Anarky dijo...

Creo que non existe ningún diario (non só deportivo) obxetivo, cando menos en España, pero o Marca está máis próximo o periodismo amarillo que calquera outro periódico, de ahí que sexa o máis popular.