viernes, 19 de junio de 2009

Un pouco de lírica ...

Vamos a darlle un pequeno toque literario ao blog e para comezar uns fermosos versos que me traen agradables recordos da preciada xuventude:

"Condeada a permanecer no olvido
a agochar as súas palabras
rexeitada no ouro
que cega co seu resplandor"

"Quizáis no refuxir do vento
ou no susurro do mar ..."

"... desgastada nos versos da batalla
que cubren de loito o pasado"

"Desexos dunha fala
que afoga na memoria
"


In memoriam de todos aqueles que se afanan en desprestixar un dos maiores tesouros culturais da nosa historia, que nos fai únicos e serve para identificarnos e unirnos como pobo dentro da hetereoxenidade sobre a que se asenta o mundo; porque renunciar a unha parte da nosa cultura e historia, de nós mesmos, porque facerlles caso aos ignorantes engreídos e borrachos de vanidade que só conseguen saciar ese vacío menospreciándos polo idioma no que falamos, só nos converte en máis ignorantes e paletos ca eles.

No hay comentarios: