sábado, 20 de junio de 2009

Tarde de sábado rara

Este sábado celebrouse en A Coruña unha nova edición da proba "Gran Premio Cantones de Marcha" encandrada dentro da Challenge de Marcha da IAAF, unha das poucas oportunidades de disfrutar dun evento deportivo a nivel internacional nesta cidade e que reúne a algunhos dos mellores marchadores do mundo. Carreira de 20 kms marcha tanto masculina coma feminina.

Tendo en conta que mañá se celebra un evento deportivo se cabe máis importante, alomenos para min, a terceira edición da subida ao Tangaraño, no que espero estar, a tarde deste sábado quedaba condicionada simplemente a un paseo vespertino para estirar as pernas sen facer maiores esforzos. Así que, ante este panorama, decidimos acercanos a presenciar a proba ata os cantóns e disfrutar do ambiente atlético e festivo da carreira de marcha.

Dende un punto de vista estrictamente deportivo foi unha boa ocasión para acercarse a unha disciplina do atletismo bastante descoñecida para min, a marcha. Aínda que sigo sen entender demasiado ben esa teima por restrinxir de forma antinatural a forma de correr, de tal xeito que sempre debe permanecer un pé apoiado no chan, a experiencia resultou bastante satisfactoria posto que tiven a oportunidade de observar as distintas formas que empregan os marchadores para cumplir con esta imposición, sendo algunhas delas francamente curiosas, díficiles de imitar e incluso de precisar se son realmente efectivas. Ademais, serviume para poñer unha vez máis de manifesto o que sempre se comenta do deportista de fondo, a súa forza de vontade, a súa necesidade por seguir a pesar do esforzo e do sufrimento sen ningún premio máis que o de propia superación. Moitos dos atletas, moi lonxe dos postos de cabeza, con enormes signos de fatiga e de sufrimento preferían seguir cun paso lastimoso e agónico antes que rendirse para acadar a súa gloria personal na meta. Un atleta popular que sufre en cada carreira saberá do que falo e valorará estos xestos.

A clasificación completa podédela consultar na páxina da iaaf. O gañador masculino foi o chino Yafei Chu, seguido do noruego Erick Tysse, gañador da edición do 2008 e do mexicano Eder Sánchez. O primeiro español foi José I. Díaz por diante do campión de mármol (non preguntedes), Jesús Ángel García Bragado. Na proba feminina resultou gañadora Sabine Krantz, seguida de Kjersti Platzer, a irmá de Tysse, e da portuguesa Vera Santos. A primeira española foi Beatriz Pascual na séptima posición e a primeira galega clasificada e terceira española, a atleta do clube Academaia Postal de Ourense, Lorena Luaces. Gran posición para esta xove promesa do atletismo galego que, a pesar de non gañar, conquistou sen dúbida os nosos corazóns co seu esforzo e beleza coa que ningunha outra participante puido competir, sendo Susana González a única que lle puido facer algo de sombra neste aspecto.


Foto do perfil do facebook de Lorena


Un saudo.

PD: Intentarei conseguir algunha foto de González xa que as que saquei durante o evento non son de gran calidade, aínda que non parece ser tan popular como Lorena.

3 comentarios:

Carlos dijo...

¿Esa es Lorena? No lo tengo yo muy claro.... Anda, pon las fotos que te envíé yo que esas sí que son de Lorena y se aprecia su auténtica belleza.

panchito el glu glu dijo...

No se si es ella, pero desde luego a mi no me molesta que pongas la foto de esta xDD

Bilardo dijo...

!Viva Lorena! E sí que é a súa foto do perfil de facebook. Como tódalas mulleres do mundo ten dereito a saír mal nalgunhas fotos, seguramente por culpa do estilista ou do fotografo. Ademais vímola en directo, así que no queda ningunha dúbida. Do resto de diosas non podemos decir o mesmo xa que no tivemos a sorte de telas a tan pouca distancia