domingo, 2 de septiembre de 2007

O morbos dos videoclips

Fai uns anos quedei bastante impresionado cun videoclip de Holly Valance, donde bailaba desnuda tapando as zonas máis comprometidas mediante reflexos. Ademais desta razón, que creo que é suficientemente contundente, a señorita Valance, que está de moi ben ver, bailaba de forma provocativa e suxerente. Aquí tendes o videoclip que vos menciono de Holly Valance coa canción Kiss, Kiss.



Onte atopeime cun videoclip donde se repetía a mesma escea. Neste caso era Roser quen bailaba de forma provacativa nun dos seus videoclips (cando non foi así) ata o punto de aparecer por completo desnuda tapando as súas partes íntimas tamén con reflexos. Vamos, que descaradamente copiaba ese trozo do videoclip de Holly Valance. Comparade ambos videoclips, deixando aparte a evidente diferencia entre Holly e Roser.



Está claro que este tipo de cantantes aproveitan e case diría explotan por completo o seu exhuberante físico para atraer a atención especialmente do público masculino e vender así o seu traballo. Na maioría dos casos esta estratexia de marketing revela alarmantes carencias na súa profesión real, cantante ou, se queredes, podemos ampliar o campo a artista, o que as obliga a refuxiarse na provocación que conseguen a través dos seus videoclips. Máis esaxerado e desproporcionado me parece o caso de Verónica, a extriunfito, que nun dos seus videoclips desnúdase totalmente e aparece en certas posicións comprometidas. Aquí tendes o videoclip censurado (por que sen censurar era unha burrada).



Xa vedes o que fai a necesidade. Ata que apareceu o videoclip, nin na súa casa sabían que esta pava sacara un novo disco. Máis aínda, non creo que ninguén se acordara para nada de quen era esa tal Verónica, pero a través deste videoclip e da provocación que conseguiu con el, logrou chamar a atención do público. Como dixen paréceme desproporcionado e moi triste venderse desta maneira e facer un videoclip deste tipo sen vir a conto (quen lle diría que eso era bonito).

O que sí está claro é que non son as únicas que aproveitan o seu corpo para vender máis. Por exemplo, se Natalia non saira bailando como unha adolescente saída, ¿alguén vería o seus videoclips?; bueno sempre estará o típico pavo que dirá que lle gustan as cancións de Natalia. Pois ben, se coñecedes a alguén así comezade a preocuparvos pola súa saúde mental. Aquí vos deixo un claro exemplo do que vos estou contando.



Para acabar, como consello a aqueles que pretenden vender a súa música mediante a provocación e a utilización doutras cualidades bastante alonxadas da canción, por min o segan facendo, así podo seguir disfrutando dos seus videoclips, pero poden intentar cambiar, de vez en cando, a temática dos seus videoclips, máis que nada para non repetirse en exceso. Para comezar, poden ir votándolle un ollo a este impresionate videoclip de Nightwish.

La carta esférica

Onte fun ver a miña primeira película do ano do cine español, sobre todo por eso de manter a conciencia tranquila e manter a premisa de acudir, cando menos unha vez, ao cine para ver unha película de ámbito nacional. As miñas esperanzas, ante a ausencia dunha nova entrega do xenial Aménabar ou do máis que aceptable Jaume Balagueró, estaban depositadas nunha nova adaptación dun libro de Pérez Reverte, "La Carta Esférica". Despois do considerable acerto que supoxo a adaptación dos libros de Alatriste por parte de Agustín Díaz Yanes, tiña fundadas esperanzas en que novamente disfrutaría dunha interesante película, a pesar de que o presuposto estaba claramente descompensado. Sen embargo, como xa é costume as esperanzas esfumáronse nos primeiros 5 minutos de metraxe.


Antes de comezar esta pequena crítica sobre o film, teño que dicir que aínda non lin o libro, do que teño moi boas referencias (o que agrava a cousa), e polo tanto esta crítica está basada exclusivamente na película sen meterme para nada na adaptración.

En primeiro lugar, abusando da expresión, debo reafirmar que se trata dunha película totalmente plana, que simplemente se centra en contar unha historia, sen acadar en ningún momento ningunha profundidade, nin referente aos personaxes nin referente a propia historia que se está narrando. A película carece da intensidade e da intriga que se lle presupón, xa que a novela basa o seu éxito precisamente neses aspectos. O clima que se crea entono a historia e aos personaxes resulta por completo frío e distante. Resumindo, que para meterse un pouco na historia tes que pensar nos 5 euros que che costou a entrada e na familia de todo o equipo técnico.

Con respecto aos personaxes, independientemente da "maravillosa" interpretación dos actores e actriz, son mostrados como simples comparsas na historia, como medios para desenvolver a trama, sen que se reflexe ningún esforzo por caracterizalos (eu case diría que nin se presentan, aparecen por alí) e sen que se profundice nas conviccións, ambicións e razóns que os moven a adoptar un determinado comportamento que motiva e cimenta logo a trama. Resumindo, personaxes lineais para contar unha historia sen máis atractivo que a xenialidade que a imaxinación de Reverte foi capaz de crear.

Supoño que percibiredes polas miñas palabras que a película resulta aburrida e incluso tediosa por momentos. Todo esto sería motivo de desplazar de inmediato esta película ao olvido e colocala xunto con tantas outras que, como moito, me serían recordadas pola ausencia de sensacións que me provocaron. Sen embargo hai dous detalles que fan que ocupe un lugar especial no grupo de films que necesariamente deberían ser retirados e incineradas tódalas súas copias. O primeiro deles é a penosa interpretación levada a cabo por maestros da expresividade, como son Carmelo Gómez e Aitana Sánchez Gijón, que ademais vai perfectamente acompañada da gran intensidade, das gañas e da paixón coa que, actores e director, conseguiron dotar aos diálogos. Endexamais unha ameaza sonou tan ridícula como nesta película.


Mención aparte merece a interpretación de Enrico Lo Verso como Palermo, o buscador de tesouros (realmente que nos esperabamos cun nome tan penoso, a interpretación está a altura do nome). Seguramente esté dentro do grupo dos cinco personaxes de cine máis patéticos que se recorde na historia reciente do cine, pintas de mafioso de pacotilla, cobarde e humillado polo resto de protagonistas e ademais con voz de homosexual. Non sei como será o personaxe na novela, pero ten que ser aproximadamente a versión cómica de Tony El Gordo, para non ser destrozado por este fenómeno.

E para acabar só me queda facer unha pequena reseña sobre a historia que se conta na película, cara a que tódolos esforzos parecen ir encamiñados co obxetivo de potenciar o guión basado na novela de Reverte. Supoño que a adaptación non estará mal de todo (como dixen non tiven o pracer de leer o libro), polo menos o fío argumental da trama corrresponderáse coa ficción diseñada por Reverte. Sen embargo, e sen que esto supoño ningún tipo de crítica, a parte máis interesante da novela, onde se relatan os feitos históricos que motiva a búsqueda emprendida polos protagonistas, é sustituida por unha breve e atropelada explicación que supoño que será un simpre resumo a modo de xustificación. Ata certo punto é asumible e entendible esta licencia no guión. O que non vexo tan xustificable é a forma na que destrozan a intriga do final, se ben eso quedará para outro momento xa que non quero dar detalles específicos para non estropearvos o final.

Resumindo un pouco o artículo, historia plana con personaxes totalmente planos horriblemente interpretados polos actores e cuns diálogos carentes de intensidade. Non dubidedes en ir vela ao cine.

viernes, 31 de agosto de 2007

Astrud-Mentalismo: menuda canción

Onte estaba facendo o clásico zapping de tarde cando pasei por ese fantástico canal de música que se encadra dentro da oferta de calidade da TDT española, Fly Music. Xusto nese momento estaban poñendo unha canción que me deixou totalmente anodadado (no mal sentido da palabra). Por favor escoitade a letra que non ten desperdicio; realmente comeza a ser alarmente o pouco que se matan algúns artististas españois para compoñer as súas cancións (sempre tiven a teoría que estas letras son escritas por nenos de 4-5 anos). Aquí tedes o vídeo e sobre todo a letra de canción Mentalismo de Astrud:



LETRA

Esto es así,
me acuerdo de cosas que no he visto,
haber estado allí
me da lo mismo.

Me hablas de esto y me hablas de aquello,
y yo los echo de menos también.
Tu cuarto en el que no voy a entrar
ya sé muy bien como es.

Tú lo llamarás cursilería
pero yo lo llamo mentalismo,
mentalismo ...
mentalismo ...
mentalismo ...
mentalismo ...

Te ríes de mí,
yo mientras recuerdo como aprendiste a reír,
y cuando,
y te perdono.

Recuerdo todo lo que se vio
en tu casa aquella vez.
Dame una foto y te puedo hablar
durante horas.

Mentalismo ...
Mentalismo ...
Mentalismo ...
Mentalismo ...

Tú lo llamarás literatura
pero yo lo llamo mentalismo,
mentalismo ...
mentalismo ...
mentalismo ...
mentalismo ...


Ante esta exhibición de falta gusto musical só podo dicir, ti chamaráslle música pero eu chámolle merda. E logo coidado co que poñen na wikipedia de este grupo:

"Astrud es un grupo catalán de música Pop, de letras irreverentes y ácidas."
"Sus composiciones musicales cogen lo mejor del Pop ye-ye de los años 1960, de la canción francesa, de la NewWave británica de los años 1980, del Brit-Pop de los años 1990 y de la musica independiente española de finales del siglo XX y principios del XXI."

A Fórmula 1 é un deporte?

Existen grandes preguntas ao longo da historia da humanidade moi complexas de contestar, ¿de onde vimos e a onde vamos?, ¿cómo soa un árbol ao caer se non hai ninguén preto?, ¿a qué olen as nubes?, ¿onde está Gayoso e Luar?, e nos últimos días retumba na miña cabeza unha nova cuestión existencialista, ¿Realmente a Fórmula 1 é un deporte?

Estou canso de oír que Fernando Alonso é o mellor deportista español da historia, o cal é francamente moi discutible, pero primeiro conviría analizar se realmente se trata dun deportista. Vendo os últimos anos da Fórmula 1, máis que un deporte coa súa consecuente actividade física (eu non digo que non exista pero a condición física é un factor menos determinante no resultado final que calquera dos demais factores técnicos), semella unha competición de monoplazas, dos motores, da súa fiablidade, da aerodinámica e moitas veces dos neumáticos, non vaia ser que durante a carreiras teñas graining.


Ben certo é que a máquina non determina por completo os resultados dos grandes premios. Existe un importante factor humano, comezando polo desenrolo dos coches, pola súa posta a punto, escollendo os reglaxes, a maior estratexia de carreira, ... e sobre todo durante a carreira que non cometas ningún erro que dea o traste coas túas posibilidades. En todos estos factores non só o piloto ten influencia directa, senón tamén o equipo, especialmente ao diseñar a estratexia de carreira, neso son especialistas en McLaren.

Analizando todos estos factores, a resposta a pregunta antóllase complexa de resolver. Por un lado podemos pensar que realmente o monoplaza non é máis que un instrumento para que o piloto poida desenrolar o seu traballo (deporte) e por outro lado a influencia no resultado final de tal monoplaza é tan determinante que a labor do piloto na maioría de ocasións queda ensombrecida ante tanta diferencia técnica e importancia da enxeñería neste espectáculo.

Os que se escuden no primeiro dos argumentos para xustificar a non cualidade deportiva da Fórmula1, dirán que se a Carlos Moyá lle das unha raqueta que sea moi superior a dos demais tenistas profesionais, seguramente gañara a maioría de de torneos da ATP. E os que se centren no segundo dos argumentos xustificaránse dicindo que ainda que lla des a un paquete (por exemplo ao propio Moyá) non conseguirá nada por qué é necesario, ademais de contar cun mellor instrumento para levar a cabo a actividade deportiva, saber xogar ben o tenis, controlar os golpes, ter un importante repertorio de golpes, ter precisión e sangue fría para rematar os partidos, todas elas cualidades humanas e non técnicas. Parece evidente a analoxía entre tenis e fórmula 1.

Recurrindo a fontes máis fiables para desentramar esta cuestión, podemos ver cál é a definición da RAE sobre deporte: "Actividad física, ejercida como juego o competición, cuya práctica supone entrenamiento y sujeción a normas." "Recreación, pasatiempo, placer, diversión o ejercicio físico, por lo común al aire libre."

Observándo esta definición podemos asegurar que parece que existen dúas vertentes dentro do mesmo concepto. Unha primeira, coa que todos identificamos deporte, é dicir, coa idea de esforzo físico. E outra máis orientada a competición, donde, asumindo certa gasto físico co que necesariamente se vincula o deporte (senón unha competición de escupitazos sería deporte), encaixa perfectamente a fórmula 1 e a maioría de deportes donde a influencia técnica é enormemente relevante. Aínda que sería importante que a normativa fora máis restrictiva para evitar tanta diferencia entre monoplazas (xa sei que ésta é debida as inversións, pero as cuestións económicas son insalvables en calquera deporte e non hai máis que ver o fútbol, se ben non resultan tan determinantes).

Por tanto, despois de tan longa divagación que non conduce a ningún sitio, podemos afirmar que axustándonos a defición da RAE, a fórmua 1 pode ser considerado como deporte, e polo tanto Fernando Alonso pode ser considerado deportista. Sen embargo, sempre existiría a sombra da duda e, para non meter máis cizaña, decir que piloto e enxeñería influen por igual (ainda que todos sabemos que non é así) Eu voto por que se establezan alomenos dúas clases de deportes: deporte puro e subdeporte (onde estará a fórmula1), no que o deportista desta clase tería unha menor consideración respecto aos restantes deportistas.

P.D: En Pekin 2008 a fórmula 1 deporte olímpico, todos con troncomóvil.

martes, 28 de agosto de 2007

Resultados da enquisa sobre mellor actor de serie

Despois de tomarme un mes sabático en tódolos sentidos, por fin atopei algo de tempo para retomar unhas das actividades que máis esquecida tiña, actualizar este blog. Así que, simplemente pedirvos perdón por este abandono das miñas resposabilidades de blogger e prometer que esto tardará en volver a pasar.

Como primeira entrada de volta de vacacións vou poñervos os resultados definitivos da enquisa sobre o mellor actor principal de serie de televisión actual, que a pesar de ser a miña primeira aposta para inagurar a sección de enquisas, pareceu non despertar demasiada curiosidade entre vós para a miña desilusión. Aquí tendes os resultados:



Tendo en conta estos resultados podemos sacar dúas conclusións moi claras:
  1. Escasa participación dos potenciales visitantes do meu blog por razóns que descoñezo. Non sei se esto se debe a que a enquisa non supoñía ningún atractivo para a maioría de visitantes, se a decisión era demasiado complexa ou simplemente que o esforzo de levar a cabo o voso voto consume demasiada enerxía. Debido o escaso número de votos, dende o meu punto de vista os resultados representan a opinión dun colectivo moi pequeno aínda que parecen ser suficientemente significativos dentro deste grupo.
  2. Hai un clarísimo gañador, coa metade dos votos, Hugh Laurie, que interpreta a Gregory House na éxitosa serie que todos coñecemos. Dende o punto de vista dos votantes, a interpretación de Hugh Laurie destaca sustancialmente sobre a interpretación de Keifer Sutherland en 24 e Robert Kneppeer en Prison Break que se colocan cómodamente como os seguintes nas preferencias dos visitantes. O resto de actores parecen quedar esquecidos e sitúanse a moita distancia na pelexa.
Espero que a próxima enquisa desperte maior interés no conxunto de habituais visitantes deste blog e os resultados que se obteñan sirvan para representar as preferencias dun colectivo meirande. Polo menos non me diredes que non coñecedes aos protagonistas.

jueves, 26 de julio de 2007

Anuncios divertidos

Cansados de tanta publicidade basura na televisión, de anuncios que mostran unha incrible falta de creatividade ou incluso fan dudar sobre a intelixencia dalgúns publicistas (quen lles dirá que é bonito eso que fan). Aquí déixovos unha secuencia de anuncios arxentinos que pertencen a unha campaña publicitaria de Impulse, gañadora no festival de San Sebastián. Xa me diredes que vos pareceron os tempos duros para o romanticismo.









P.D. : Mólame o tema criticar publicidade, haberá máis posts referentes a este tema.