jueves, 26 de julio de 2007

Righteous Kill : Pacino e DeNiro xuntos

Estaba votándolle unha ollada as películas que están próximas a estrearse e atopeime cunha moi agradable sorpresa. Trátase do film que leva por título Righteous Kill. Dirixida por Jon Avnet (Tomates verdes fritos, The War, Intimo y personal,...) conta cun dos duelos intepretativos más esperados do cine actual, Robert DeNiro e Al Pacino.

Esta é a terceira vez que comparten cartel dous dos mellores actores dos últimos tempos (senón os dous mellores) , despois da segunda parte de El Padrino, de Francis Ford Coppola, donde en realidade non compartían ningunha escea xuntos e de Heat de Michael Mann, donde apenas compartían dous planos. O argumento da película xira entorno a esta parella que interpreta a dous veteranos policías que unen as súas forzas para atrapar a un perigoso asesino en serie. Como podedes comprobar o argumento non semella maior reclamo para a película que poder disfrutar do duelo interpretativo de Pacino e DeNiro, se ben este guión está elaborado por Rusell Gewirtz, quen recentemente colaborou con Spike Lee en Plan Oculto.

A rodaxe comeza en Agosto e está pensado que se estrene para 2008. Así que deberemos esperar esta estrea con impaciencia e agradecerlle a Jon Avnet a oportunidade de ver a estes dous mostruos da interpretación de novo xuntos.



Este é o primeiro póster promocional da película. Como se pode apreciar nel, van aproveitar o filón dos actores como principal reclamo
: "Los dos actores más aclamados de nuestro tiempo en la película del año".

HAL 9000

Tódolos amantes do cine de ciencia ficción recordamos unha das grandes películas deste xénero, 2001: Una odisea en el espacio dirixida polo sempre desconcertante Stanley Kubrick. Pois o outro día, non sei moi ben a conto de qué, un compañeiro acabou por contarme unha anécdota moi interesante respecto desta película que, seguramente, moitos de vós xa a teredes escoitada, pero para o resto da xente deixo constancia dela neste post.

Un dos elementos máis novedosos e chamativos desta película, era o supercomputador HAL 9000, que se encargaba de controlar tódolos aspectos técnicos da nave e interactuaba cos humanos que viaxaban a bordo do Discovery. Dende un primeiro momento, as siglas HAL foron identificadas coa expresión "Heuristic ALgorithmic Computer", o cal ten perfecto sentido tendo en conta a natureza do supercomputador. Sen embargo, resulta cando menos curioso que estas letras sexan as inmediatamente anteriores de IBM. De ahí a controversia que surxiu entorno ao nome da máquina.

Para non desvelar ningún detalle do argumento da película só dicirvos que xa avanzada a trama sucédense unha serie de acontecementos que desembocan en certos comportamentos non recomendables do sistema. Kubrick quería que este supercomputador da película fora na ficción un ordenador da empresa IBM, pero tras falar con responsables de ésta, IBM negouse a ofrecer a súa marca a un supercomputadora que presentaba os comportamentos que antes citaba, xa que constituía unha nefasta publicidade para a empresa. Ante esta negativa, decidiuse nomealo como HAL, que mantén unha curiosa dualidade coa siglas IBM.

P.D. : Resulta que HAL 9000 ten un xemelgo chamado SAL 9000. ¿Terán algún significado oculto tamén estas siglas? Haberá que investigalo.

Un gato que predice a morte

Logo dun rápido vistazo do 20 minutos, acabo de atopar unha desas noticias realmente curiosas. Neste caso trátase dun gato no estado de Rhode Island que anticipa a morte dos anciáns dun xeriátrico. Cando o gato visita un paciente do xeriátrico en poucas horas produce a defunción dese paciente (acerta en case tódolos casos). A min pareceme incrible pero sobre todo moi macabro que un gato teña facultades para predecir a morte, se ben todos coñecemos as facultades extrasensoriales de moitos animais, por exemplo, cando son capaces de predecir os terremotos, ainda que ese caso é moi distinto, xa que o terremoto anticipa a súa chegada con estímulos físicos que, ainda que nos non somos capaces de percibir, outros animais sí. Non sei que clase de señais se emiten antes de morrer e prefiro non sabelo. Aquí vos deixo o link a noticia.


En realidade esto fortalece a tendencia que existe en identificar a predicción do futuro con estos animais tan enigmáticos, que se converteron nos animais de compañía por excelencia, se ben a súa orixe felina apártase bastante da fidelidade que se lle pide a este tipo de animais. Non sei se provén da crenza dalgunha cultura pero o certo é que o misterio que rodea aos gatos fai que existan todo tipo de lendas macabras cos gatos como protagonistas. E eu teño un na casa, que medo.

P.D. :Noah Gordon está preparando a próxima entrega da exitosa saga do médico con este gato como protagonista, que por certo se chama coma min, Óscar, xD.

Rasmussen dopado. Crónica dun abandono anunciado.

Onte pola noite acosteime coa noticia de que o equipo Rabobank decidía expulsar definitivamente ao corredor Michael Rasmussen do Tour de Francia, cando este era o líder da carreira e tiña prácticamente atada a victoria nesta edición. Alegaban que incumplía o réxime interno do equipo e que lles mentira, pero eu pregunto, ¿Alguén se cree esto?

Analicemos os acontecementos detidamente. Michael Rassmusen, un corredor de segundo nivel, bo escalador pero co que nunca se contaría como favorito para gañar o Tour, realiza unha gran exhibición no seu terreno na primeira etapa de montaña realmente dura. Ata aquí todo normal, de feito trátase dunha hazaña bastante común no corredor danés, que desta forma xa gañara sendas etapas nas dúas edicións anteriores do Tour. Colócase como líder e vése cunha opción inesperada, seguramente única (recordemos que xa ten 33 anos), de ser o gañador final da ronda gala.

Despois de aguntar na seguinte etapa alpina, plántase na contrareloxo de Albi, donde todos esperaban que lle caera unha boa minutada debido as innatas cualidades do danés como escalador, que fan que teña grandes problemas na loita contra o crono (e da súa inutilidade). Sen embargo acaba mantendo o maillot amarelo e apenas perde tempo respecto a contrareloxistas de nivel mundial, como Kloden ou Evans. Certo é que perdeu 3 minutos cun corredor como Vinokourov, supostamente dopado. E neste punto eu pregúntome de novo, ¿Alexander Vinokourov con "gas" só lle mete 3 minutos a Michael Rasmussen sen ningún tipo de axuda? Outra cousa que non se cree ninguén.

Despois de este desmesurado rendimento do corredor danés comezan a aparecer as primeiras sospeitas, avivadas cando a federación danesa de ciclismo decide expulsar ao corredor, impedindo a súa participación nos campeonatos do mundo, por que supostamente o corredor non estaba localizable para realizarlle dous controles antidopaxe en datas próximas ao Tour. Unha estratexia para desastabilizar ao corredor pero con certo trasfondo que alimenta as dúbidas entorno a Rasmussen. E ante estas acusacións o danés só se lle ocorre dicir que andaba entrenando por Mexico e olvidouselle avisar a UCI da súa localización. E por riba resulta que parece ser que fai pouco tempo que se federou en Mexico, donde apenas existe control ao longo do ano en materia de dopaxe. Vamos, que o home xa non sabía donde meterse, ante o acoso da prensa e da opinión pública ante tan extraños acontecementos, que poñían en entredito ao líder do Tour.

Se seguimos avanzando cronolóxicamente, chegamos as etapas pirenaicas, cun bonito duelo entre o español Alberto Contador e Michael Rasmussen. Ante a defensa a ultranza que facía o danés do maillot fronte os ataques de Contador e a medida que avanzaba inexorablemente a carreira cara a súa fin e Michael se acercaba ao seu primeiro Tour, acrecentábase a presión do público e sobre todo da prensa francesa e internacional.

E o martes e mércores saltou todo polo aires. Vinokourov da positivo nun control antidopaxe realizado logo da contrareloxo de Albi e o equipo Astana retírase. Moreni da positivo e o equipo Cofidis retírase. O público abuchea a Rasmussen ante o medo dun novo escándalo no Tour, similar ao acontecido o ano pasado con Landis. Todo este pánico desembocou na retirada do líder do Tour ata ese momento, por segunda vez na historia. Quizáis o Rabobank pensara que era mellor eso que non que un novo escándalo de dopaxe salpicara ao gañador final do Tour e por conseguinte ao equipo, xa que nese caso a trancendencia sería moito maior como se viu no caso Landis, coa desaparición do Phonak. Eles saberán os motivos reales para ter que tomar unha decisión tan drástica, pero por moito que se esforcen en ocultalo sempre estará ligado a un posible caso de dopaxe de Michael Rasmussen.

E só nos queda unha cousa por comentar, ¿cómo afecta esto a Alberto Contador? Primeiro dicir que, ainda que moita xente da por segura a victoria do corredor español tras a retirada de Rasmussen, eu non estaría tan seguro. Certo é que ten vantaxe suficiente para manter o maillot na contrareloxo, tampouco para relaxarse, pero a inexperiencia do español neste tipo de situacións de tanta responsabilidade pode xogarlle unha mala pasada. Esperemos que me equivoque. Por outro lado, en caso de ser o gañador final, esta retirada a tempo de Rasmussen darálle a oportunidade a Contador de saborear a súa victoria no podium de París. A Óscar Pereiro arrebatáronlle tal privilexio e sempre lle quedara unha sensación amarga. No caso de que o Rabobank non tomará a decisión, eu estou convencido de que se repetiría a historia do ano pasado e sería unha pena que de novo se privara a un corredor do placer de disfrutar fronte os Campos Elíseos da victoria no Tour.

De todas formas, arma de dobre fío ser o gañador do Tour de Francia nos tempos que corren. Dende Indurain, por agora, tódolos gañadores do Tour, dunha ou doutra forma, están salpicados pola dopaxe. Esperemos que esto non estropea a prometedora carreira deste corredor de 24 anos.

martes, 24 de julio de 2007

Enorme decepción

Acabo de ler unha nova noticia de dopaxe no ciclismo e creo que esta sí merece ser comentada, polo nome e o que representa no ciclismo este grandísimo corredor, Alexander Vinokourov.


Creo que tódolos amantes do ciclismo estamos de acordo, deixando a parte esta triste noticia, que Alexander Vinokourov é un deses iconos do ciclismo que fai vibrar a toda a afición a este deporte, pola súa calidade e especialmente pola súa actitude agresiva, independientemente da súa condición física sempre gasta o seu último gramo de forza en atacar, como os grandes corredores de antaño. Por esto e sobre todo polo danada que se atopa a imaxe do ciclismo, esta noticia supón unha terrible estocada a un deporte xa de por sí ferido de morte. Esta noticia volve poñer en tela de xuízo a limpeza dos corredores. Volve deixarnos na situación de partida, con rumores e desconfianzas, que parecían haberse esfumado gracias o atractivo Tour de Francia, cheo de alternativas, que nos estaban ofrecendo este ano os ciclistas participantes. Sen embargo aparece este anuncio e todo se derrumba de novo.

O que sí está claro é que non existen os milagres; un corredor que está co xeonllo lastimado non está en condicións de aguantar todos os esforzos que require o Tour. E resulta moi díficil de crer que un ciclista que nunha etapa está prácticamente desfondado, saca nunha contrarreloxo "a súa clase" e consegue darlles unha paliza aos restantes corredores. E logo chega o seguinte día e de novo aparece a súa debilidade. Pero os amantes deste deporte, os seus máis aférrimos defensores, preferimos mirar para outro lado e crer na grandeza do ciclista, na heroicidade dos corredores e negámonos que sexa producto de axudas non lícitas.

E aquí non acaba todo, por agora deu positivo Vinokourov, pero hai moitos corredores que están facendo oposición para sembrar a duda sobre o seu rendimento neste Tour e outros que xa están en tela de xuízo dende fai tempo. Cando existen corredores tan superiores sobre o resto, un certa duda aparece ainda que prefiramos mirar para outro lado. Precedentes existen.


De todas formas, ogallá todo sexan imaxinacións miñas e se poida erradicar dunha vez esta lacra do deporte en xeral. Díficil se plantexa o futuro para este deporte, cun enorme nubarrón ceñido sobre el.

Retirada de portada de El Jueves

Este país non deixa de sorprenderme. Parece incrible que no século XXI, despois de 30 anos de democracia, se retire unha publicación dunha revista por burlarse, eso sí, de forma pouco elegante, da familia real española. Como xa saberedes, estou falando da retirada da última publicación da revista El Jueves, donde se cachondeaban da medida do goberno para fomentar a natalidade, cunha portada donde aparecía o Príncipe de Asturias en postura comprometida con Letizia. Aquí tedes a portada para quen ainda non a puidestes ver.

Supoño que todos temos claro que a retirada desta publicación supón un claro atentado contra un dos dereitos fundamentais (ese Peru), que se presupoñen en toda democracia, a liberdade de expresión. Ante este suceso eu plantéxome dúas preguntas de sinxela resposta. ¿Ata onde pode chegar a liberdade de expresión? E por outro lado, ¿En España existe plena liberdade de expresión?

Ante a primeira pregunta, a resposta é inmediata; legalmente debe existir plena liberdade de expresión mentres non supoña un atentado contra calquera outro dereito fundamental da persoa implicada, como por exemplo, a dignidade ou se supón unha vexación ou humillación da persoa. Moralmente é moi distinto, os comentarios deben respectar un código moral ou ético que é bastante dependente da sociedade ou cultura que consideremos. Dende este punto de vista, legalmente non é xustificable o secuestro da publicación (por favor, non me digades que é humillante para don Felipe), pero moralmente pode ser censurada a portada por presentar a un membro da familia real nunha postura íntima, e ser tachada de mal gusto. E quero deixar constancia que non son nin monárquico, nin antimonárquico (pélama bastante), pero debe existir un certo respecto para calquera persoa, indepependientemente da súa posición social.

Personalmente, creo que o xoves pasou a fronteira da moralidade, pero tampouco é normal que se produza un secuestro dunha publicación nunha sociedade democrática. Realmente creo que esta revista fixo esta portada coa única intención de crear polémica, como unha forma de provocación como medio de publicidade. Sabían de antemán que ían ser moi críticados e existía certo risgo de que se adoptaran estas medidas, sobre todo despois do lío que se montou coas caricaturas islámicas.

E con respecto a segunda pregunta, a resposta é máis inmediata, está visto que non. Pero esto non é máis que un claro exemplo do lonxe que estamos de separar o moral do legal, e senón acordádemos do que lle pasou a Pepe Navarro ou ao Gran Wyoming. Estes sucesos son máis propios de sociedades precarias donde se utilizaba todo ese rollo do moral como mecanismo de control da sociedade, que dunha sociedade moderna, donde debe ser o dereito quen exerza esta función.

De todas formas o mellor é a nova portada que publicaron para sustituir a polémica portada de arriba. Vendo todo o que pasou, todavía me fai máis gracia que a orixinal. ¡Qué grandes son!



P.D. : Un agradecemente ao profesor Seoane e ao "puto" peruano polas nocións que me aportaron as súas clases sobre dereito e moral. Pido perdón polo de "puto" peruano que non quero que me secuestren este post.