sábado, 24 de noviembre de 2007

74 minutos

Hola:


Quizás en alguna ocasión os hayáis preguntado el por qué de la duración de los CDs de audio, el motivo de la elección de tan aparentemente absurda cifra. Hagamos un poco de historia ...


En 1978 una subdivisión de Philips llamada Polygram registró la patente mediante la que se establecía el policarbonato como material para construir el soporte y un diámetro inicial de 115 mm, que fue posteriormente ampliado a 120 mm para poder albergar 74 minutos de audio. Una decisión en la que tomó parte Sony, tras la compra de la patente a Polygram para la explotación comercial del formato.


Fue el propio presidente de Sony en la época, Norio Ohga, el que dio la orden del aumento de la duración, según parece influenciado por su amigo, el compositor de origen austriaco Herbert Von Karajan, que le pidió que el nuevo formato tuviera la duración suficiente para albergar su pieza favorita: la 5ª sinfonía de Beethoven.


Lo cierto es que esta historia nunca fue confirmada ni por el directivo nipón ni por el músico austriaco, pero resulta cuando menos curioso pensar que la influencia de Beethoven en la música llegó al punto de determinar, incluso, la duración máxima de las composiciones.


Saludos.


PD: Artículo escrito por Carlos. Este blog non se fai responsable das súas opinións, xD. Desexamos que continúen as súas colaboracións no futuro para culturizar 24 gramos.


jueves, 22 de noviembre de 2007

Resident Evil

Ainda que semelle mentira, unha das películas da carteleira que máis me apetecía ver era Resident Evil 3 (ou Resident Able): Extinction, posto que non quedara escarmentado coas dúas anteriores.


Debido a algunhas críticas de certos sectores da poboación polos meus interminables comentarios de cine, esta vez vou ser moi concreto. Únicamente dous apartados da miña experiencia coa película:

Cousas boas:

  1. As palomitas do cine estaban moi ricas.
  2. Puiden ver por enésima vez o trailer de Rec, que por fin se estrea mañá.
  3. Milla Jovovich e demais cachondas (como Nikki de Heroes). Máis que unha película de zombies parecía unha competición de macizas.
  4. É extremadamente divertida (non sei se esa era a súa pretensión).
Cousas malas:
  1. Ausencia completa de guión. A película, por chamala dalgunha maneira, consiste nunha sucesión de imaxes sen ningún sentido. Parece que a folga de guionistas se adiantou nesta película e ante a ausencia deste colectivo tan importante para o cine, decidiron contratar monos de feira.
  2. Duración excesiva. Está moi ben ver durante 10 minutos a Milla Jovovich repartindo leches a zombies, pero máis de hora e media de incoherencias acaba por cansar.
PD: Non dúbidedes en acudir ao voso cine máis cercano para disfrutar desta fantástica producción e tirar 6 euros ao cubo da basura.

Publicidade enganosa

Vamos a ilustrar un pequeno exemplo deste tipo de práctica fraudulenta.

Supoñamos unha empresa ficticia galega no ámbito das telecomunicacións, que chamaremos, por exemplo, R. Esta empresa ofrece unha serie de servizos básicos e avanzados de televisión, internet e telefonía fixa. Co obxeto de facilitar a labor de contratación para os clientes, agrupa estos servizos nunha serie de "combos", que inclúen diferentes paquetes de servizos cada un deles, e cun prezo acorde aos servizos que agrupa. Agora vamos a supoñer que esta empresa oferta catro tipos de "combos" que, por comodidade, denominaremos Combo1, Combo2, Combo3 e ComboR. Os servizos que se ofrecen en cada un deles é irrelevante nesta anécdota.

Vamos a imaxinar tamén que un cliente, por suposto ficticio, desta empresa, que chamaremos, por exemplo Óscar, ten contratado dende fai máis dun ano o denominado "comboR". Como bo cliente, a este individuo gústalle estar ao día das ofertas que ofrece calquera das empresas coas que ten establecida unha relación contractual, en concreto da denominada R. Por sorte e para maior comodidade, R pon a disposición dos seus clientes unha páxina web onde se poden realizar todo tipo de consultas, incluídas as novidades e ofertas. Imaxinemos tamén, para dotar de maior realismo a historia, que o diseño da páxina web é horripilante a par que desconcertante e criptográfico.

Por outro lado, o traballo do noso protagonista permítelle consultar en calquera momento esta páxina (posto que goza de acceso libre a internet) e nos interminables ratos de arrumimento que ten que soportar durante a súa xornada laboral, aproveita para levar a cabo este tipo de actividades. Nunha desas consultas atopouse cunha oferta que resultou ser do seu interese. Volvamos votarlle imaxinación e pensemos nunha oferta como a que segue:


O noso protagonista, entusiasmado pola idea de pagar só a metade do prezo total durante 3 meses, chama primeiro para informarse sobre a veracidade da oferta. Ante a súa sorpresa, ademais de confirmar tan suculenta proposta, a persoa que atende a chamada, engade unha bonificación adicional, supoñamos que 100 minutos gratis a teléfonos móbiles. Matizando que a seguridade R costa, por exemplo uns 3 euros, non cabe dúbida que, se en realidade existira unha oferta deste tipo, sería "estúpido" non aproveitala.

Seguindo coa sucesión de feitos da nosa historia, o protagonista, pobre incrédulo, contrata ese novo servizo, cunha enorme sensación de felicidade polo aforro duns 30 euros ao mes (unhas 6 copas extras, xD). Sen embargo, a sorpresa chega ao día seguinte. Chamada da típica operadora de atención ao cliente de calquera empresa real:

(Extracto dunha conversa ficticia)

-"Mira, que nos equivocamos cando che demos a información sobre a oferta o outro día, que en realidade vas pagar o mesmo, bueno, non, vas pagar tres euros máis pola merda de seguridade que che damos nas túas conexións a internet".
- "Pero que me estás contando. Se na vosa páxina poñedes que a oferta consiste en 3 meses de factura a metade de prezo".
- "Sí, pero iso é para clientes que actualizan o seu combo, que pasan de combo1 a combo2 ou de combo3 a comboR".
- "Pero na páxina di que a oferta é para clientes de comboR claramente".
-"Non teño a man a páxina, pero supoño que malinterpretarías a oferta".
- "¡Qué malinterpretar!, se o di literalmente. Pero, entón o dos 100 minutos a móbiles tamén é mentira".
- "Sí".

............ (discusión)

- "Quitádeme entón a seguridade R, e espero que non mo cobredes nin tan sequera este mes. E, como estades facendo publicidade enganosa, espero que modifiquedes a oferta na vosa páxina, por que senón van acabar por denunciarvos á oficina do consumidor".
- "Grazas". (A súa normalizaçon).

E así remata esta fermosa historia de como os ficticios publicistas ou ben os ficticios informáticos que manteñen a ficticia páxina web da ficticia empresa R, non saben redactar correctamente as "ficticias" ofertas (por que pensar outra cousa sería ter mala fé).

PD: Está historia está baseada en feitos reais, pero o nome do cliente e da empresa foron cambiados a propósito co obxetivo de non ofender a ninguén.

miércoles, 14 de noviembre de 2007

El Orfanato

Aviso importante: Esta crítica contén algúns detalles da trama que poden ser relevantes, especialmente no apartado de Valoración Subxetiva así que, se non visteis a película (non sei a que esperades), recoméndovos (esíxovos máis ben) que non leades este apartado. E máis, se non queredes saber nada, aínda que non sexa demasiado relevante, deberíades parar de ler aquí.

Logo do "boom" mediático que se creou entorno a esta película española, do seu éxito de taquilla e de escoitar numerosas opinións que ensalzaban a calidade do film, decidín desatender as nefastas impresións que me causara o trailer e acudir ao cine e así poder valorar, por min mesmo e con coñecemento de causa, esta nova cinta de terror "made in spain". Para centrarnos, dicir que "El Orfanato" é a opera prima de J.A.Bayona (coñecido como afamado director de videoclips de OBK e Camela), que conta a historia de Laura, interpretada por Belén Rueda, que regresa ao orfanato no que se criou cando era pequena, coa fin de convertilo nunha residencia para nenos con problemas. Durante a súa estancia no orfanato comezará a percibir certos fenómenos inquedantes que rematarán coa desaparición do seu fillo adoptado, Simón, interpretado por Roger Príncep. A partir dese momento Laura comezará unha búsqueda desesperada, entre a realidade e a fantasía, que nos conduce por unha historia escalofríante guiada a través da súa prolongada agonía e lenta pérdida da cordura.


Comecemos coa crítica da película. Tendo en conta que teño certa tendencia a escribir tediosos post, tremendamente enrevesados e que rematan por ser díficiles de comprender, vamos a intentar estructurar e simplificar un pouco as miñas valoracións.

Ambientación: Calquera película que se precie dentro deste xénero, terror psicolóxico ou como o queiran denominar, debe coidar especialmente este aspecto. J.A. Bayona non escatima esforzos para crear unha atmosféra aterradora e angustiosa que se sostén nunha meticulosa fotografía, centrada no detalle; no uso (e abuso) de esceas en ambientes tétricos, destacando a principal localización, o orfanato, tan siniestro que logra transmitirnos toda a incerteza que o rodea, ata o punto de conseguir contaxiarnos desa sensación de pánico e abafo que viven os protagonistas; na perfecta elección da música para acompañar cada secuencia e no uso de recursos habituais do cine de terror de sempre, como intercalar sucesos da vida cotiá, cerrarse unha porta co vento, ruídos propios dunha casa antiga, ... pero que, concretamente neste contexto, suxestionan a mente do espectador para fomentar un clima de continua tensión, intriga e terror. En definitiva, o mínimo que se lle debe esixir a este tipo de películas e que debemos agradecer a outros mestres deste xénero que sentaron as bases moito tempo atrás. Sen embargo, tampouco debemos restarlle méritos a Bayona, pois é de sabios aprender dos mellores, sendo ademais capaz de reunir todos estos elementos para crear unha perfecta atmósfera que acompaña a historia, acadando por momentos unha gran intensidade nas esceas, entre as que cabe destacar a especie de festa de máscaras na inaguración do orfanato e a secuencia coa participación da medium, interpretada por Geraldine Chaplin.

Guión: Dende fai uns anos teño a constante sensación de que o xénero de terror está excesivamente saturado, que tódalas historias que se sustentan naqueles elementos clásicos que potencialmente infunden medo (fantasmas, extraterrestres, calquera outra cousa que escape ao coñecemento ou a percepción humana, psicópatas, ...), están inventadas e, por tanto, resulta demasiado compricado a innovación neste punto, só é posible rizar o rizo para lograr seducir ao espectador. A esto hai que sumar outro factor interesante, cada vez é máis díficil impactar na xente, máis acostumada a afrontar con naturalidade sucesos ou fénomenos irracionais (e aclaro que me refiro a ficción, na realidade sería outro cantar) que noutras épocas históricas. No que respecta a esta película, atopámonos cun guión elaborado centrado nunha argumentación clásica, morada aparentemente encantada, que procura adentrar ao espectador nun universo que entremistura o real e o fantástico por igual, nun afán de desquiciar á lóxica e que pretende confundir a razón do espectador mediante a suxestión do seu subconsciente. Vamos, que cando vemos estas películas, o subconsciente xóganos malas pasadas e somos fácilmente influenciables por trucos psicolóxicos baratos que nos dificultan separar a realidade da ficción.

Toma a maioría de preceptos que se convertiron en norma habitual noutras películas deste tipo, onde existe un liña moi delgada entre a vida e a morte, entre o que percibimos e o que está latente pero oculto. Moitos deles relacionados coa propia ambientación, pero tamén de tipo argumental. Existe unha certa tendencia a crer que existen persoas máis receptivas ante as manifestacións do intanxible, xeralmente nenos (case sempre con algún problema ao que vincular esa extraña cualidade), quizáis debido a que non están influenciados por conviccións sociais, como que é necesario ver para crer. Aquí repítese esta formulación, se ven con algunha variación que, dende o meu punto de vista, aporta un certo toque de orixinalidade á película e que cobra certa relevancia cara o final desta. O guión tamén aporta outros elementos novedosos, en forma de xogos aparentemente inocentes, que pouco a pouco se tornan perversos e acaban por infundir unha tortura psicolóxica, como o xogo de buscar o tesouro ou o escondite inglés. Tamén aparecen referencias explícitas, de novo aparentemente inocentes a "Nunca Jamás", e todo esto contribúe por un lado a poetizar a historia (moitos pensaremos que a empalaga un pouco) e tamén axuda a encauzar a historia ata desembocar no final, onde estos elementos gañan presencia. En definitiva, unha trama clásica particularizada con gran acerto.

Interpretación: Sendo breve, a película dista bastante de ser coral e está centrada plenamente na persoaxe da nai desconsolada, Laura. Con este plantexamento, é lóxico pensar que guionistas e director buscaban soster a trama nesta persoaxe e prepararon a conciencia o papel para o lucimento da actriz que o encarnara. Belén Rueda ofrécenos a súa mellor interpretación (eso a verdade non di nada) e salva con suficiencia a complexa tarefa de interpretar unha persoaxe con rexistros tan dramáticos, se ben, en certos instantes, se excede e sobreactúa. Por momentos fainos esquecer que é a muller de Antonio Resines en Los Serrano ou a súa pésima actuación en Mar Adentro. Do resto do reparto, nin frío nin calor, apenas teñen presencia na historia.


Valoración Subxetiva:
Se teño que ser sinceiro, cando entrei na sala do cine ía convencido de ver unha versión cutre de Los Otros. A medida que avanzaba a película, Bayona conseguiu que a idea do remake de Los Otros abandonara a miña cabeza e, obviando as innumerables referencias cinematográficas que poden existir ao longo do film, podo afirmar que dista bastante de ser un mero "copy and paste". Como dixen antes, resulta difícil atopar unha cinta plenamente orixinal neste xénero. En moitos lados comentan que se trata dunha copia de Al final de la Escalera e Silent Hill pero, como non tiven a fortuna de ver estas películas, non podo opinar.

Un dos aspectos que máis me gustou da película, como xa mencionei, son os xogos psicolóxicos e macabros que serven de especie de mecanismo de comunicación entre a realidade tanxible e a que non podemos percibir. E tamén as referencias, totalmente explícitas, que se fan á símboloxía que se encerra detrás da historia de Peter Pan. E especialmente como son empregadas para enlazar os acontecementos que desembocan no "drámatico" final. Pero, antes de comentar o final, tamén me gustaría destacar a sobrecolledora escena da medium, con esos planos difuminados que ofrecen as cámaras que a graban, e o único son dos gritos e saloucos (sollozos en castelán, xD) dos nenos atrapados nunha dimensión atemporal. E ademais tamén aporta outra interesante clave que pode ou non resultar relevante. E vamos co final.

Dende o meu punto de vista, o final que artella J.A. Bayona, sen resultar previsible (polo menos para min), é simplista e diplómatico. E coidado con malinterpretar estas palabras, se unha serie de acontecementos de natureza complexa e con explicación racional difusa, poden ser explicados dunha maneira relativamente sinxela e pouco forzada, mellor. Neste caso, explicación sinxela sí, forzada é outro tema. Sinceiramente opino, eu (por eso é valoración subxetiva), que no intento de alonxarse do final de Los Otros, a película ofrécenos un final realista, interesante, suficientemente explicativo, sen ser excesivamente detallista, pero que encerra certas lagunas argumentais, eso sí puntuais. E neste punto, paréceme importante resaltar un pequeno aspecto. Neste tipo de películas, onde realidade, ficción, fantasía e "realidade intanxible" son mesturadas a próposito, e onde non están claramente delimitadas as fronteiras entre estas dimensións, resulta aventurado afirmar categóricamente que a túa explicación concorda coa realidade da cinta; unha cousa é que nós pensamos, outra o que nos conta o director, que ten a misión de xogar co noso subconsciente para ir despistando e sorprendernos ao final,
outra o que é evidente, outra o que nos quere explicar e outra o que non se explica e non resulta evidente e pode motivar diversas interpretacións.

Centrándonos no que se explica, dous pequenos apuntes: Por un lado, a secuencia onde se explica o final é incriblemente calcada á mítica escea final das películas do director hindú de nombre impronunciable, donde a través de flashbacks che da a sorpresa e explica de xeito fugaz todo o complexo discurrir da película, como en El Sexto Sentido o El Protegido. E por outro lado, a escea final paréceme un insulto a intelixencia do espectador, máis propia de directores americanos cando fan remakes de películas estranxeiras. Eles ven a película orixinal, non se "coscan de nada" e na súa película poñen a escea final de explicación adicional por que pensan que todos son tan tontos como eles. Por exemplo, Cameron Crowe na aclamada Vainilla Sky.

PD: Está claro que estamos ante unha moi boa película, pero que lamentablemente vivirá á sombra de Los Otros, e moito me temo que non terá recompensa na gala dos oscars.

martes, 13 de noviembre de 2007

24 nos anos 90

Algunha vez vos parasteis a pensar como sería salvar o mundo en 24 horas nos anos 90, coa precaria tecnoloxía que existía daquela (lóxicamente comaparándoa coa dos últimos anos). Seguro que Jack Bauer non o tería tan sinxelo sen móvil, PDA, GPS, satélites específicos, ... Pois non é preciso que vos esforcedes en pensalo porque, como sempre, a alguén xa se lle ocurreu facer un video no que se parodia 24 a mediados dos anos 90. Aquí podedes disfrutar dunha nova perspectiva das aventuras de Jack Bauer na prehistoria tecnolóxica por cortesía de CollageHumor.